Mostrando postagens com marcador Fermín Bouza. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Fermín Bouza. Mostrar todas as postagens

12/02/2012

Novos espazos políticos

Fermín Bouza. Tirado de aquí e traducido por nós.

Con un electorado moi vencido pola crise, moi desesperado, a esquerda do reino necesita buscar novas opcións, abrir camios, cambiar relatos e esperanzas. En Galiza, a saída do BNG do grupo que lidera Xosé Manuel Beiras, chamado Encontro Irmandiño, marca, probabelmente, unha nova época na política galega e, en concreto, na política nacionalista, que agora busca novos espazos políticos e a prolongación da mirada máis alá dos cerros que limitaban o alcance político do BNG. Cumprida a longa etapa de recuperación e asentamento dunha marca nacionalista estábel tras o desastre da guerra civil, quizabes chegara a hora de que esa marca xerase outras e se abrira a segmentos sociais que esperan outro discurso. O nacionalismo debe ampliar a súa presenza entre as clases medias e entre os sectores populares menos cualificados. O BNG perdía voto sistemáticamente e mostrábase incapaz non xa de incrementar a percentaxe, sinón de non reducirlo. Algo estaba pasando e algo estaba avisando aos máis conspicuos de entre os seus militantes. En plena crise, e coas elecciones autonómicas á volta da esquina, é necesario fechar este paso e as súas heridas para presentar unha frente variado de opcións necesarias a Galiza que sexa capaz de satisfacer a unha maioría. Deséxolles o mellor a todos eles.

13/12/2011

A lingua outra vez

Fermín Bouza, artigo tirado de El voto con botas (aquí). A tradución é nosa. O "vigués" de UPyD que, segundo a prensa logrou retirar un libro de texto en galego, conchabado co valedor do pobo, resulta ser un MADRILEÑO, que vive aqui desde o 83...

A lingua histórica de Galiza, a súa lingua propia, é o galego, na súa versión romance a día de hoxe. Houbo outras linguas anteriores e os usos político-administrativos fixeron que o antigo castelán (hoxe, din, unha forma dialectal do español?) entrase como segunda lingua até converterse en lingua de uso obrigado en todo o concernente á vida pública do estado. Os Estatutos de Autonomía trataron de recuperar a lingua histórica primordial das comunidades con lingua propia, e conseguiron a cooficialidade co castelán (hoxe español?). Lingua propia é concepto histórico-antropolóxico e etnolingüístico no seu uso actual polos defensores das linguas declinantes en países con lingua franca obrigada. Ben, non para a Xunta e a súa Valedor do Pobo. En Galiza estamos sometidos a estas humillacións permanentemente, con defensores do pobo que son como os seus peores inimigos, e imos perdendo sen présa e sen pausa todo o noso capital simbólico. O tema da lingua foi politizado polo PP, que se negou a acordalo. É unha causa que, de seguir este ritmo de ocupación lingüística, acabará coa nosa lingua propia. A dignidade non é unha abstracción: está directamente relacionada coa defensa contra o espolio. En 2013 haberá outra oportunidade de recuperar o noso ritmo vital ou de perdelo, e esta vez quizá para sempre.