Manuel V. Gómez. Artigo tirado de aquí. O panorama apontado no artigo fam previsíbel non só máis desemprego e empregos de peor de calidade por medio da reforma laboral, mais tamén unha baixada do que perciben os desempregados como xa se detectou amplamente en Portugal e Grecia. Co panorama descrito no artigo o Estado español atinxirá os 5'5 millóns de desempregados oficiais, o que reforzará a economía submerxida e a evasión fiscal.
O mercado laboral español non toca chan. En 2011 ía empezar a levantar cabeza e acabou peor que en 2010. A economía arrefriouse tanto que volveu a contraerse. A factura cobrada en postos de traballo é moi alta: a Seguridade Social perdeu case 2.700 afiliados ao día desde agosto. E o panorama non cambia. Ninguén espera melloras este ano e, en consecuencia, o paro agravarase aínda que poida parecer imposíbel, un de cada cinco españois que queren e poden traballar non ten onde facelo. Moito terán que cambiar as cousas para que España non acabe 2012 encadeando cinco anos de destruíndo emprego.
"España vai estar en recesión todo 2012. O emprego vai caer e moito", vaticina Anxo Laborda. Este economista dirixe o panel de conxuntura de Funcas que recolle as previsións dos principais servizos de estudos do país, que o pasado novembro vaticinaban unha caída media da ocupación en 2012 do 1,2% e unha taxa de paro do 22,2%, seis décimas por encima da última enquisa de poboación activa.
Desde entón todo empeorou. O crédito non circula e o déficit público inzou até o 8%. O axuste fiscal será moito maior do previsto. "Será un paso atrás moi forte. Non vai ser unha simple recesión de inventario. Nunca se deu unha recaída na restrición de crédito tan forte", explica José Carlos Díez, economista xefe de Intermoney. Díez, como a maioría servizos de estudos consultados para esta reportaxe, está a revisar as súas previsións de novembro. E faio a peor. A moito peor. Segundo os seus cálculos, aínda por concretar, o paro este ano situarase entre o 23% e o 23,5% e destruiranse uns 400.000 empregos.
Até agora, o peor prognóstico de emprego para 2012 tíñao AFI, o 23,1%. Pero, segundo explica José Antonio Herce, tras as medidas de axuste que o Goberno tomou a semana pasada está a arrefriar as súas previsións. E a de paro e o seu reverso, a de emprego, empeorarán. Sen dúbida. Tamén o ven así desde Alemaña, o Instituto da Economía Mundial, sitúa o desemprego no 23,6%. Con estes números, dependerá da evolución da poboación activa se se chega ou non aos 5,5 millóns de parados.
"A economía española está atrapada entre dúas tenazas: a da restrición crediticia, que se agravou pola crise de débeda soberana, e a do axuste fiscal que incide sobre unha economía totalmente esganada. A mellora dependerá de se se afrouxa a primeira tenaza, porque o axuste seguirá por anos", analiza Laborda.
Cando se trata do mercado laboral, os recortes diríxense aos servizos. Até agora, o emprego público evitara un afundimento aínda maior do traballo durante a crise, mais as últimas cifras de afiliación á Seguridade Social mostran o desfalecemento por este lado.
Até que o sucedido no verán trocou a débil recuperación noutra recesión, todos os sectores, menos a construción, comezaban a crear emprego. Agora todos volven a trituralo. Aos servizos pésalles o axuste fiscal e o esborralle do consumo interior; á industria, o arrefriado da economía mundial que lastra as exportacións, único foco de esperanza até hai pouco; e o tixolo, prosegue cunha caída libre que até o momento levouse por diante 1,4 millóns de empregos, sen contar os das manufacturas afíns.
"A construción vai caer a un ritmo do 15% ou o 16% todo o ano", prognostica Laborda. Menos pesimista é Díez que xa non ve moita marxe para que siga caendo. Joaquín Trigo, do Instituto de Estudos Económicos, cre que na rehabilitación de vivendas hai marxe de mellora. É o único entre os consultados. Sobre os axustes, Trigo defende a súa necesidade porque así se mellora a perspectiva para o futuro.
Para investir a situación, o novo Goberno prometeu presentar unha reforma laboral a moi curto prazo, talvez o vindeiro venres. Porén os resultados non serán inmediatos. "Estes cambios fornecen efectos a medio prazo", explica Herce. "É como pór un bo coche a punto. Está en condicións de correr, pero se lle falta a gasolina non hai nada que facer. E a gasolina é o crédito", compara Laborda.
Nun ton inusualmente pesimista nel, José Carlos Díez explica que Europa afronta un escenario futuro á xaponesa. É dicir, unha caída da actividade económica e un estancamento por anos (Xapón leva máis dunha década así). "Iso, países como Alemaña pódeno permitir porque teñen unha taxa de paro moi baixa. Tamén Xapón. Pero España, non. Se a economía non mellora, non baixa o paro. A saída á xaponesa para nós é moi mala".

Unha factura que non mingua bastante
O grande aumento do paro foi un dos elementos determinantes para descadrar as contas públicas. Fíxoo polo lado dos ingresos. Poén, sobre todo, descadrou o incremento do gasto. En 2007, o Ministerio de Traballo pagou 14.780 millóns en prestacións, un 1,4% do PIB. As cotizacións dos asalariados e empresario bastaban para pagar a factura.
Ao ano seguinte as cotas xa non recadaron o suficiente. En 2010, o gasto en prestacións tocou teito: máis de 32.000 millóns. E a recadación caeu co emprego. O Estado tivo que pór máis de 15.000 millóns recadados pola Axencia Tributaria.
A persistencia da crise e a ausencia de emprego facía pensar que esta partida minguaría da forma menos desexada: as prestacións e os subsidios non son eternos. Así sucedeu a finais de 2010 e comezos de 2011.
Porén a recesión volveu. Os despedimentos regresan. E as solicitudes para cobrar o paro nos últimos meses mostran que esta factura caerá menos do previsto. En outubro e novembro aumentou o número de parados que pedían prestación, un 0,9% e un 6,4% sobre o mesmo mes de 2010, respectivamente. E a baixada do gasto mes a mes é cada vez menor.
Nenhum comentário:
Postar um comentário