Mostrando postagens com marcador OCDE. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador OCDE. Mostrar todas as postagens

14/05/2013

Grecia sairá do euro en 2013... o Reino de España en 2014 pola imposiblidade de crear emprego

Nova tirada de El Confidencial (aquí). Tradución de Á revolta entre a mocidade. Para o fin da I globalización véxase este artigo (aquí).

Imaxe tirada de El Confidencial (aqui).

Grecia sairá do euro en 2013 e o Reino de España en 2014, e será o paro e a incapacidade de ambos os estados de crear emprego o motivo do "novo Lehman", que provocará unha caída de 9 meses nos mercados antes de experimentar un forte rebote, como ocorreu en 2008.

Polo menos iso defende Charles Robertson, de Renaissance Capital, no seu último informe macroeconómico no que argumenta que o proceso será "rápido" e "impredicíbel" e lembra como, durante a Gran Depresión, países con taxas de desemprego similares ás que sofre actualmente o Reino de España abandonaron os tipos fixos do patrón ouro para superar a crise. España necesita a desvalorización para ser competitiva e volver crecer, como nos anos 80, cando cun paro do 20% serviuse de debilitar a peseta para axudar a crear postos de traballo.

Unha tese que dista moito do momento de compracencia que viven os mercados e especialmente España, alimentado por algún dato positivo, un esborralle dos custos de financiamento, o rally do Ibex 35 e a perda de forza da petición de rescate.

A chave está no "grao de dor que pode aguantar a poboación" e asegura que se vai a "pór a proba a fortaleza e resistencia dos españois como nunca antes na historia se fíxo cunha sociedade".

Robertson parte da previsión do Fondo Monetario Internacional do pasado mes de outubro, cando asegurou que o crecemento máximo que España pode esperar en 2017 é de apenas un 1,7%, moi baixo para que o país poida crear emprego -tendo en conta que desde 1981 o paro non diminuíu con crecementos inferiores ao 2,5%- incluso asumindo que a reforma laboral rebaixe ese crecemento ao 1,5%-1,7%. De feito, con estes números, a firma de investimento avisa dun paro próximo ao 30% dentro de catro anos.

Mesmo se se atende ás previsións da Comisión Europea ou da OCDE, con taxa de desemprego do 26%-27%, o certo é que os españois van chegar a 2014 sen ningún tipo de esperanza de mellora e, aínda que realmente a economía comece unha forte recuperación para entón, os seus efectos non sentirán na poboación até máis adiante.

Por ese motivo, asume que os españois -que xa mostraron o seu enfado contra o Goberno anterior cunha desfeita histórica do PSOE nas urnas en 2011- constatarán que "Mariano Rajoy falloulles" e "a xente tomará as rúas para esixir o cambio". Aínda se o Partido Popular aguantase até as eleccións de decembro de 2015, "é difícil que o electorado teña paciencia" e aínda que nestes momentos non hai alternativa política, "tampouco ninguén en Grecia ouvira falar de Alexis Tsipras antes de maio de 2012, e en xuño era un dos candidatos plausíbeis a primeiro ministro".

Os antecedentes do patrón ouro

Aínda que esta situación parece desatinada, unha das cousas que nos ensinou a historia é que o abandono dun réxime de tipo de cambio fixo é algo completamente impredicíbel, mesmo con tres meses de antelación.

Así, por exemplo, o presidente Franklin D. Roosevelt prometeu non sacar a EEUU do patrón ouro durante a campaña das eleccións de 1932 e ao pouco de chegar á Casa Branca a situación económica do país obrigoulle a iso. O mesmo ocorreu no Reino Unido en 1931, despois de que o goberno de coalición vísese abocado a levar a cabo fortes recortes, como o dos salarios públicos; ou nos Países Baixos, que cun paro do 32,7% fixo o propio en 1396.

"Actualmente atopámonos no momento equivalente a 1934, un ano despois de que EEUU abandonase o patrón ouro (cun desemprego de entre o 21% e o 25%) e tres anos despois de que o Reino Unido liderase a un número de países europeos na saída do tipo fixo do ouro", asegura Robertson. "Estes países, desde Suecia a Reino Unido, sufriron menos a Gran Depresión, mentres os que devaluaron máis tarde, Francia, Países Baixos e Polonia, sufriron máis tempo".

Todo isto, trasladado ao momento actual, vénnos a dicir que non debemos preocuparnos en exceso por Irlanda, Portugal ou Italia, con taxas de paro de entre un 15,5% e un 10,6%, e si por España e Grecia.

Grecia comezará a recuperación antes que o Reino de España

De feito, se o experto fixa en 2014 a saída do Reino de España do euro, Grecia ten o camiño da súa saída máis avanzado e producirase axiña este mesmo ano, coa caída do Goberno provocada por unha poboación que xa non pode aguantar máis o estrangulamento dos recortes impostos desde Bruxelas e a chegada de Alexis Tsipras ao poder.

Así, despois do shock inicial, co normal caos económico posterior a unha desvalorización e un default -que non será tanto xa que os investidores viñeron progresivamente reducindo a súa exposición sobre o país- e que se podería traducir en caídas de entre un 10% e un 20% nas bolsas durante un trimestre, "para finais de 2014, a recuperación de exportacións gregas comezaría e o forte crecemento e a creación de emprego en 2015 será tentador para o Reino de España, como o boom de Reino Unido e Alemaña a mediados de 1930 o foi para os Países Baixos ou Francia en 1936".

Respecto da posíbel oposición de Alemaña a unha ruptura do euro e as teorías que apuntan a que o motor de Europa necesita unha moeda débil e que a revalorización da divisa destruiría a súa competitividade, o analista de Renaissance Capital argumenta que "Alemaña é un país de aforro" e isto significa que "eses aforros proverán dunha fonte barata de financiamento ao sistema bancario e, en consecuencia, ao sector privado, que investirá en ser máis eficiente". De feito, coa apreciación do marco nos anos 80 fronte ao dólar, que pasou dos 3,2 aos 1,5 dólares, a base exportadora de Alemaña non se destruíu.

Doutra banda, sobre as palabras que o presidente do Banco Central Europeo, Mario Draghi, pronunciou en agosto acerca da irreversibilidade do euro, e que fará todo o que sexa necesario e "será suficiente", que se materializaron no anuncio dun programa de compra de bonos en setembro, Robertson asegura que "o apoio do BCE é máis unha aspirina, que unha cura" e asegura que "o que realmente necesita España, e o que necesita calquera país cando a súa economía é débil, son tipos de interese negativos en termos reais".

O espellismo dos últimos brotes verdes

Así, sobre os últimos brotes verdes que se empezan a ver en forma de produtividade e balanza comercial, o experto asegura que a mellora dos custos laborais procede en parte da caída dos salarios, pero tamén do aumento do desemprego ao 25%. "Se o paro subise ao 50%, o dato sería probabelmente mellor aínda, mais non é politicamente sustentábel. O Estado español necesita creación de emprego, e urxentemente, e iso non está no mandato do BCE". E é que tamén a produtividade creceu durante a Gran Depresión...

En canto ao aumento das exportacións de bens e servizos, estas representan un 35% do PIB, o que supón pouca variación desde o 34% en 2011 ou do 32% en 2001. E o PIB caeu un 15% desde 2007. "O aumento da balanza por conta corrente de en torno ao 2% do PIB desde un déficit do 10% parece positivo, pero débese ao colapso da demanda interna, o que supón que o Reino de España non saca capital fóra do estado, mais tampouco entra".

Con todo, a cuestión máis importante para os investidores de face aos próximos anos é se o Reino de España abandona a Eurozona. Se finalmente ocorre, como asegura Robertson, veremos unha reacción similar nos mercados á que ocorreu no último trimestre de 2008 tras a quebra do banco de investimento estadounidense Lehman Brothers, en setembro dese ano, con esborralles do 50% na renda variábel, para despois rebotar con forza entre o tres a nove meses seguintes. Neste escenario, moitos bancos terán que ser nacionalizados e o mundo experimentará outro shock económico global.

12/05/2013

Desigualdade, tecnoloxía e fame de mais-valor

Alejandro Nadal. Artigo tirado de SinPermiso (aquí) e traducido por À revolta entre a mocidade.





Un dos factores determinantes da actual crise é a desigualdade económica que creceu no mundo no últimas catro décadas. O estancamento nos salarios conduciu ao endebedamento insustentábel dos fogares para manter o nivel de consumo. Así e con burbullas especulativas sostívose a demanda agregada e o proceso de acumulación de capital. Porén esa modalidade de crecemento económico acompañouse dunha inestabilidade crecente nas principais economías capitalistas.

En vista do anterior, unha pregunta chave concerne as causas dese aumento da desigualdade. No medio académico convencional pretendeuse atopar no cambio tecnolóxico a causa desta desigualdade crecente. Esta explicación di que as innovacións introducidas nas últimas décadas substituíron o traballo pouco cualificado con máquinas. Isto tivo un duplo efecto. Desvalorizou o traballo pouco cualificado e reduciu as oportunidades de emprego deses traballadores na escala inferior de remuneracións. Por outra banda, incrementouse a recompensa daqueles traballadores de maior cualificación. Así, como os traballadores menos cualificados non poden adquirir a capacidade técnica de maneira rápida e, ademais, hai menos oportunidades de emprego nos niveis superiores da escala, o cambio tecnolóxico transformou a escala de salarios e promoveu a desigualdade nos últimos decenios.

Esta narrativa séntalle ben á ideoloxía neoliberal. A desigualdade sería un efecto colateral ou accidental das transformacións na base produtiva das sociedades. Non sería a política económica perversa a que está na orixe do problema, senón un proceso natural de cambio técnico. Noutras palabras, estamos fronte a unha explicación politicamente neutra, moi lonxe de temas escabrosos como a ofensiva en contra dos sindicatos que dominou a política social e económica desde hai décadas.

Esta explicación sobre as orixes da desigualdade atópase en moitas investigacións, tanto do mundo académico, como de organizacións promotoras do neoliberalismo. Por exemplo, a OCDE realizou unha investigación na que se conclúe que o "progreso" tecnolóxico trouxo maiores recompensas para os traballadores máis cualificados que para os menos preparados. Segundo a OCDE o proceso de innovacións afectou a estrutura dos salarios entre os traballadores. Ou para dicilo doutro xeito, a principal conclusión da OCDE é que o cambio técnico afectou a desigualdade entre traballadores.

O tema da distribución funcional do ingreso, é dicir, entre traballadores e capitalistas, é tocado só tanxencialmente neste tipo de estudos. Iso é realmente sorprendente se se considera que a participación dos salarios no ingreso nacional sufriu unha redución significativa nas últimas décadas. Pero ese tema está cargado de implicacións políticas e para os economistas neoclásicos é mellor deixalo de lado.

Recorrer á tecnoloxía para explicar a desigualdade ao interior da clase traballadora permite eludir o tema do impacto da política macroeconómica sobre a distribución do ingreso. Así se evita falar sobre como a prioridade da "estabilidade de prezos" (loita contra a inflación) traduciuse nunha postura de contracción fiscal e estancamento.

Quizais o elemento de política macroeconómica que máis impacto tivo sobre a mala distribución do ingreso é o da política de ingresos. A represión salarial foi unha peza chave para conter a demanda agregada e frear así o que o capital financeiro considera a ameaza da inflación. Con todo, os estudos como o da OCDE non conteñen unha discusión seria sobre este tema. Non debe sorprendernos: para a OCDE ou o Banco Mundial a política macroeconómica e os seus instrumentos non debe estar nunca a debate. Isto permite relegar a un segundo plano a análise da distribución do ingreso entre a clase capitalista e os traballadores.

Os estudos que atopan no cambio técnico a principal explicación da desigualdade adoecen de moitos defectos. Na súa versión máis extrema (como nos traballos de Daron Acemoglu, preténdese atopar un proceso de cambio técnico dirixido. Hai décadas foi abandonada a pretensión de explicar o cambio técnico a través de variacións nos prezos relativos por falta de bases teóricas. Hoxe volve renacer ese proxecto, esquecendo as vellas críticas, para explicar a desigualdade como resultado dun proxecto politicamente neutral.

Se a tecnoloxía está relacionada coa historia da desigualdade, debemos entón volver a mirada cara a Marx. O capitalismo está marcado por unha tendencia constante a aumentar a produtividade. É a fame de plusvalía o que impulsa ao capitalismo a estar a innovar constantemente. E iso non só ten un impacto sobre a desigualdade e a distribución funcional do ingreso. Tamén ten profundas consecuencias macroeconómicas que están na raíz da actual crise global.

04/07/2012

O PRI está de volta ao poder no México

Eduardo Febbro - Cidade do México. Tirado de Carta Maior (aqui). Tradução: Marco Aurélio Weissheimer


Entre a oferta do mesmo, o PAN, e a da mudança, o PRD, os eleitores optaram por um partido que, apesar das acusações de corrupção e autoritarismo que empanaram seus anos no poder, garantiu a ordem e o funcionamento do Estado. O México castigou a direita mexicana encarnada pelo PAN, ao mesmo tempo em que deixou à esquerda um espaço de ação e controle inédito. Felipe Calderón deixa um país de joelhos e cheio de mortos. Peña Nieto terá que governar um país fraturado pela violência provocada pela luta contra o narcotráfico e pelos índices de pobreza e desigualdade. O artigo é de Eduardo Febbro, direto da Cidade do México.

Cidade do México - O anúncio de um salão de beleza situada na esquina de Moliére e Homero, no rico bairro de Polanco, pode servir de consigna para definir o partido político mexicano que governou o país durante mais de 70 anos, ficou fora do poder durante 12 anos e recuperou-o neste domingo, 1º de julho, nas eleições presidenciais: “Clássico salão de beleza reatualizado”. O partido de sempre, o PRI, Partido Revolucionário Institucional, com um candidato reatualizado, Enrique Peña Nieto, obteve nas urnas um triunfo contundente frente à esquerda do Partido da Revolução Democrática (PRD), e seu candidato Andrés Manuel López Obrador.

O PRI obteve 37,9% dos votos, contra 31,7% dados a Obrador e 25,4% para Josefina Vázquez Mota, a candidata da Ação Nacional (PAN), o partido do presidente que sai, Felipe Calderón. O retorno do PRI ocorreu com força. O velho partido aumentou seu poder nos Estados do país: ganhou em Jalisco – onde o PAN governava há 18 anos – e em Chiapas. No entanto, o partido de Peña Nieto não conseguiu os resultados esperados, ou seja, não foi capaz de repetir o resultado dos melhores anos do PRI quando o movimento obtinha maiorias avassaladoras. A força da esquerda de Andrés Manuel López Obrador freou a amplitude da ressurreição do PRI.

A vantagem do PRI nas eleições presidenciais e no Congresso é menor do que a direção do partido esperava. O PRD de López Obrador derrotou o PRI no Distrito Federal, venceu no Estado de Morelos e tirou das mãos do PRI o Estado de Tabasco. Além disso, o PRD se instalou no Congresso de maneira sólida como segunda força política na Câmara de Deputados. “Somos uma nova geração. Não há volta para o passado”, disse Piña Nieto em sua primeira declaração pública. Seu rival em troca, se manteve prudente. O passado segue pesando no cenário eleitoral mexicano. Andrés Manuel López Obrador perdeu as eleições presidenciais de 2006 por apenas 0,56%, no que apareceu como uma das fraudes mais notórias da história política contemporânea. AMLO – como Obrador é conhecido no México – prometeu que não agiria de maneira “irresponsável” ao mesmo tempo em que não poupou críticas a um processo que denuncia por sua “falta de igualdade” devido ao dinheiro que o PRI gastou na campanha eleitoral e ao respaldo massivo que Peña Nieto recebeu por parte dos meios de comunicação.

O presidente eleito prometeu que exercerá uma “presidência democrática, moderna, aberta à crítica e disposta a escutar”. O retorno do PRI ao poder se deve muito ao fracasso rotundo dos dois mandatos do PAN e ao perfil um tanto repetitivo da esquerda que não soube renovar-se diante de uma rival como o PRI que aproveitou os 12 anos que passou na oposição para se livrar dos vícios mais rejeitados pela sociedade.

Entre a oferta do mesmo, o PAN, e a da mudança, o PRD, os eleitores optaram por um partido que, apesar das acusações de corrupção e autoritarismo que empanaram seus anos no poder, garantiu a ordem e o funcionamento do Estado. O México castigou a direita mexicana encarnada pelo PAN, ao mesmo tempo em que deixou à esquerda um espaço de ação e controle inédito. Felipe Calderón, por sua vez, deixa um país de joelhos e cheio de mortos. Peña Nieto terá que governar um país fraturado tanto pela onda de violência provocada pela luta contra o narcotráfico (mais de 50 mil mortos sem seis anos), como pelos índices alucinantes de pobreza e desigualdade deixados pelo mandato de Calderón.

“Não sei o que seria do povo mais pobre se não tivesse tido o apoio solidário da política social com rosto humano”, afirmou Calderón dias atrás. As estatístiscas contradizem suas declarações e a própria essência com a qual, seis anos atrás, iniciou sua presidência. Calderón iniciou seu mandato como o presidente que daria trabalho e termina seu governo com duas cifras negativas: a pobreza afeta 42% da população, o que equivale a 52 milhões de pessoas. Em contraposição, 41% da riqueza nacional está nas mãos de 10% da população. O segundo ponto negativo é a violência desencadeada com a estratégia que Calderón adotou para combater o narcotráfico. Os mais de 50 mil mortos dessa infrutífera luta também repercutiram na economia com uma perda calculada de 1,5% do PIB nacional.

O México oferece um quadro de cifras contraditórias. A revista Forbes estabeleceu que 11 das pessoas mais ricas do planeta são mexicanas. Este grupo acumula uma riqueza de 112,3 bilhões de dólares, o que equivale a cerca de 10% do Produto Interno Bruto. Ao mesmo tempo, a Organização de Cooperação e Desenvolvimento Econômica, OCDE, constata que, com 52 milhões de pobres, o México apresenta o segundo maior índice de desigualdade entre as economias que compõem esse organismo multilateral (o primeiro é o Chile). Cerca de 12 milhões de novos pobres se integraram às estatísticas por causa da estagnação do crescimento.

Esse percentual se reflete também no mercado de trabalho: o setor informal emprega cerca de 30% da população ativa, cerca de 12 milhões de pessoas. Nunca antes na história do país, havia sido registrada uma taxa tão elevada na segunda economia da América Latina (só fica atrás do Brasil). O panorama que deixa Felipe Calderón é exatamente o contrário daquele que vem afirmando em suas sucessivas aparições públicas. O Conselho nacional de Avaliação da Política de Desenvolvimento Social (Coneval) calculou que há cerca de “11,7 milhões de mexicanos em condição de pobreza extrema”.

Em 2006, Calderón se autoproclamou “o presidente do emprego”. O mandatário prometeu gerar empregos com melhores salários e baixar os impostos. O resultado final é o inverso. A ele se agrega o custo da luta contra o narcotráfico. A leitura desse fenômeno é dupla: por um lado está o benefício direto do dinheiro gerado pelo narcotráfico, em especial a geração de investimentos em imóveis. Por outro, está o custo na promoção do turismo, onde os índices baixam, a imigração para o exterior e a migração interna. Dezenas de milhares de mexicanos abandonaram as cidades do norte do país, assoladas pela violência – principalmente Tamaulipas, Chihuahua, Sinaloa, Coahuila e Nuevo León.

No entanto, as avaliações sobre os problemas reais causados pelos narcos à economia diferem segundo os interlocutores. Eduardo Cepeda, do JP Morgan grupo Financeiro para a América Latina, estimou que a violência do crime organizado custou ao México entre 1% e 1,5% do PIB (quase 16 bilhões de dólares anuais). Já a Unidade de Promoção de Investimentos e Negócios Internacionais do Proméxico negou que a narco violência tenha sido um fator de perda de investimentos, de competitividade ou de diminuição do PIB. Esse argumento, porém, se choca com o que pode se ver nas ruas do México: a violência gera medo e o medo retenção. É impossível assegurar que tais níveis de horror não impactem a economia. O que não pode ser negado é a desigualdade e a pobreza.

A pujança das cifras animadoras não se prolonga nas políticas distributivas aplicadas até agora. Essa será, junto com a violência, um dos maiores desafios do próximo presidente. O Conselho Nacional de Avaliação da Política de Desenvolvimento Social tornou públicos informes que não deixam espaço ao debate sobre sim ou não: 28 milhões de pessoas têm sérios problemas de acesso a uma alimentação básica. Entre 2008 e 2010, mais cinco milhões de mexicanos passaram a integrar as estatísticas mais críticas da pobreza no país.




07/05/2012

De Atenas a Paris: uma primavera europeia?

Costas Douzinas. Tradução de Marco Aurélio Weissheimer de Carta Maior (aqui) e publicado originalmente em SinPermiso (aqui). Costas Douzinas é filósofo, autor de Resistência e filosofia na crise, publicado no início deste ano pela Alejandria Press, Atenas.



O dia 6 de maio pode ser o princípio da “primavera europeia”. A esperada vitória nas eleições francesas e sua rejeição ao pacto fiscal será a primeira derrota das políticas que a senhora Merkel e os inúteis tecnocratas da União Europeia impuseram a Europa. No entanto, o resultado das eleições gregas pode ter uma importância simbólica maior ainda.

As eleições marcam o final do segundo ato da tragédia grega, com a saída pela direita do cenário do elenco de partidos e políticos até agora dominantes. O primeiro ato terminou em novembro passado com a demissão do governo Papandreu como resultado da oposição popular e o medo de Merkozy de um referendo para decidir a permanência da Grécia no euro. Papandreu era um “pobre homem” de Tony Blair, assessorado por burocratas do partido toda a vida e por um pequeno grupo de “especialistas” neoliberais, conhecidos como “os jardineiros”. Este clã de mediocridades, que deviam seus cargos ao clientelismo feudal de Papandreu, afirmava que poderia “salvar” a Grécia dos desastres causados por seus governos. Evangelos Venizelos, que substituiu Papandreu na direção do Pasok, é uma espécie de Gordon Brown tagarela que, como ministro da Economia, supervisionou o catastrófico segundo pacote de austeridade, sepultando com ele no cemitério dos sonhos despedaçados suas aspirações de toda uma vida de se converter em primeiro ministro.

Na semana passada, a OCDE anunciou que a renda média grega caiu 25,3% em 2011, uma redução sem precedentes em qualquer parte do mundo em tempos de paz (os britânicos caíram 2% no mesmo período), com um desemprego de 21% e um desemprego entre os jovens de 50%. No entanto, o segundo empréstimo do resgate, assim como as receitas tributárias pelo imposto de renda, ingressaram em uma conta bloqueada para pagar a dívida antes que os salários e as pensões. O Pasok se autodenomina socialista, mas, ao contrário de Hollande, aceita as medidas de austeridade sem negociação nem objeções, sacrificando os jovens, os idosos e os pobres como se fossem modernas Ifigênias para salvar a pele dos Agamenons econômicos e políticos.

George Samaras, o líder populista e nacionalista da Nova Democracia, votou contra a primeira série de medidas de austeridade para diferenciar seu partido do Pasok. Mas, passado o mês de novembro, a Nova Democracia voltou ao seu berço ideológico, aceitou o segundo pacote e se uniu ao governo Papademos. Lukas Papademos, o tecnocrata que dirige a coalizão, foi diretor do Banco da Grécia, quando o país ingressou na zona do euro graças a uma contabilidade criativa, a chamada “estatística grega”. É uma ironia da história que, em 2001, o governo Simitis, do Pasok, mentisse para ser admitido no clube, o que acabaria provocando a queda do país e do partido no abismo.

O governo de Padameos é uma coalizão do Pasok e da Nova Democracia, os partidos dinásticos que governaram a Grécia durante os últimos 40 anos e que conduziram o país a sua triste situação atual. Sua campanha eleitoral foi surrealista. O massivo rechaço das medidas do FMI e da União Europeia obrigaram os partidos que governam a argumentar contra as políticas que aplicam. Ao mesmo tempo, pesquisas de opinião desastrosas (que deram 20% para a Nova Democracia e 15% para o Pasok, que recebeu 44% em 2009) e a desesperada tentativa de polarizar a partir de diferenças inexistentes, fazem com que se despedacem entre si com uma ferocidade retórica sem precedentes. Apesar de o sistema eleitoral oferecer uma incrível vantagem de 50 cadeiras ao partido mais votado, nenhum deles alcançará uma maioria suficiente. A única maneira de os grandes partidos seguirem aplicando a desastrosa política de austeridade, ordenada por Berlim e Bruxelas, será formar um novo governo de coalizão no dia 7 de maio, se conseguirem somar 151 cadeiras. Enquanto isso, ainda que os insultos pessoais tenham dominado a campanha, é evidente que a campanha dos partidos majoritários oferece “dois pelo voto de um”.

Um dos aspectos mais preocupantes é o giro à direita dos políticos tradicionais que, imitando Sarkozy, competem para mostrar quem é mais xenófobo. Os ministros da coalizão, como Michalis Chrysochoidis e Andreas Loverdos, aumentaram o pânico acusando os imigrantes de ser criminosos e portadores de enfermidades infecciosas e defendendo que eles deveriam ser encerrados em campos de detenção já preparados para conter esta “ameaça”. A Anistia Internacional denunciou esta proposta como “profundamente preocupante” e “discriminatória”. O prefeito de Atenas, como Chrysochoidis, chamou os imigrantes de “lixo” e organizou uma campanha para “limpar” Atenas de estrangeiros, enquanto que a coalizão governista planeja levantar um muro anti-imigrantes na fronteira greco-turca. É uma tentativa de mobilizar com a política do medo os “condenados da terra”, que o diktat europeu lança, esgotados e famintas, às ruas gregas. Neste ambiente, o partido neonazista “Aurora Dourada”, que organiza ataques contra os imigrantes, pode entrar no Parlamento, lembrando aos europeus os últimos dias de Weimar. Será uma amarga ironia no país que teve maior êxito em sua resistência contra a ocupação nazista.

A tragédia, a farsa e a depressão conformam a imagem de um sistema à beira do ataque de nervos. Maio de 2012 será um caso de manual sobre como uma elite todo-poderosa se suicida com a crença delirante de que o serviço aos interesses privados promove a virtude pública. No entanto, sua queda poderia se converter no começo do terceiro ato da tragédia que leva a seu fechamento catártico. A Coalizão da Esquerda Radical (Syriza) e seu carismático e jovem líder Alexis Tsipras prometem por fim às políticas de austeridade e negociar uma redução da dívida, priorizando o crescimento e a reforma das políticas da União Europeia. Tsipras propõe formar um governo de partidos de esquerda apoiados na mobilização popular. As pesquisas de opinião parecem estar de acordo. Um governo deste tipo seria a opção mais popular, e os três partidos de esquerda – Syriza, comunistas e a Esquerda Democrática, somaram cerca de 40% nas pesquisas. Os outros dois partidos, no entanto, esquecendo a história da frente popular, rechaçam a proposta. A direção comunista converteu a Syryza no principal objetivo a derrotar. De uma maneira esquizofrênica, os comunistas participam da política parlamentar, mas afirmam que não estão interessados em governar a menos que tenham todo o poder para abolir o capitalismo. A pró-europeia Esquerda Democrática apoia criticamente a UE e serve de alternativa para os dissidentes do Pasok que estão abandonando seu partido.

A lógica desta proposta é a seguinte. É provável que a Nova Democracia seja o partido mais votado neste domingo, somando as 50 cadeiras adicionais atribuídas pela lei eleitoral neste caso. O Pasok espera chegar em segundo e a Syryza em terceiro. Segundo a Constituição grega, a Syryza, como terceiro partido, poderia tentar formar um governo se os dois primeiros partidos obtiverem conjuntamente menos de 150 deputados. Se for assim, os partidos de esquerda, os verdes e a centro-direita anti-austeridade ser verão pressionados a participar ou ao menos dar um voto de confiança a um governo de esquerda.

As placas tectônicas da sociedade e da política grega estão se movendo. É a primeira vez que aparece na Europa a possibilidade real de um governo de esquerda radical. As milhares de pessoas que ocuparam Syntagma, em Atenas, e as praças da Grécia no ano passado careciam de líderes, partidos ou ideologias comuns. Mas os velhos sindicalistas e os militantes de sempre, juntamente com os novos dissidentes e os indignados mudaram as regras da política. Agora, tem a oportunidade de levar a sua versão da democracia direta e a solidariedade social à uma representação parlamentar forte. O colapso da elite política bipolar colocará no Parlamento seis novos partidos, criados originalmente ou resultado de dissidências. Mas o que está em jogo nestas eleições é a redefinição no longo prazo do mapa político com a substituição do Pasok pela esquerda.

Depois da guerra civil, a Grécia exilou, encarcerou e perseguiu a esquerda, marginalizando seus partidos em uma oposição testemunhal e ineficaz. Está situação está chegando ao fim na medida em que está surgindo um bloco hegemônico multicolor, que combina a defesa da vida, a democracia e a independência, reunindo pessoas que historicamente se encontravam em lados opostos. À medida que o rechaço popular à austeridade supera a negatividade do “já basta!” e começa a avançar uma proposta radical de governo, emerge um novo modelo de democracia que pressiona os partidos de esquerda para que não percam esse encontro marcado com a história. Se no dia 6 de maio, a França elege um presidente socialista e a esquerda grega obtém um bom resultado, um vento novo levará a fragrância da primavera de Paris a Atenas. Os franceses e os gregos não estão votando apenas o futuro de seus próprios países, mas sim de toda a Europa.

19/01/2012

Economía verde, novo disfraz do ultraliberalismo

Alejandro Nadal. Artigo tirado de SinPermiso (aquí) e traducido por nós.
Cadro de Kurt Schwitters (1887-1948), poeta, artista plástico, escultor, precursor da nova tipografía e pintor alemán ligado ao dadaísmo de Hannover, o máis "apolítico" e achegado ao collage frente ao de Berlín. Schwitters comenzou pintando, no entanto, dentro dun estilo expresionista, mais en 1919 empezou a realizar collages, incorporando aos seus trabajos elementos efémeros como billetes de tren e autocarro, así como recortes de xornais. A partir de 1922, acusa a influencia do grupo holandés De Stijl. Schwitters realizó tamén, primero en Alemaña, despois en Noruega e finalmente en Inglaterra, onde murreu, tres versións memorábeis dos seus Merzbau ou aglomeracións xigantescas de obxectos inútiles.

No medio da máis grave crise da economía capitalista a escala mundial, a deterioración ambiental foi relegada a un plano secundario. É certo que algo se fala sobre a perda de biodiversidade ou o cambio climático. Pero nos feitos o medio ambiente non é prioridade.

Os termos do debate sobre a crise impúxoos a dereita e na súa pantalla de radar o problema ambiental sempre ocupou un lugar subsidiario. Por iso non sorprende que agora que os centros de poder castigan con austeridade fiscal e promoven a destrución de calquera vestixio do estado de benestar, o medio ambiente brille pola súa ausencia. E cando se lle pretende tratar como tema prioritario, a realidade é que só é para manter o proxecto ultraliberal a escala global.

O Programa de Nacións Unidas sobre Medio Ambiente (PNUMA) promove desde fai xa tres anos unha serie de proxectos que se encadran dentro do que bautizou como a Iniciativa de Economía Verde (IEV). Este proxecto define a unha economía verde como o resultado de melloras no benestar humano e equidade social, ao mesmo tempo que se reducen os riscos ambientais e a escaseza ecolóxica. O PNUMA sostén que o manexo eficiente dos recursos ambientais ofrece oportunidades económicas importantes. Finalmente, afirma que unha economía verde debe ser baixa no uso de combustíbeis fósiles e socialmente incluíente.

Esa retórica pode dar unha boa impresión. Pero a realidade é que a iniciativa do PNUMA adoece de grandes defectos que, ao final de contas, anulan o que podería aparecer como bos desexos. O que queda é un disfrace mal armado para darlle unha cara amábel ao ultraliberalismo desde o punto de vista ambiental.

O primeiro grande problema da IEV é a incapacidade para examinar as causas da destrución ambiental. Ningunha das forzas económicas que provocan a deterioración ambiental é obxecto dunha análise coidadosa. Nin a concentración do poder económico en centros corporativos, nin os procesos de acaparamiento de terras en grandes rexións de África e América Latina, nin o efecto da especulación financeira sobre produtos básicos, nin o peso enorme da débeda dos países máis pobres do mundo son temas importantes para o PNUMA. En contraste, abunda a retórica sobre instrumentos de política baseados no mecanismo de mercado e a necesidade de alentar o investimento privado.

O PNUMA tamén ignora as causas da feroz desigualdade, que é trazo dominante na economía mundial. Tal parecese que esa desigualdade caeu do ceo, coma se tratásese dun fenómeno meteorolóxico. Así, a IEV fala da necesidade de aliviar e mesmo de eliminar a pobreza. Pero sempre que o fai é en referencia ao potencial que ofrece o bo manexo dos recursos. Nunca se menciona a necesidade de corrixir o marcado rumbo en contra dos salarios reais. Dabondo sábese que en case todo o mundo os salarios reais experimentaron unha declinación importante a partir dos anos setenta. Entre as causas máis visíbeis dese resultado está a represión salarial imposta para controlar a demanda agregada e, dese modo, levar adiante a loita contra a inflación (o principal inimigo do capital financeiro). A pesar da importancia desta variábel da distribución, a palabra salarios non ten cabida no dicionario da IEV.

A desigualdade tamén está fortemente ancorada nunha política fiscal regresiva. Con todo, cando se trata de recomendacións en materia de política fiscal, o documento do PNUMA suxire que o mellor marco fiscal para o crecemento debe descansar nos impostos indirectos e en baixas taxas impositivas para o sector corporativo. Isto debe ir acompañado de maior eficiencia no gasto público, o que na xerga ultraliberal tradúcese en maiores axustes e xeración dun superávit primario para pagar cargas financeiras. Claro, as referencias do PNUMA son a OCDE, o Banco Mundial e a consultora PriceWaterhouseCoopers. Iso si, alértase sobre os riscos de impor gravames ao capital financeiro.

Aínda que a iniciativa do PNUMA baséase na idea de que a crise ofrece a oportunidade para reencaminar a economía mundial polo carreiro do desenvolvemento sustentábel, ningún documento do organismo contén unha análise seria sobre as orixes e natureza da crise. Os lectores poden corroborar o anterior na páxina da IEV (www.unep.org/greeneconomy). Por extraordinario que pareza, unha análise seria sobre a crise e as súas ramificacións non é relevante para falar da transición cara a unha economía verde.

A iniciativa do PNUMA tenta estender a vida do modelo ultraliberal. É tamén un bo exemplo da sentenza de Keynes: non só fracasamos no intento de comprender a orde económica en que vivimos, senón que a temos mal interpretado até o grao de adoptar medidas que operan duramente no noso detrimento.

08/01/2012

Unha lóxica sen opoñente

Julio Anguita. Artigo tirado de aquí e traducido por nós.

Na década de noventa e en plena fabulación europeísta, economistas españois instalados no status explicaban sen equívocos que o Tratado de Mäastricht cos seus límites ao déficit, era unha auténtica reforma constitucional pola vía dos feitos e á marxe do Parlamento. É máis, chegouse a dicir que o sistema de Seguridade Social "non debía ser demasiado xeneroso" Outra cousa é o que diga a Constitución (que, en todo caso, non é un modelo de racionalidade económica)?.

Quince anos despois Sarkozy pretende unha reforma que incorpore á súa constitución a obrigatoriedade de impedir o déficit; Obama declarou algo parecido; Rajoy expúxoo sen ambaxes e o Goberno español aplícase a iso con dilixencia deixando á Constitución de 1978 co carro diante dos bois en materia de Dereitos Fundamentais.

Desde os catro puntos cardinais en que se constituíron o FMI, a OCDE, a UE e o BCE ínstase a profundas e urxentes reformas laborais. Os gobernantes declaran ante os seus pobos que se debe gañar a confianza dos mercados (vocábulo esotérico coa que se encobren, difuminan e acazápanse entidades tan concretas como bancos, financeiros, investidores, agiotistas e gobernos que os acollen no seu seo). Os poderes públicos fan bo aquela expresión de Tietmeyer cando foi presidente do Bundesbank: "os políticos deben acatar as decisións dos mercados". Onde está a Democracia?

Estes gurús saben perfectamente que os recortes en salarios, pensións, investimentos e gasto público, engadidos á facilidade e baratura do despedimento e á precariedade subseguinte, non crean emprego nin tampouco relanzan a economía; é máis, recoñéceno paladinamente. Utilizan a coartada da racionalidade económica como o veo ideolóxico que encobre -so capa de cientifismo- os seus intereses de clase dominante.
Son conscientes de que non poden deixar nin unha fírgoa libre polo que os dominados -se se organizan- poidan obrigarlles a render e pagar as contas dos roubos, manipulacións, erros, trampas e demais delitos que conduciron a esta situación de crise. Queren deixar claro que non hai alternativa á súa poder, aos seus intereses, aos seus métodos e ás súas montaxes ideolóxicas. Coñecen mellor que ninguén que non hai nada máis político que a Economía. Trátase de de que os outros non caian na conta. Recoñecen de facto que existe a loita de clases e aplícanse a gañala en todo momento.

Isto foi posíbel porque o mundo social, ideolóxico, sindical, político e ético que di representar aos dominados, hai tempo que se aliñou cos valores e prácticas do chamado pensamento débil; é dicir a aceptación da lóxica dos outros, aínda que con esporádicas, débiles e inútiles protestas de cando en vez. Pensen os lectores no apoio incondicional e acrítico de determinadas organizacións e creadores de opinión ao proceso de montaxe deste bodrio chamado UE
. A lóxica dominante carece- neste momento- de opoñente estruturado e con entidade suficiente para exercer de réplica e contrapropuesta eficaz.

Porque unha lóxica só se combate con outra distinta, confrontada, alternativa e organizada. Unha lóxica que sitúe á ciencia económica como un instrumento ao servizo das necesidades humanas e non como a realización absoluta dun logos externo e independente ás decisións e vontades da cidadanía.

Esoutra lóxica, ligada á humanidade próxima e concreta, nega consecuentemente todas e cada unha do tres divindades do divos capitalismo. O mercado, a competitividade e o crecemento sostido non só se mostraron ao longo desta crise como mecanismos inútiles para resolvela senón que foron a causa desta e as anteriores. Porén é que ademais, a simple formulación dalgúns deles, como é o caso da competitividade predicada para todas e cada unha das nacións do planeta, é en si mesma unha insalvábel contradición in términis.

É hora de fixar con decisión a preeminencia da Democracia, os Dereitos Humanos e a Carta da Terra. E iso leva valores, actitudes e propostas radicalmente diferentes ás que, fracasadas, son reiterativamente maquilladas como verdades incuestionábeis. Só desde unha lóxica e práctica alternativas conceptos como austeridade, racionalidade, planificación, eficiencia, produtividade, solidariedade, sentido común e ética cívica cobran o seu exacto significado.

E non é unha cuestión de grandes declaracións senón de organizarse en toda Europa para dar a resposta alternativa, continuada e estratexicamente organizada. Os conatos desganados de mobilización circunscríbense a cada país mentres a agresión provén da UE no seu conxunto. Onde está a Confederación Europea de Sindicatos?

Lembremos como nos prolegómenos da I Guerra Mundial o patrioteirismo chauvinista arrastrou a bastantes organizacións obreiras a unha tolemia bélica que obxectivamente non lles concernía. Agora é preciso e urxente organizar o xungueiro socio-político dunha Europa unida institucionalmente, cun orzamento común digno de tal nome, unha fiscalidade compartida, unha economía coordinada e unha soa voz no concerto internacional. E iso non virá deles.

Se a ditadura dos mercados non é contestada; se a alienación economicista asúmese con fe de carboeiro ou se a docilidade a inercias electoralistas que difuminan o conflito esencial non é obviada, só nos quedará a reedición das bágoas de Boabdil de Granada.

19/10/2011

Banca pública mellor que banca privada: o caso de EUA

Vicenç Navarro. Artigo tirado de Altermundo (aqui). Antes de ler o artigo recomendamos ler a asombrosa nova que relata como os directivos da caixa intervida polo FROB, a CAM, se apontaron ao INEM para receber o subsidio de desemprego (aquí).
Imaxe tirada de CanariasInsurgente (aquí).

Durante a época do neoliberalismo que abrangue desde finais da década dos anos setenta até agora, a postura hexemónica nos centros financeiros, políticos e mediáticos no mundo máis desenvolvido economicamente (onde se xera a sabedoría convencional transmitida polas maiores institucións internacionais, desde o Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial, á OCDE, entre outros) é que a Banca privada é máis eficiente que a pública.

Desta crenza derivan as políticas estatais na maioría de tales países, incluíndo o Estado español, de privatizar a Banca e, no Estado español, as caixas de aforro, converténdoas todas elas en Bancas privadas. Esta ideoloxía ou crenza, porén, apóiase en fe máis que en evidencia científica, a cal apoia posturas opostas ás que os establishments financeiros, políticos e mediáticos están promovendo. Un exemplo diso é o que ocorre en EUA. Vexamos os datos.

O Estado de EUA que ten unha economía máis eficiente, coa maior porcentaxe da poboación empregada, co menor desemprego, cos salarios máis elevados, e cun maior superávit nas súas vendas é North Dakota. Cal é a causa diso? A primeira vista parecería que se debe a que é un Estado afortunado: ten petróleo. E iso crea riqueza. Agora ben, outros Estados teñen petróleo e os seus indicadores seguen a pauta xeral do país: alto desemprego, destrución de emprego e con contas públicas en negativo. Entre eles está o Estado de Alasca, un dos Estados que produce máis petróleo naquel país [e é o único lugar no mundo onde existe unha renda básica; N. do blogger]. Montana e Wyoming tamén son ricos en recursos enerxéticos -gas e petróleo- e en troques están -como o está tamén Alasca- en crise profunda. Parece, pois, que ter petróleo non é a causa principal de que a North Dakota lle vaia tan ben.

Analizando as causas, Ellen Brown, unha analista, coñecida polos seus estudos das economías dos Estados, concluíu que o éxito de North Dakota (o seu desemprego é do 3.3%, o máis baixo de EUA) é que ten un Banco Público. O Estado deposita todos os ingresos que recibe neste banco, o cal ten como obxectivo axudar á economía do Estado, tendo prohibido investir fóra do Estado e practicar comportamentos especulativos. Axuda ás empresas baseadas no North Dakota e ten como función primordial prover crédito aos residentes naquel Estado. O contraste no xeito en que este Estado xestiona os seus ingresos -a través da Banca Pública- e o xeito como o fai, por exemplo, California -a través da Banca Privada- é espectacular.

O profesor de Economía e Director da Facultade de Dereito de Orange, do Estado de California, o Sr. Timothy Canova, fixo esta comparanza ítem por ítem, e chega á conclusión de que parte do enorme problema do Estado de California é que, ademais de ter desregulada a Banca, deposita todo o seu diñeiro na Banca privada, que se utiliza fóra do Estado e para fins especulativos que crea un grande risco e inestabilidade financeira. É máis, ao que o Estado o deposita nos bancos, perde a oportunidade de investilo en fins encamiñados a favorecer a economía produtiva californiana. California, como resultado diso, ten gravísimos problemas, con elevadísimo desemprego e contas públicas moi negativas, ao contrario que North Dakota.

Esta experiencia reprodúcese tamén en Europa. O país que hoxe ten uns mellores indicadores sociais e económicos é Noruega, que é un dos poucos países que ten un Banco Público. Como no caso de North Dakota, a clave non é o petróleo, senón a existencia dunha entidade pública que garanta o crédito.

A situación no Estado español

As privatizacións masivas que tiveron lugar no Estado español a partir da década dos anos noventa, e moi en particular durante o goberno do Partido Popular, empobreceuno a longo prazo. O Estado español deixou de recibir fondos producidos por empresas públicas altamente rendíbeis, tales como Telefónica, Tabacalera, Repsol, Gas Natural e Endesa, entre outras. Para decatarse do que significa para o Estado tales privatizacións, hai que coñecer que os beneficios da Lotería nacional que o Goberno español intentou privatizar deu en 2011 uns beneficios ao Estado de 2.643 millóns de euros, que é moito máis que o diñeiro que o Estado intentou aforrar conxelando as pensións e reducindo os salarios dos empregados públicos. Algo semellante ocorría naqueloutras institucións que foron privatizadas: deixaron de xerar recursos ao Estado.

Tal empobrecemeento ocorreu tamén no sector financeiro. As institucións financeiras Argentaria, Banco de Crédito Industrial e Banco de Crédito Agrícola, hoxe parte do BBVA, eran altamente rendíbeis cando foron privatizadas. En realidade a privatización do crédito dificultou enormemente a misión que ten o Estado de garantir a dispoñibilidade do crédito como medida necesaria para estimular a actividade económica. A única institución que ten como obxectivo primordial esta garantía de crédito, é o Instituto de Crédito Oficial (ICO) que, por certo, é rendíbel, presentando uns beneficios anuais de 20 millóns de euros. O seu tamaño é excesivamente limitado e un goberno progresista debería estimular o seu desenvolvemento e transformación nunha Banca pública que garantise a dispoñibilidade de crédito, un dos maiores obstáculos para que a economía española se recupere. É decepcionante que o goberno Zapatero, cuxa equipa económica estivo imbuída do dogma neoliberal, non considere o establecemento de tal Banca pública, e tamén é frustrante que o candidato Rubalcaba rexeite a proposta de que se establecese a Banca pública no Estado español, unha da maiores condicións para que a economía española se recupere. En canto ao maior partido da oposición, o partido Popular, as súas propostas de desregular o sector bancario e o seu desexo de continuar a privatización das caixas de aforros dificultarían aínda máis a dispoñibilidade de crédito e, polo tanto, a recuperación económica.