Fermín Bouza. Tirado de aquí e traducido por nós.
Con un electorado moi vencido pola crise, moi desesperado, a esquerda do reino necesita buscar novas opcións, abrir camios, cambiar relatos e esperanzas. En Galiza, a saída do BNG do grupo que lidera Xosé Manuel Beiras, chamado Encontro Irmandiño, marca, probabelmente, unha nova época na política galega e, en concreto, na política nacionalista, que agora busca novos espazos políticos e a prolongación da mirada máis alá dos cerros que limitaban o alcance político do BNG. Cumprida a longa etapa de recuperación e asentamento dunha marca nacionalista estábel tras o desastre da guerra civil, quizabes chegara a hora de que esa marca xerase outras e se abrira a segmentos sociais que esperan outro discurso. O nacionalismo debe ampliar a súa presenza entre as clases medias e entre os sectores populares menos cualificados. O BNG perdía voto sistemáticamente e mostrábase incapaz non xa de incrementar a percentaxe, sinón de non reducirlo. Algo estaba pasando e algo estaba avisando aos máis conspicuos de entre os seus militantes. En plena crise, e coas elecciones autonómicas á volta da esquina, é necesario fechar este paso e as súas heridas para presentar unha frente variado de opcións necesarias a Galiza que sexa capaz de satisfacer a unha maioría. Deséxolles o mellor a todos eles.
Nenhum comentário:
Postar um comentário