Isacc Rodríguez. Artigo tirado de aquí e traducido por nós.
Hoxe toca saír á rúa contra a reforma laboral. Convócannos os sindicatos maioritarios, UXT e CCOO. Si, os parásitos sociais que chupan da teta do Estado; os que viven do conto cos seus miles (que digo miles, millóns) de liberados que non deron un pau á auga na vida; os que levan unha vida de luxo, con soldazos, cruceiros e restaurantes caros.
Esa é, xa saben, a imaxe dos sindicatos que resulta da guerra sucia política e mediática, que redobra o seu lume a discreción cada vez que se achega unha protesta convocada por eles. Os mesmos medios que eloxian a responsabilidade dos sindicatos cando pactan reformar as pensións ou conxelar salarios, son os que sacoden de xeito abondo a Méndez, Toxo e compañía se se lles ocorre pór pegas a unha reforma laboral de inspiración decimonónica.
Haberá quen hoxe non salga á rúa por dar crédito a eses ataques suxos contra CCOO e UXT. Pero non é o único motivo polo que moitos traballadores deron as costas a estes sindicatos nos últimos tempos. Á súa perda de crédito axudou moito a forma en que se enfrontaron á crise, asinando reformas como a mencionada de pensións, e mostrándose máis dialogantes que combativos en momentos de ataques contra os traballadores. Son o primeiro que desde esta columna criticou unha e outra vez a aposta dos sindicatos polo diálogo social en tempos en que a outra parte, a patronal e o goberno, só entenden a paz social como placidez total.
Pero ser críticos cos sindicatos non é un motivo para quedar hoxe en casa, senón unha razón máis para acudir ás manifestacións. Non andamos moi sobrados de forzas, e trátase de sumar, non dividir máis. Quen pensan que con estes sindicatos non chegaremos moi lonxe, deben recoñecer que sen eles imos menos lonxe aínda. Por iso son moitos os colectivos, 15-M incluído, que decidiron saír hoxe á rúa, xuntos pero non revoltos, coas súas propias pancartas e lemas. Despois da reforma, e co que está por vir, eu teño claro quen é o inimigo. E non son os sindicatos.

Nenhum comentário:
Postar um comentário