23/03/2012

O tempo propio sempre

Marga López Barreiro. Artigo tirado do site do Encontro Irmandiño (aquí).



Traballade, traballade, proletarios, para aumentar a fortuna social e as vosas miserias individuais porque sendo máis pobres, teredes máis razóns para traballar e ser miserables. Esta é a lei inexorable da produción capitalista.

Como que os proletarios, oíndo as palabras falaces dos economistas, se lanzaron en corpo e alma ao vicio do traballo, precipitan toda a sociedade nas crises industriais de superprodución que abalan o organismo social. Pero dado que hai superabundancia de mercadorías e falta de compradores, as fábricas féchanse e a fame azouta as poboacións obreiras coa súa fusta de mil correas. Os proletarios embrutecidos polo dogma do seu traballo, non comprenden que o exceso de traballo ao que se someteron durante a época da pretendida prosperidade é a causa da miseria presente.

Se, arrincando do corazón o vicio que domina e envilece a súa natureza, os traballadores, se levantasen coa súa forza terrible, non para reclamar os Dereitos do Home, que non sendo senón os dereitos da explotación capitalista, non para reclamar o Dereito ao Traballo, que non é senón o dereito á miseria, pero si para forxar unha lei de bronce, que prohiba que calquera home traballe máis de tres horas por día, a terra, extreméndose de alegría, sentiría nacer dentro de si un novo universo...Pero como pedirlle a un proletariado corrompido pola moral capitalista unha resolución tan viril?

"O dereito á preguiza" Paul Lafargue

O tempo libre como dereito irrenunciable, e o tempo propio sempre.

Penso que a realidade actual non se diferenza moito desta xa noutrora,- superada?

Um comentário:

Anônimo disse...

É un estracto do Dereito á Preguiza, confunde un pouco poñer que é un artigo dunha persoa. Saúdos.