02/04/2012

Comunicado de imprensa do Encontro Irmandiño



O Encontro Irmandiño apoia as concentracións [vid. infra] que hoxe ás 20:30 horas da tarde se van celebrar nas principais vilas e cidades galegas.

A magnitude da catástrofe no entorno natural das Fragas do Eume non pode deixar indiferente a calquera persoa galega ben nacida.

A irresponsabilidade da Xunta do PP que nós demos en chamar "brigada de demolicións de San Caetano" acaba de perpetrar coa súa irresponsábel non política de preservar os espazos protexidos un novo atentado á integridade de Galiza.

Chamamos a participar activamente na defensa da natureza e a denunciar a responsabilidade do Goberno Galego nesta desfeita.

Coordinadora do Encontro Irmandiño.


Horarios das concentracións cidadáns que se están a convocar para hoxe, segunda-feira, 2 de Abril, ás 20:30:

en Chantada: na praza do Cantón perante o Concello;

en A Cruña: nos Cantóns;

en Vigo: no Sereio;

en Compostela: no Obradoiro;

en Pontevedra: na Ferrería;

en Lugo: diante do Concello;

en Ourense: diante do Concello;

en Ferrol: na praza de Armas;

en Vilagarcía: praza de Galiza;

en Foz: diante da delegación de Facenda ás 20:00 horas;

en Betanzos diante do concello;

en Xinzo de Limia na praza Maior;

en Boiro diante da praza de Abastos;

e en Pontedeume ás 20:00 diante do Concello.


Nenhum comentário: