Carlos Abel Suárez, María Julia Bertomeu, G. Buster e Antoni Domènech. Artigo tirado de SinPermiso (aquí) e traducido por nós. María Julia Bertomeu (Bos Aires), Carlos Abel Suárez (Bos Aires) e Gustavo Búster (Madrid) son membros do Comité de Redacción de SinPermiso. Antoni Domènech (Barcelona) é o editor xeral.
O fracaso e as contradicións da estratexia empresarial de "argentinización" de YPF, que fan que Repsol non sexa capaz de asumir financieramente a posta en explotación das reservas de hidrocarburos da zona de Vaca Muerta, expoñen en toda a súa crueza as esixencias do autoabastecimiento enerxético sustentábel de Arxentina. Nun ambiente determinado pola crecente competencia no mercado global de gas e petróleo, polos límites empresariais de Repsol e pola política de nacionalización parcial emprendida polo goberno arxentino de Cristina Fernández, o goberno español de Mariano Rajoy amaga cun rumbo diplomático de choque. Testimonium paupertatis onde os haxa da "marca España", o choque non pode menos que afectar o conxunto dos investimentos españois en América Latina e retroalimentar o afundimento da confianza dos "mercados" nun Reino de España intervido de facto pola UE, en plena crise da súa débeda soberana.
Un pouco de historia: YPF e o soño dun desenvolvismo endóxeno arxentino
YPF foi para os arxentinos algo máis que a principal empresa nacional e un símbolo de soberanía en materia de explotación de hidrocarburos. Como ben sinalou Gustavo Quellas (ex secretario de Combustíbeis e animador xunto a Fernando "Piñeiro" Solainas e Félix Ferreiro do Grupo Moreno que deu unha batalla consecuente contra as privatizacións), a renda petroleira permitiu en Arxentina crear, desde 1934 até 1989, toda a infraestrutura viaria nacional e provincial, construír a rede troncal e expandir as redes domiciliarias de gas. Eses fondos foron tamén determinantes para a construción de todas as represas hidroeléctricas, achegaron ás caixas de previsión e financiaron a outras empresas do Estado. YPF creou pobos, escolas técnicas, redes de comunicación. Até a súa privatización, contabilizábanse reservas de gas para 36 anos e de petróleo, para 23 anos. Pero desde 1989 non se construíu un só gasoduto ou poliducto destinado ao mercado interno. Agora ninguén sabe con certeza cales son as reservas arxentinas de petróleo e de gas. Durante o goberno de Menem, construíronse gasodutos para exportar gas a Chile, un grande negocio para as transnacionales, mentres o 40 por cento dos fogares arxentinos carecían del.
Nesa historia tan intensa de YPF, e todo o que significou para a política enerxética do país, non estiveron ausentes os intentos de esvaciamento ou liquidación, que finalmente tiveron éxito nos anos ´90.
O mismísimo xeneral Perón, no seu segundo mandato e fronte ás dificultades que se advertían na economía mundial tras o fin da guerra de Corea, apuntou a un acordo cunha das Sete Irmás, á que ofreceu un contrato de explotación dos xacementos da Patagonia, considerada xa entón a rexión máis prometedora en canto a reservas estimadas. Pese dispor dunha maioría absoluta no Congreso, unha parte dos deputados peronistas enfrontou ao seu xefe, unha confrontación que foi finalmente interrompida polo golpe de 1955 que derrocou a Perón.
Un pouco de historia: YPF e o soño dun desenvolvismo endóxeno arxentino
YPF foi para os arxentinos algo máis que a principal empresa nacional e un símbolo de soberanía en materia de explotación de hidrocarburos. Como ben sinalou Gustavo Quellas (ex secretario de Combustíbeis e animador xunto a Fernando "Piñeiro" Solainas e Félix Ferreiro do Grupo Moreno que deu unha batalla consecuente contra as privatizacións), a renda petroleira permitiu en Arxentina crear, desde 1934 até 1989, toda a infraestrutura viaria nacional e provincial, construír a rede troncal e expandir as redes domiciliarias de gas. Eses fondos foron tamén determinantes para a construción de todas as represas hidroeléctricas, achegaron ás caixas de previsión e financiaron a outras empresas do Estado. YPF creou pobos, escolas técnicas, redes de comunicación. Até a súa privatización, contabilizábanse reservas de gas para 36 anos e de petróleo, para 23 anos. Pero desde 1989 non se construíu un só gasoduto ou poliducto destinado ao mercado interno. Agora ninguén sabe con certeza cales son as reservas arxentinas de petróleo e de gas. Durante o goberno de Menem, construíronse gasodutos para exportar gas a Chile, un grande negocio para as transnacionales, mentres o 40 por cento dos fogares arxentinos carecían del.
Nesa historia tan intensa de YPF, e todo o que significou para a política enerxética do país, non estiveron ausentes os intentos de esvaciamento ou liquidación, que finalmente tiveron éxito nos anos ´90.
O mismísimo xeneral Perón, no seu segundo mandato e fronte ás dificultades que se advertían na economía mundial tras o fin da guerra de Corea, apuntou a un acordo cunha das Sete Irmás, á que ofreceu un contrato de explotación dos xacementos da Patagonia, considerada xa entón a rexión máis prometedora en canto a reservas estimadas. Pese dispor dunha maioría absoluta no Congreso, unha parte dos deputados peronistas enfrontou ao seu xefe, unha confrontación que foi finalmente interrompida polo golpe de 1955 que derrocou a Perón.
Tirado de Página/12. |
Logo veu Arturo Frondizi, que transitara toda a súa vida política axitando a defensa do petróleo como unha ferramenta estratéxica para o desenvolvemento nacional, mais que ao chegar ao goberno en 1958 deu un xiro de 180 graos, facendo todo o contrario do prometido en campaña. Para impor o seu plano de concesións, tivo que derrotar unha folga xeral dos traballadores petroleiros, desmobilizándoos co Exército, e aplicando o Plano Conintes (Conmoción Interna do Estado). A Federación dos petroleiros, dirixida entón por combativos dirixentes como Marcelo Alvarado e Ricardo Frigerio (nada que ver con Rogelio Frigerio, ideólogo e un dos homes máis próximos a Frondizi), puido soster a folga nalgunhas zonas, aínda desde a clandestinidade ou mobilizados militarmente. Entre os traballadores petroleiros lembrábase por décadas a fazaña da destilería de Luján de Cuxo, que estivo paralizada máis dun mes despois de que o movemento a escala nacional fose derrotado. Nin os técnicos italianos, que a construíron e posto en marcha -e aos que trouxeron para crebar a folga-, puideron vencer a resistencia e sabotaxe dos traballadores e pór en funcionamento a planta.
Finalmente, os contratos de Frondizi foron anulados por Arturo Illia, nun novo intento de restabelecer o carácter estratéxico de YPF no sector enerxético, o que durou até o golpe militar de Juan Carlos Onganía (1966). No breve período de Cámpora-Perón de 1973-1974, con José Gelbard á fronte da Economía, outra vez tentouse corrixir o rumbo. Durante a Ditadura Militar de 1976-1983, YPF foi un botín de guerra cobizado polos mandos castrenses e os seus socios empresarios e tecnócratas, como plataforma de grandes operacións financeiras e negociados. A patria contratista, que nacera con Onganía en 1966, vivía coa ditadura de Videla o seu momento de gloria. Entre as operacións financeiras computáronse o apalancamento de préstamos para a compra de armamentos e outros mercadeos conexos, que deixaban grandes comisións, das que participaban eufóricos os novos ricos da "patria contratista".
Vaciamiento e privatización irregular de YPF
Como unha mostra dos grandes paradoxos da historia política arxentina, foi un avogado peronista rioxano, un personaxe distinguido nese tempo pola súa apariencia Século XIX -cara pequecha entre o paréntese da melena e unhas enormes costelas- quen denunciou en 1982, ante o Xulgado Nacional de Primeira Instancia no Criminal e Correccional Nº 3, da Capital Federal (Expediente 41.545), o endebedamento fraudulento e vaciamiento de YPF cometido polo réxime militar xa agonizante.
Porén esa non sería a última dos paradoxos, case unha comedia de enredos, se non fose pola traxedia que sempre acompañou a esas prácticas políticas. Precisamente é o mesmo Menem quen, ao asumir o goberno en 1989, renuncia ao discurso de campaña, nunha versión aumentada e corrixida do chimpacarneiros de Frondizi, para asumir plenamente a política económica neoliberal. Esta vez, a hiperinflación, o contexto internacional e o pasado aínda latente do terrorismo de Estado, contribuíron para que se lograse destruír todo plano enerxético nacional. Con todo, eses ventos, con toda a súa forza, non eran suficientemente destrutivos por si sós. Había que crebar aos traballadores das empresas públicas de enerxía e de servizos públicos.
Concibiuse para iso unha estratexia moi eficaz, tecida de complicidades e manobras. Un dos instrumentos foi o programa de propiedade participada (PPP), polo que os traballadores supostamente quedaban co 10 por cento das accións: unhas accións que, en realidade, ían manexar os dirixentes sindicais corruptos en cumprida conivencia cos empresarios, os bancos e o ministerio de Economía dirixido por Domingo Cavallo. Outro dos medios foi a repartición das satrapías entre os gobernadores das provincias petroleiras, virtuais señores feudais cunha participación decisiva no negocio petroleiro. O "chamullo" técnico, por usar linguaxe tanguero, foi que o petróleo e o gas xa non eran máis recursos naturais estratéxicos, senón que, por mor da "globalización", do "fin dos Estados-nación (sic)", etc., etc., eran bens transábeis, commodities, cun comportamento no mercado igual que o millo, o café, a soxa, o azucre, etc. Un concepto que non resistiu a menor proba, xa que apenas se deu volta a páxina, continuaron por toda a parte as guerras xeopolíticas polo dominio das rexións ricas en hidrocarburos.
Consumada a privatización, a nómina de persoal de YPF pasou de 37.000 a 5.500 traballadores. Numerosas actividades foron ou tercerizadas ou despezadas. Entre elas, a poderosa frota petroleira da empresa estatal. Varias desas naves foron vendidas, entre os amigos, sen rexistros contábeis; e a moitas, pódellas hoxe ver abandonadas en cemiterios flotantes sobre o río Paraná. Con todo descaro, algunhas das empresas contratistas que manexan resortes fundamentais da operatoria de YPF figuran con domicilio legal na sede da Federación do SOUBEN, o mesmo edificio que en 1958 ocupaban aqueles loitadores infatigábeis -tan penetrados de consciencia de clase- elixidos ao voto libre dos seus afiliados e que morreron case na pobreza.
Todo este proceso de privatización de YPF estivo viciado de ilegalidade desde a súa orixe. Entre as numerosas denuncias formuladas nos tribunais, co patrocinio do ex xuíz Salvador María Lozada, Piñeiro Solainas presentou no seu momento un recurso de inconstitucionalidade moi ben fundamentado. A resposta foi un atentado: nove balazos nunha praza de estacionamento; varios tiros que, afortunadamente, só atoparon as súas pernas, xa fose por milagre ou porque en realidade quen dispararon eran sicarios profesionais que só tiñan ordenes de intimidar.
Dada o xentío de antecedentes irregulares da privatización de YPF e do gas (até o punto de que se chamou á bancada parlamentaria a un deputado "trucho", a fin alcanzar o número necesario de votos), resulta agora cando menos xocoso escoitar as apelacións á "seguridade xurídica". Entre outras aberracións legais ou procedimentales, YPF foi vendida sen tasación previa, segundo prescribía a Lei de Reforma do Estado deseñada á mantenta polo "xenio" xurídico das privatizacións, Roberto Dromi, agora rehabilitado como asesor do ministro de Planificación, Xullo de Vido, e -oh ironía das ironías!- posíbel director técnico da agora pretendida renacionalización.
A xestión de REPSOL
Ao asumir a presidencia Néstor Kirchner, en 2003, a relación con Repsol pasaba por bos momentos. Como gobernador dunha provincia petroleira, Kirchner tivera un protagonismo relevante no proceso de privatización do petróleo e do gas e logo na negociación e a venda do paquete a Repsol. Así pois, as relacións cos directivos da empresa española ían por bo camiño.
Con todo, tras o colapso do réxime de convertibilidade, a pesificación e o default (suspensión de pagos), o campo das negociacións coas empresas privatizadas ou de servizos públicos concesionados estaba minado. En novembro de 2003, o noso amigo Rubén Lo Vuolo, advertía:
"É indispensable realizar unha estrita auditoría sobre as reservas comprobadas, tanto no campo do petróleo como do gas, e estabelecer restricións á relación entre as exportacións e as reservas. A prioridade é o normal abastecemento do mercado interno a prezos que sustenten as necesidades da matriz insumo-produto local. Isto obriga a revisar criterios de libre exportación de petróleo, gas natural e derivados, como así tamén as esixencias en materia de explotación. Antes de exportar, as empresas deberían mostrar evidencias certas con respecto a un horizonte de duración das reservas comprobadas que non sexa inferior aos 10-15 anos, como así tamén sería necesario estabelecer que as empresas produtoras de gas e petróleo destinen unha porcentaxe dos seus investimentos a actividades de exploración, con independencia da duración das reservas comprobadas dos seus xacementos". (1)
Nada diso se fíxo. As petroleiras seguiron funcionando como nos anos 90. E cando se impuxeron restricións á liquidación no país das divisas por exportacións, as petroleiras e as mineiras foron exceptuadas. Os gobernadores, á súa vez, outorgaron escandalosas prórrogas para a explotación de importantes xacementos, anticipándose 20 anos algunhas á data da súa vencimiento, cando a lei estabelece que, para renovar unha concesión, tense que avaliar a conduta e desempeño da empresa nas últimas décadas. Un verdadeiro esperpento. Quen sabe algo dos negocios financeiros, pode imaxinar facilmente as consecuencias que trae nos mercados de valores o feito de que a unha petroleira se lle renove a concesión dunha área produtiva por 20 anos.
Desinversión ou vaciamiento de YPF
As compañías mineiras e petroleiras gozaron de privilexios especiais, non só polo deseño e estrutura das privatizacións, acordes co modelo "neocon" dos anos 90, senón porque o marco regulatorio é absolutamente permisivo. Por exemplo, aínda nos casos comprobados de dano ao medio ambiente, as concesionarias non tiveron sequera que pagar o valor da reparación do ano ocasionado. Tampouco se expuxo a obrigación legal de reformular a operatoria para evitar futuros accidentes. Simplemente, cando foron sancionadas, as compañías extractoras limitáronse ao pago dunha multa, que é sempre infinitamente máis barato que un procedemento ambientalmente sustentábel.
Tanto Alfonso Cortina como Antonio Brufau, principais directivos de Repsol desde a compra de YPF, estiveron ao corrente destas historias. Non podían ignorar que máis cedo que tarde, pola forma de conducir o negocio, ían a un choque de trens co goberno arxentino, máis aló das vontades individuais.
O crecemento sostido da economía arxentina dos últimos anos, co correspondente incremento do parque automotor, disparou a demanda de combustíbeis e gas (fuel, gas e gasoil para a industria e o agro), factor ao que se agregarán as rabexadas da crise mundial, que tiveron grande impacto na conta dos hidrocarburos. Nun curioso negocio publicitado como o "proceso de arxentinización" de YPF, Repsol aceptara a venda do 25,4% das accións, por un valor de 1.304 millóns de dólares, ao Grupo Petersen do banqueiro arxentino Eskenazi, un antigo coñecido de Néstor Kirchner totalmente estraño ao negocio petroleiro. Repsol sacou aos seus principais homes de Bos Aires, e cedeu de inmediato a dirección da empresa aos novos socios. Uns socios que, conforme á enxeñaría financeira aprobada por Repsol e o goberno arxentino, puñan un dólar en man e cancelarían a súa débeda cos mesmos beneficios ou utilidades xerados pola compañía no futuro.
Ou sexa -e é crucial entender ben este punto-, que para recuperar o crédito canto antes, era fundamental aumentar os beneficios e diminuír o investimento, pero nun contexto totalmente diferente e adverso. O certo é que, dada a moratoria até 2013 acordada aos créditos a Eskenazi, Repsol non recibiu aínda nin xuros nin principal, estando, en troques, obrigada a recomprar ese paquete de accións de YPF (25,46%) a 34 dólares a acción, se perde o control maioritario da compañía arxentina -no mercado bolsista cotizaban o 13 de abril a 21,95 dólares- ou diminúen os beneficios ou utilidades repartidos.
Este proceso esta moi ben descrito nun recente traballo do colectivo arxentino Economistas de Esquerda (EDI):
"Repsol apoderouse de YPF cando o barril que actualmente rolda os 100 dólares só custaba 20 e dedicou a súa xestión a baleirar os pozos xa descubertos. Virou sistematicamente utilidades ao exterior e investiu noutras rexións (EEUU, Brasil, México, Caribe, África). Arxentina figurou sempre como a principal fonte de ingresos da compañía e a renda do subsolo nacional foi destinada a abrir negocios noutras latitudes.
Nos seus propios balances infórmase que eses lucros xurdiron do vaciamiento dos pozos xa existentes. Esa extracción asegurou un altísimo nivel de rendibilidade. Só no período 2008-2010 a empresa obtivo beneficios netos por 13.380 millóns de pesos e distribuíu o 90 % desas ganancias.
"Unha fraude complementaria foi perpetrada polos capitalistas arxentinos aliados do goberno (familia Eskenazi). Ingresaron á compañía adquirindo o 25 % das accións, con fondos xurdidos da distribución das utilidades. Non puxeron un só peso e financiaron a súa compra con créditos liquidados no vaciamiento da empresa.
"O goberno participou directamente desta operación. Desamalloou obstáculos legais e sancionou axustes de prezos nas bombas de gasolina. Supuxo que esta "arxentinización" permitiría recuperar o control sobre un sector devastado polas privatizacións. Porén o remedio foi peor que a doenza, xa que os empresarios nacionais acentuaron o parasitismo dos ibéricos.
Nos últimos meses este desastre comezou a repercutir sobre a economía e obrigou ao goberno a presionar por un incremento do abastecemento. O oficialismo enfurruñou cos seus vellos socios, tirou subsidios ás empresas (programas petróleo, refino e gas plus), denunciou sobreprezos no gasoil, cuestionou prácticas monopólicas (vender máis caro aos transportistas que nas bombas) e obrigou a liquidar as divisas de exportación. Ademais, votou no directorio de YPF contra a repartición de dividendos, ameazou con introducir fortes regulacións e despregou unha retórica moi belixerante ("non podemos volver á época do Virreinato")". (2)
O desencadenamento da crise e o xogo da pita
En decembro de 2010, a compañía Ryder Scott certificou a existencia de reservas de gas e petróleo non convencionais equivalentes a 22.807 millóns de barrís na zona de Vaca Muerta, entre as provincias de Neuquén e Mendoza. A súa explotación convertería á Arxentina en autosuficiente e triplicaría as reservas coñecidas do país. YPF, que produce o 39% do petróleo e o 28% do gas arxentinos, ve con esta certificación da súa concesión de Vaca Muerta aumentar o seu valor bolsista e a súa importancia estratéxica.
Ao mesmo tempo, folga dicilo, pon directamente en cuestión as fórmulas e expectativas que estaban detrás da "arxentinizacion de YPF" nun mercado global de forte competencia polas reservas de hidrocarburos, exacerbada pola irrupción das compañías petroleiras chinesas. A posta en explotación de Vacas Muertas esixe un investimento nos próximos anos de 25.000 millóns de dólares, mentres que o plano investidor comprometido por Brufau en carta á Presidenta Cristina Fernandez é de 3.416 millóns de dólares en 2012, despois de 3.029 millóns en 2011. A reinversión de beneficios de YPF esta limitada polo acordo co Grupo Petersen, que estabelece que se repartirá nun 90% para asegurar o pago dos créditos outorgados por Repsol para a compra do seu paquete de accións de YPF. As cifras, simplemente, non cadran, se a prioridade do goberno arxentino é o aumento da produción e a autosuficiencia enerxética, independentemente das comisións implícitas no proceso de nacionalización para controlar o 51% das accións de YPF (3).
É evidente que a partir de xaneiro de 2012 as autoridades arxentinas puxeron en marcha a súa estratexia. A propiedade das reservas é legalmente dos gobernos provinciais, seis dos cales comezaron a retirar as licenzas de explotación en zonas baixo a súa xurisdición, acompañando este acto administrativo coas oportunas mobilizacións populares. O efecto inmediato foi unha caída do valor bolsista das accións de YPF en máis dun 30%, e segue caendo... Segundo o rascuño do proxecto de nacionalización filtrado polo xornal Clarín, o goberno arxentino faríase co 50,01% das accións de YPF coa compra do 25,46% da familia Eskenazi e o 24,55% de Repsol, dun paquete maioritario actual do 57,43% da empresa española. A pesar de que calquera adquisición por encima do 15% obriga a unha OPA global sobre o conxunto de YPF, a estratexia do goberno arxentino é deixar de lado o 17% en mans de investidores institucionais, nunha boa parte de EUA, que sen dúbida atoparían compradores interesados no mercado, talvez chineses.
As idas e vindas dos negociadores españois durante estas semanas, incluíndo as infrutuosas viaxes a Bos Aires do ministro de industria Soria e do presidente de Repsol, Brufau -recibidos polos ministros arxentinos de economía, Hérnan Lorenzino, e de planificación, Xullo de Vido, pero non pola Presidenta Cristina Fernandez-, operan nun cronograma que se asemella ao que en teoría matemática de xogos chámase o "xogo da pita": un xogo no que ambos os xogadores poden destruírse, e gaña, se algún finalmente o fai, o máis temerario e con menor aversión ao risco. En efecto: en 90 días, os gobernos provinciais arxentinos deberán asumir os soldos dos persoais e as perdidas das regalías de YPF nas súas magros orzamentos; mentres, o prezo das accións de Repsol -non xa as de YPF- cederon un 26% do seu valor (de 23,73% a 17,47% euros) ante a perspectiva da nacionalización de YPF, fronte a unha caída media da bolsa de Madrid do 15%.
A convocatoria, a semana pasada, dunha reunión da Presidenta Cristina Fernández cos presidentes dos gobernos provinciais petroleiros espertou todas as alarmas no Reino de España, mentres circulaban polos bufetes de avogados especializados até catro rascuños distintos do proxecto de nacionalización de YPF. Desde Varsovia, onde acompañaba a Mariano Rajoy, o ministro de industria Soria, fixo unha advertencia, máis sombría aínda que puerilmente solemne, "ante os xestos de hostilidade", ameazando ao goberno arxentino con "serias consecuencias". O secretario de Estado para Europa, Méndez de Vigo, augurou que Arxentina se convertería nun "apestado internacional". Ao día seguinte, tras recibir ao embaixador arxentino en Madrid, o ministro de exteriores García Margallo elevou ante as cámaras o ton da ameaza, dedo en riste, tronando todo tipo de represalias (4).
O xogo da pita continúa: a diplomacia da "marca España", en acción
A crise de YPF-Repsol pilla á diplomacia española co pé cambiado e sumida nas súas contradicións, tras a formación do conservador goberno Rajoy en decembro de 2011.
As empresas españolas son o primeiro investidor estranxeiro na República Arxentina (23.000 millóns de dólares) e supoñen preto dun 15% do PIB arxentino. Ao mesmo tempo, emporiso -e con maior motivo, na situación de crise en España-, unha parte importante dos seus beneficios, do valor das súas accións en bolsa e a súa mesma natureza de empresas transnacionales depende dos seus investimentos en América Latina, que a comezos deste século superaban xa os 90.000 millóns de dólares. Actualmente, as súas supoñen dous terzos de todo o investimento directo española no exterior (5).
A reacción do goberno Rajoy -en metade dunha semana entre negra e esperpéntica, na que o diferencial da débeda española superaba os 410 puntos e a bolsa afundíase por baixo dos 7.300 puntos, cos "mercados" rexeitando os orzamentos e recortes do plano de axuste, unha delegación da Comisión europea inspeccionando as súas contas en Madrid e o Rei de España borboneando furtivamente en Bostuana- seguiu no ton de "enviar un sinal de confianza aos mercados". Probabelmente, co mesmo éxito para a "marca España" que o cultivado no tocante á economía nacional.
O "sinal" lanzado coa imperita cadea de destempladas ameazas de baixísima credibilidade, buscando máis ou menos erráticamente a alianza con México (que participa a través de Pemex como socio minoritario en Repsol) como presidente de quenda do G-20, coa Comisión europea, con Colombia (como anfitrioa estes días do Cume das Américas de Cartaxena), ou cos EUA, mostra até que punto a diplomacia española, tras o xiro expresamente neoconservador da súa política exterior, quedou illada en América Latina. Unha América Latina que se recupera das "décadas perdidas" ultraliberais, nas que as empresas transnacionais españolas fixeron o seu agosto en procesos de privatización máis que dubidosos, por dicir o menos. Nese proceso privatizador terminaron precisamente por constituírse como empresas transnacionais, e hoxe teñen que competir non só con outras transnacionales dos EUAe Europa, senón de Brasil e China. E teñen, ademais, que lidar cos lexítimos procesos de renacionalización e recuperación de soberanía iniciados polos gobernos dos países da ALBA e, agora, polo kichnerismo arxentino. E o certo é que, nesta situación de crecente competencia nun mercado globalizado, as empresas españolas, nin pola súa capacidade económica nin polo apoio político co que contan, se achan nas mellores condicións competitivas.
Pero todo é susceptíbel de empeorar, e os elementais erros de estratexia diplomática son desde logo un factor de empeoramento. O conflito polo 24,55% das accións en xogo de Repsol en YPF pode acabar afectando non só ao conxunto do investimento español en Arxentina, senón tamén en toda America Latina. A síndrome da "seguridade xurídica" da dereita española xorde directamente da súa experiencia traumática da crise arxentina de 2001, cando fronte á intervención da banca española en Arxentina, Aznar só puido recorrer á presión de EUA, ante a incapacidade de reacción da UE: iso, e non outra cousa, é o que propiciou o xiro "atlantista" que desembocou na foto dos Azores, a participación na Guerra do Iraque e a manifesta displicencia cara ao núcleo da "vella Europa". Pois ben; esa interpretación aznariana da defensa dos intereses da "marca España" e das empresas transnacionais españolas en America Latina constitúe agora o núcleo da nova política exterior conservadora española, sempre baixo presión do propio Aznar e do seu ideoloxicamente velenosa fundación FAES. Do que se trataría, en substancia, é dunha confrontación ideolóxica "sen complexos" co "populismo", e a favor da "liberdade de mercado" e da "democracia liberal" (6).
Máis consciente da tensión estrutural subxacente nos investimentos españois en América Latina, a diplomacia do anterior goberno do PSOE buscou unha estratexia de "acompañamento" e adaptación á nova situación política xurdida na última década, multiplicando alianzas asimétricas cos países da zona, apalancando politicamente os investimentos nunha estratexia multilateral iberoamericana e xestionando os conflitos inevitábeis cunha maior presión cara ás empresas españolas para que cumprisen coa súa "responsabilidade social corporativa", reinvestindo na zona. Unha estratexia que, polo menos, e xusto é dicilo, evitou no seu día choques abertos de Repsol con Ecuador, Bolivia e Venezuela.
O que, polo momento, parece primar agora é o borarate, e unha escalada de ameazas que non pode senón alimentar a consabida espiral de endurecemento de posicións, na República Arxentina non menos que no Reino de España. Nin que dicir ten que, nun marco de crecente debilidade do peso político español na UE, a contaminación por "inseguridade xurídica" dos investimentos españois en América Latina por mor dunha mala xestión diplomática da crise de YPF-Repsol agravaría a crise de confianza da UE no goberno Rajoy, para non falar dos ditosos "mercados".
NOTAS:
(1) Lo Vuolo, R. (2003): Estrategia económica para la Arxentina, Buenos Aires, Século XXI-Ciepp.
(2) Claudio Katz, Eduardo Lucita, Jorge Marchini et al.(marzo 2012): Afloran los límites del modelo, Buenos Aires. Economistas de Izquierda (EDI) (http://www.rebelion.org/noticia.php?ide=147522).
(3) Por suposto, non faltan teorías conspirativas de todo tipo na imprensa española para explicar a posición arxentina. Abonda asinalar unha, que recolle o novo espírito de "loita de clases" da dereita española, aparecida no xornal dixital El Confidencial: ((http://www.elconfidencial.com/opinion/mientras-tanto/2012/04/15/la-pasionaria-argentina-y-su-cachorro-marxista-9047/).
(5) Ver Alfredo Arahuetes, "Os investimentos directos españolas en America Latina no período 2001-2010", Anuario Iberoamericano 2011, (http://www.anuarioiberoamericano.es/pdf/2011/analisis/6_alfredo_arahuetes.pdf).
6) FAES, America Latina: una agenda de Libertad 2012, (http://www.fundacionfaes.org/record_file/filename/3304/america_latina_web.pdf) presentada recentemente, cun publico de opositores cubanos e venezolanos, no mesmo cenario en que se quere celebrar en outubro deste ano a Cimeira Iberoamericana, dedicada ás Cortes de Cadiz de 1812.
Nenhum comentário:
Postar um comentário