Silvia Ribeiro. Artigo tirado de SinPermiso (aquí) e traducido por Revolta Irmandinha.
O 21 de abril de 2012, o New York Times (NYT) publicou unha reportaxe mostrando que Walmart pagou 24 millóns de dólares en subornos, para construír tendas e dominar o mercado en México. Altos executivos de Walmart coñecían os casos desde 2005 e ocultárono. Pola contra, fraguaron unha investigación contra o denunciante, un ex executivo de Walmart que renunciou por sentirse discriminado, aínda que fora un dos encargados do pago de subornos.
Eduardo Castro-Wright, executivo identificado polo diario como a forza motora dos subornos, foi ascendido á vicepresidencia de Walmart México e logo a xefe de todas as tendas de Estados Unidos, por facer de México "unha das unidades con máis gaños".
Ante a mala publicidade, os executivos da empresa afirman que agora emprenderán investigacións. Todo indica que a denuncia do NYT representa unha mínima parte do negocio da corrupción de Walmart, outras grandes empresas e funcionarios. O diñeiro mencionado parece cambio de peto para unha transnacional que facturou 421 mil 849 millóns dólares en 2011.
Walmart é a empresa máis grande do mundo e foino por máis dunha década, superando a petroleiras e bancos na cima do poder económico mundial. Ten case o dobre de vendas globais que o seu competidor máis próximo, a cadea Carrefour.
En 2009, o negocio de vendas de alimentos e abarrotes superou por primeira vez ao poderoso mercado global da enerxía, pasando a ser o mercado máis grande do mundo. (Datos en Quen controlará a economía verde- www.etcgroup.org/es) Non é un rubro calquera. É un mercado cativo de toda a poboación global que non produce alimentos, porque ninguén pode vivir sen comer. A competencia por controlar ese inmenso mercado é feroz e como vemos, non coñece escrúpulos.
Desde a súa actual posición, Walmart controla e exerce unha influencia brutal sobre grandes sectores da produción, o consumo e a política. Practica unha notoria política antisindical, que comezou desde que o seu fundador Sam Walton anunciou que a base do seu negocio sería pagar salarios baixos e non pagar beneficios laborais. Sendo o empleador privado máis grande de Estados Unidos e México, Walmart logrou baixar significativamente os salarios medios de toda a industria. Máis de 60 por cento dos seus traballadores en Estados Unidos non ten cobertura médica e a cifra é maior en países do Sur.
En poucas décadas acumulou un historial impresionante de demandas que van desde non permitir a sindicalización de empregados a moitas outras razóns cubrindo case todo o espectro imaxinábel de violacións laborais: despedimentos inxustificados, discriminación de discapacitados e de xénero, traballo infantil, falta de cobertura de saúde, non pago de tempo extra, emprego de traballadores indocumentados, agresión contra vendedores fóra dos seus locais e outras. En Estados Unidos foi obxecto de 40 "accións de clase" en diversos Estados, principalmente por discriminación de xénero, implicando a millóns de mulleres. En México ten o primeiro lugar en demandas laborais no Distrito Federal (Laura Gómez, La Jornada, 3/5/12).
Walmart de México (Walmart, Sam's Club, Adegas Aurrera, Superama, Suburbia, Vips, El Portón e Ragazzi) controla máis da metade do mercado de vendas comerciantes polo miúdo no país, superando a todas as outras cadeas xuntas. Ten unha agresiva política para eliminar competidores en cidades e poboacións máis pequenas, onde se estabelece moitas veces contra as protestas da comunidade. Comeza ofrecendo prezos máis baixos e cando os comercios locais desaparecen, auméntaos mesmo considerabelmente por arriba de nivel medio. Segundo Walmart Watch, organización de afectados o xigante en Estados Unidos, por cada dous empregos que xera nunha comunidade, pérdense tres.
A entrada do xigante aos contratos agrícolas con pequenos produtores significou a ruína de moitos campesiños de Centroamérica, que seducidos pola suposta "oportunidade", crebaron en pouco tempo debido ás demandas de uniformidade, cantidade, prazos, empaquetados e o control imposto de certificadoras internacionais, quedando con grandes débedas polos investimentos que realizaron para poder entrar ao xogo.
Os prezos baixos de Walmart débense tamén á utilización sistemática de maquiladoras en condicións de extrema explotación. Unha traballadora dunha maquila en Bangladesh dixo a Los Angeles Times en 2003 que o seu horario normal era de 8 da mañá a 3 da madrugada, para sobrevivir co nivel de pagos que fixaba Walmart. O xerente desa maquila queixouse de que "aínda debían mellorar, porque Walmart conseguía mellores resultados en China". En efecto, agora 80 por cento dos produtos de Walmart son producidos en China, en pésimas condicións laborais, á conta da calidade e en varios casos demostrados, usando produtos tóxicos por ser máis baratos. De todas as exportacións chinesas, 12 por cento van aos andeis de Walmart.
Walmart é un caso extremo de impactos contra traballadores, consumidores, comunidades saúde e ambiente, mais non é unha excepción, é a norma do sistema industrial globalizado, particularmente en alimentos. Ao outro extremo desa mesma cadea, cun historial de abusos semellante, están Monsanto, Syngenta e outras. Por fortuna, a maioría dos alimentos son producidos fóra desas cadeas por campesiños, pastores, pescadores artesanais e hortas urbanas. Apoiar esa produción e consumir produtos locais e sen químicos é fundamental para minar a estes xigantes que queren controlar a nosa comida, a nosa saúde, os nosos traballos, as nosas comunidades, a nosa vida.

Nenhum comentário:
Postar um comentário