Antón Baamonde. Artigo tirado de El País (aquí) e traducido por Revolta Irmandiña.
Cando, a fins do setenta, houbo as primeiras eleccións xerais en Galiza, a suma de UCD e AP dáballe ao conservadurismo local case o 70% dos votos, deixando o 30% restante para unha amálgama que ía desde o PSOE até o BN-PG pasando polo PC ou EG, siglas que hoxe só identificarán os máis provectos. Hoxe, o PP, case a única marca da dereita, afai rozar o 46 ou 47% dos votos, o que adoita darlle a maioría absoluta, se D'Hondt funciona adecuadamente. Deixo á marxe o resultado do 20-N do ano pasado, que non fai palleiro. Os seus opositores, PSdeG e BNG están, máis ou menos, nunha situación de equilibrio inestábel, que pode levarlles ao goberno da Xunta. Ou non, que diría Mariano.
Así pois, hai competencia electoral. Poden gañar os uns ou os outros, dependendo da labilidade do electorado, cada vez máis volátil. Non é algo que sucedese na longa época de hexemonía indiscutida do PP, cando Fraga bloqueaba todos os camiños. Hoxe, o poder en Galiza depende do canto dun duro ao caer. Por que isto é así? Dito doutro xeito, por que o asombroso poder conservador está agora en causa?, por que, segundo todos os indicios, cada vez estarao máis? A resposta hai que buscala nos datos de fondo da estrutura social. O que pasou entre mediados do setenta e hoxe mesmo é que Galiza se converteu nun país de traballadores. Deica pouco aos paisanos haberá que buscalos cun candil. E, como van as cousas, talvez tamén aos obreiros industriais. Un recente informe de CC OO mostraba a caída do emprego non só na construción, senón tamén noutros sectores -o naval está ao bordo da extenuación. Así que case o 70% do emprego recae no sector servizos.
O que un pode atopar de modo máis abundante en Galiza son, ademais de parados, empregos de baixos salarios, moi dependentes das rendas derivadas do sector público -sanidade, educación. Non é un perfil que, a priori, deveña grandes rendementos futuros ao PP, que gañou en España as súas enormes maiorías no peor momento para consolidar un proxecto de fondo. O normal, pois, é que prosiga o xiro á esquerda e ao nacionalismo, aínda que non de modo inevitábel. Hai que lembrar que nas dúas últimas décadas o PP fíxose cun grande número de electores nos barrios obreiros dos cintos de Madrid e Barcelona -aquí, con CiU. Ademais, no noso caso, a inercia ideolóxica xoga a favor dos conservadores.
Porén da crise Galiza vai saír moi mal parada. A estrutura social está a mutar á calor da crise, e a política seguiralle, antes ou despois. Certas elites da Coruña e Vigo están a desaparecer do mapa, ou desinflándose. O Banco Pastor desapareceu, o mesmo que as dúas caixas. Segundo todos os indicios, non tardará en saír a poxa o Novagalicia Banco. Os empresarios que atopaban nesas entidades comprensión para as súas coitas non terán xa, alén da mesa, un interlocutor. Moitas empresas desaparecerán, como xa o están facendo. Máis abaixo na escala social, a crise do capitalismo está a levarse por diante ao Estado do Benestar. Desde a caixeira do Gadis ao profesor de secundaria, todo o mundo se empobrecerá.
O normal é que iso acabe reflectíndose en transformacións ideolóxicas que estamos lonxe de poder percibir nos seus contornos. Sabemos que o que se coce na pota faino moi lentamente, aínda que a crise acelere os tempos da recomposición. No medio dunha desafección crecente á política estabelecida, é normal que a maioría do PP se torne fráxil outra vez. Pasado o tsunami o probábel é que os seus votantes reflúian. Os beneficiarios serán socialistas e nacionalistas, pero non hai que descartar a aparición de novas forzas. O novo partido nacionalista, para sobrevivir, ten que conseguir non só electores do BNG, senón tamén votantes do PP e do PSdeG. Nese caso removeríanse as estancadas augas do sistema político vixente desde hai décadas. Porén tamén pode suceder que esa opción apande co sambenito de reter o poder para Feijóo se resta no canto de sumar. Ninguén o sabe.
Galiza está, nestes momentos, en recomposición. Os que mandaban están a deixar de facelo, mais aínda non sabemos quen os substituirá, nin con que criterios. Non só é un oco político. É un buraco social, económico, o que se abre. Tamén de discurso. Vivimos nun deses instantes que constitúen unha divisoria, nos que se fragua o xogo de forzas futuro dunha sociedade. Todos os vectores, incluídos os intelectuais e morais, os marcos de pensamento dunha sociedade, están reconfigurandose. Non é o 98, co seu carácter agónico, mais, a un certo modesto nivel, a depresión de hoxe pode provocar unha crise de lexitimidade, unha desafección de diversos segmentos sociais que veremos a quen aproveita.

Nenhum comentário:
Postar um comentário