13/04/2012

Mobilicémonos polas Fragas do Eume

Comunicación tirada do site do Encontro Irmandiño (aquí).



O Encontro Irmandiño fai un chamamento a sociedade de Ferrolterra, para que acuda a concentración que o domingo 15 ás 12 da mañá ten convocada a Plataforma para a defensa das Fragas do Eume, fronte ao concello da Capela.

Queremos manifestar a nosa INDIGNACION, contra os lumes, e contra as políticas levadas a cabo dentro das Fragas, dende a creación mesma do Parque Natural.

Queremos polo tanto acompañar aos propietarios das Fragas, donos de mais do 90% das mesmas, para que se lles escoite nas súas demandas que teñen plantexadas dende a creación do Parque.

Ao mesmo tempo facemos nosa a táboa reivindicativa da Plataforma para a defensa das Fragas do Eume, salientado o escandaloso feito de que durante 3 kms, o río estea seco, e as distintas administracións dende hai 30 anos, ollaran para outro lado.

Xuntos todos queremos pedir a retirada da Lei de Montes en tramitación parlamentaria, por ser un arma en beneficio dos monopolios e primar o monocultivo do eucalipto na Galiza.

O Encontro Irmandiño acudirá a esta concentración, na defensa das Fragas do Eume, e levando no ánimo o anceio dos vellos galeguistas cal era a defensa da TERRA.

Nenhum comentário: