10/03/2014

Desigualdade, produtividade e WhatsApp

Robert Reich. Artigo tirado de SinPermiso (aquí). Robert Reich foi secretario de Traballo de EEUU baixo a Administración Clinton. É catedrático de Políticas Públicas en la Universidad ede Berkeley. Autor de ‘Aftershock’.


Se por acaso se perguntan vostedes polas causas que xeran o enorme aumento da desigualdade en norteamérica, cavilen na recente adquisición da empresa de mensaxes con telefonía móbil por Facebook. De acordo coas informacións xornalísticas, Facebook acordou a compra de WhatsApp por 19 mil millóns de dólares.

É o maior prezo pagado na historia por unha empresa incipiente. Son 3 mil millóns máis que o recollido por Facebook cando saíu ao mercado, e mais do duplo do que Microsoft pagou por Skype. (Para ser precisos, 12 mil millóns deses 19 mil millóns de dólares son a conta de accións en Facebook, outros 4 mil millóns en efectivo e 3 mil millóns en forma de accións restrinxidas para o persoal de WhatsApp a catro anos).

Dado este importe, podería pensarse que WhatsApp é unha grande empresa. Pois non. Ten 55 empregados, incluídos os dous mozos fundadores, Jan Koum e Brian Acton. O valor de Whats App non vén de que fabrique nada. Non precisa unha grande organización para distribuír os seus servizos ou desenvolver a sua estratexia.

O seu valor procede de dúas cousas que precisan só dun feixe de persoas. Primeiro, a súa tecnoloxía: unha app simple e potente que permite aos utentes enviar e receber mensaxes de texto, imaxe, audio e video a través da Internet.  Em segundo lugar, o seu efecto de rede. Canta máis xente o emprega, máis xente quere e necesita usala para poder conectarse. Nesa medida, o mesmo que Facebook, está impulsado pola conectividade. 

O uso WhatsApp a escala mundial máis que dobrouse nos últimos 9 meses, chegando a 450 millóns de persoas: e segue medrando por volta dun millón de utentes por día. O 31 de decembro de 2013 manexou 54 mil millóns de mensaxes (facendo que o seu servizo fose máis popular que Twitter, agora valorado en por volta de 30 mil millóns de dólares).

Como gañan diñeiro? O primeiro ano o uso é de balde. Logo, os utentes pagan unha pequena cantidade. Á escala xa alcanzada, até unha ínfima cantidade xera enormes volumes de dólares. E se entra a publicade comercial, os seus anuncios poderían ser ollados máis que a través de calquera outro medio na historia. Xa dispón dunha base de datos que podería explotarse para tirar dela inxentes cantidades de información sobre unha porcentaxe significativa da poboación mundial.

Os gañadores aquí son, desde logo, gañadores ao grande. Os 55 empregados de WhatsApp son agora enormemente ricos. Os seus dous fundadores son agora milmillonarios. E os socios da empresa de capital risco que os financiou colleitaron unha fortuna.

E nós, todos os demais? Somos gañadores, no sentido de que dispomos dun modo aínda máis eficiente de conectarnos.

Porén non tempos máis postos de traballo.

Na economía que está surxindo non hai xa correlación entre as dimensións da base de consumidores e o número de empregados necesario para prestarlles un servizo. O certo é que a combinación tecnoloxías dixitais e enormes efectos de rede redúcese drasticamente - a níveis sen exemplo histórico - a proporción de empregados en relación cos consumidores (os 55 empregados de WhatsApp é todo o que precisan os 450 millóns de utentes).

Por en canto, desaparecen aceleradamente os traballadores de correos, os operadores de chamadas, os instaladores telefónicos, os operarios e servidores de cables, así como millóns de traballadores da comunicación. O mesmiño que os vendedores ao por menor desaparecen con Amazon, os oficinistas e as secretarias con Microsoft e os libreiros e os editores de enciclopedias con Google.

A produtividade segue subindo, como os beneficios empresariais. Porén os postos de traballo e os salarios non medran. A menos que descubramos a forma de realiñalos - ou de distribuír mais amplamente os gaños -, a nosa economía non conseguirá xerar suficiente demanda para sustentarse a si mesma. E a nosa sociedade non poderá conservarse o bastante cohesionada como para que vivamos xuntos e en paz.

Nenhum comentário: