19/01/2012

Economía verde, novo disfraz do ultraliberalismo

Alejandro Nadal. Artigo tirado de SinPermiso (aquí) e traducido por nós.
Cadro de Kurt Schwitters (1887-1948), poeta, artista plástico, escultor, precursor da nova tipografía e pintor alemán ligado ao dadaísmo de Hannover, o máis "apolítico" e achegado ao collage frente ao de Berlín. Schwitters comenzou pintando, no entanto, dentro dun estilo expresionista, mais en 1919 empezou a realizar collages, incorporando aos seus trabajos elementos efémeros como billetes de tren e autocarro, así como recortes de xornais. A partir de 1922, acusa a influencia do grupo holandés De Stijl. Schwitters realizó tamén, primero en Alemaña, despois en Noruega e finalmente en Inglaterra, onde murreu, tres versións memorábeis dos seus Merzbau ou aglomeracións xigantescas de obxectos inútiles.

No medio da máis grave crise da economía capitalista a escala mundial, a deterioración ambiental foi relegada a un plano secundario. É certo que algo se fala sobre a perda de biodiversidade ou o cambio climático. Pero nos feitos o medio ambiente non é prioridade.

Os termos do debate sobre a crise impúxoos a dereita e na súa pantalla de radar o problema ambiental sempre ocupou un lugar subsidiario. Por iso non sorprende que agora que os centros de poder castigan con austeridade fiscal e promoven a destrución de calquera vestixio do estado de benestar, o medio ambiente brille pola súa ausencia. E cando se lle pretende tratar como tema prioritario, a realidade é que só é para manter o proxecto ultraliberal a escala global.

O Programa de Nacións Unidas sobre Medio Ambiente (PNUMA) promove desde fai xa tres anos unha serie de proxectos que se encadran dentro do que bautizou como a Iniciativa de Economía Verde (IEV). Este proxecto define a unha economía verde como o resultado de melloras no benestar humano e equidade social, ao mesmo tempo que se reducen os riscos ambientais e a escaseza ecolóxica. O PNUMA sostén que o manexo eficiente dos recursos ambientais ofrece oportunidades económicas importantes. Finalmente, afirma que unha economía verde debe ser baixa no uso de combustíbeis fósiles e socialmente incluíente.

Esa retórica pode dar unha boa impresión. Pero a realidade é que a iniciativa do PNUMA adoece de grandes defectos que, ao final de contas, anulan o que podería aparecer como bos desexos. O que queda é un disfrace mal armado para darlle unha cara amábel ao ultraliberalismo desde o punto de vista ambiental.

O primeiro grande problema da IEV é a incapacidade para examinar as causas da destrución ambiental. Ningunha das forzas económicas que provocan a deterioración ambiental é obxecto dunha análise coidadosa. Nin a concentración do poder económico en centros corporativos, nin os procesos de acaparamiento de terras en grandes rexións de África e América Latina, nin o efecto da especulación financeira sobre produtos básicos, nin o peso enorme da débeda dos países máis pobres do mundo son temas importantes para o PNUMA. En contraste, abunda a retórica sobre instrumentos de política baseados no mecanismo de mercado e a necesidade de alentar o investimento privado.

O PNUMA tamén ignora as causas da feroz desigualdade, que é trazo dominante na economía mundial. Tal parecese que esa desigualdade caeu do ceo, coma se tratásese dun fenómeno meteorolóxico. Así, a IEV fala da necesidade de aliviar e mesmo de eliminar a pobreza. Pero sempre que o fai é en referencia ao potencial que ofrece o bo manexo dos recursos. Nunca se menciona a necesidade de corrixir o marcado rumbo en contra dos salarios reais. Dabondo sábese que en case todo o mundo os salarios reais experimentaron unha declinación importante a partir dos anos setenta. Entre as causas máis visíbeis dese resultado está a represión salarial imposta para controlar a demanda agregada e, dese modo, levar adiante a loita contra a inflación (o principal inimigo do capital financeiro). A pesar da importancia desta variábel da distribución, a palabra salarios non ten cabida no dicionario da IEV.

A desigualdade tamén está fortemente ancorada nunha política fiscal regresiva. Con todo, cando se trata de recomendacións en materia de política fiscal, o documento do PNUMA suxire que o mellor marco fiscal para o crecemento debe descansar nos impostos indirectos e en baixas taxas impositivas para o sector corporativo. Isto debe ir acompañado de maior eficiencia no gasto público, o que na xerga ultraliberal tradúcese en maiores axustes e xeración dun superávit primario para pagar cargas financeiras. Claro, as referencias do PNUMA son a OCDE, o Banco Mundial e a consultora PriceWaterhouseCoopers. Iso si, alértase sobre os riscos de impor gravames ao capital financeiro.

Aínda que a iniciativa do PNUMA baséase na idea de que a crise ofrece a oportunidade para reencaminar a economía mundial polo carreiro do desenvolvemento sustentábel, ningún documento do organismo contén unha análise seria sobre as orixes e natureza da crise. Os lectores poden corroborar o anterior na páxina da IEV (www.unep.org/greeneconomy). Por extraordinario que pareza, unha análise seria sobre a crise e as súas ramificacións non é relevante para falar da transición cara a unha economía verde.

A iniciativa do PNUMA tenta estender a vida do modelo ultraliberal. É tamén un bo exemplo da sentenza de Keynes: non só fracasamos no intento de comprender a orde económica en que vivimos, senón que a temos mal interpretado até o grao de adoptar medidas que operan duramente no noso detrimento.

Nenhum comentário: