11/05/2012

Comunicado de imprensa do Encontro Irmandiño (11/05/2012)




O Encontro Irmandiño ante certas informacións que están aparecendo nalgúns medios, foros e redes sociais a respecto dos contactos que diversas forzas políticas que estamos a prol do Novo Proxecto Común estamos a manter, en concreto os tidos entre Acción Galega, +Galiza, Ecogaleguistas e o EI, queremos en exercicio da necesaria veracidade e transparencia á cidadanía, comunicar o que segue:

1.

En ningún momento estando presente o Encontro Irmandiño se fixou ningunha data para que este foro se pronunciase cun manifesto en ningún sentido a respecto do proceso de construción da nova forza política.

Isto sería incongruente coa postura mantida, e expresada fora e dentro, polo Encontro sobre o carácter deses contactos que non deben interferir no proceso de construción que debe ser de abaixo cara arriba para facer algo novo, participado e útil sen caer en vellos modos e erros doutras forzas que ven como a cidadanía lles viran as costas.

2.

O Encontro Irmandiño manifesta as súa vontade de continuar estes contactos co seu carácter inicial de servir de lugar de encontro para explorar mutuamente, intercambiar opinión e as ideas da pluralidade existente no nacionalismo e facilitar e axudar ao impulso respectando o proceso desde as asembleas de base, sen montar acordos de cúpulas para condicionar a participación cidadán.

Estamos convencidos de que esas asembleas nacionalistas constituídas son o mellor espazo para dialogar e acordar, aínda desde puntos de partida diferentes, o que nos une que non é outra cousa que a defensa da nosa nación e dos dereitos e benestar da súa cidadanía.

Neste sentido facemos un chamamento ás forzas políticas que estean a prol do novo proxecto a animar ao conxunto da súa militancia a participar neste proceso asembleario como xa o están a facer moitas xentes nas ducias de asembleas en marcha.

Galiza, 11 de maio de 2012

COORDINADORA DO ENCONTRO IRMANDIÑO

Nenhum comentário: