Mostrando postagens com marcador à rasca. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador à rasca. Mostrar todas as postagens

12/10/2011

Ocupade Wall Street frente aos malfeitores

Paul Krugman. Artigo tirado de SinPermiso (aquí) e traducido para o galego por nós. Publicado en 9 de outubro en El País. 
Cadro cubista de Pablo Picasso.

Aquí está a pasar algo. Non está claro exactamente o que é, pero poida que por fin esteamos a asistir á aparición dun movemento popular que, a diferenza do Tea Party, está enfadado coa xente coa que hai que estar enfadado.

Cando empezaron as manifestacións de Ocupa Wall Street, fai tres semanas, a maioría dos medios informativos desdeñaban os incidentes, se é que se dignaban a mencionalos. Por exemplo, despois de nove días de manifestacións, a Radio Pública Nacional non dera a máis mínima información sobre eles.

Por tanto, o feito de que as manifestacións non só continuasen, senón que ademais crecesen e acabasen volvéndose demasiado importantes para ignoralas, é unha proba da paixón dos que participan nelas. Agora que os sindicatos e un número cada vez maior de demócratas expresan polo menos un apoio matizado aos manifestantes, Ocupa Wall Street empeza a parecerse a un acontecemento importante que, co tempo, mesmo podería chegar a considerarse un punto de inflexión.

Que podemos dicir das manifestacións? O primeiro é o primeiro: a acusación dos manifestantes de que Wall Street é unha forza destrutiva, económica e politicamente é totalmente acertada.

Un cinismo esgotador e a certeza de que nunca se fará xustiza apoderáronse dunha gran parte do noso debate político e, si, eu mesmo sucumbín ás veces. Mentres tanto, resultou fácil esquecer o escandalosa que é realmente a historia das nosas desgrazas económicas. Por iso, no caso de que o esqueceron, foi unha obra en tres actos.

No primeiro acto, os banqueiros aproveitáronse da liberalización para desmandarse (e pagarse unhas espléndidas sumas), inflando unhas enormes burbullas mediante uns préstamos temerarios. No segundo acto, as burbullas picáronse, pero os contribuíntes rescataron aos banqueiros, con moi poucos compromisos a cambio, aínda que os traballadores normais e correntes seguían sufrindo as consecuencias dos pecados dos banqueiros. E no terceiro acto, os banqueiros mostraron o seu agradecemento volvéndose contra a xente que lles salvou e proporcionando o seu apoio -e a riqueza que seguían posuíndo grazas aos rescates- aos políticos que prometeron manter os seus impostos baixos e eliminar a moderada normativa que se estableceu por mor da crise.

Tendo en conta esta historia, como é posíbel non aplaudir aos manifestantes por tomar finalmente partido?

É verdade que algúns dos manifestantes van vestidos de forma estraña ou teñen lemas que parecen absurdos, o que é inevitábel dado o carácter aberto dos acontecementos. Pero e que? A min, polo menos, oféndeme moito máis ver a uns plutócratas con traxes de corte exquisito, que deben a súa permanente riqueza ás garantías do Goberno e quéixanse de que o presidente Obama dixo cousas malas sobre eles, que ver a uns mozos desfarrapados denunciando o consumismo.

Teñan en conta tamén que a experiencia deixou penosamente claro que os homes traxeados non só non teñen ningún monopolio sobre a sabedoría, senón que ademais teñen moi pouca sabedoría que ofrecer. Cando os bustos parlantes de, poñamos por caso, a CNBC se mofan dos manifestantes pola súa falta de seriedade, lembren cantas persoas serias aseguráronnos que non había unha burbulla da vivenda, que Alan Greenspan era un oráculo e que os déficits orzamentarios farían que se disparasen os tipos de interese. Unha crítica mellor aos manifestantes é a súa falta de reivindicacións políticas concretas. Seguramente resultaría útil que os manifestantes se puidesen pór de acordo sobre polo menos algúns cambios políticos que lles gustaría ver promulgados. Pero non deberiamos conceder demasiada importancia á falta de concreción. Está claro que clase de cousas queren os manifestantes de Ocupa Wall Street, e en realidade é aos intelectuais políticos e aos políticos a quen lles corresponde o labor de completar os detalles.

Rich Yeselson, un experto organizador e historiador de movementos sociais, suxeriu que a axuda para as débedas dos estadounidenses que traballan sexa un dos temas centrais das manifestacións. Eu secúndoo, porque dita axuda, ademais de facer xustiza económica, podería contribuír en gran medida á recuperación da economía. E suxeriría que os manifestantes tamén esixan investimentos en infraestruturas -non máis recortes de impostos- para axudar a crear postos de traballo. Ningunha proposta vai converterse en lei no actual clima político, pero a razón principal das protestas é cambiar ese clima político.

E iso abre verdadeiras oportunidades políticas. Non, por suposto, para os republicanos de hoxe día, que instintivamente se pon de parte dos que Theodore Roosevelt alcumaba os malfeitores de gran riqueza. Mitt Romney, por exemplo, quen, dito sexa de paso, probabelmente pague menos impostos con respecto aos seus ingresos que moitos estadounidenses de clase media, condenou rapidamente as manifestacións chamándoas "guerra de clases".

Pero aos demócratas estáselles brindando o que equivale a unha segunda oportunidade. O Goberno de Obama xa desperdiciou antes unha grande cantidade de posíbel boa vontade ao adoptar unhas medidas benignas cos banqueiros que non conseguiron pór en marcha unha recuperación económica, e iso que os banqueiros devolveron o favor volvéndose en contra do presidente. Agora, con todo, o partido de Obama ten a oportunidade de empezar de cero. O único que ten que facer é tomarse esas manifestacións tan en serio como merecen tomarse.

E se as manifestacións incitan a algúns políticos a facer o que deberían estar facendo desde o principio, Ocupa Wall Street sería un éxito clamoroso
.

11/06/2011

Portugal: Passos para o rescate

IGADI. Artigo tirado de aquí.
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiNWkSu0ASXpUXjI73frbVE2RQG_xlVuxCu5iczL0f_QSDgsB8HIP9VEbFWG3YI6M9q8SINIlzYwUSyeQ4DRNSWo9RdPgUropSnvYjGLoZXgjgyAPwd-B30sVQGT4mnh6eNjFCiv0sPlmcw/s400/Pedro+Passos+Coelho_zorate.jpg

A vitoria da dereita nas eleccións lexislativas portuguesas celebradas o pasado 5 de xuño, proxectando ao líder do Partido Social Demócrata (PSD), Pedro Passos Coelho cara a xefatura do goberno en Lisboa, remata o ciclo de dominio do Partido Socialista (PS) iniciado en 2005 co ata agora primeiro ministro José Sócrates, desta vez varrido polos efectos da crise económica e dun rescate financeiro internacional valorado en 78.000 millóns de euros.

Cun goberno do PSD practicamente establecido e próximo á maioría absoluta, en gran medida fortalecido polo apoio que terá na Asemblea da República doutro partido da dereita, o CDS-, sumando 129 deputados dun total de 230 escanos, así como polo respaldo da Presidencia da República en mans do histórico líder conservador Aníbal Cavaco Silva, o próximo primeiro ministro Passos Coelho afrontará un escenario político máis favorable para negociar coa denominada troika que xestiona os designios da economía portuguesa, conformada polo Banco Central Europeo (BCE), a Comisión Europea e o Fondo Monetario Internacional ().

Esta troika observa con beneplácito a vitoria da dereita portuguesa, en especial á hora de aprobar os plans de axuste macroeconómico e de recortes no gasto público, un escenario dificilmente posible ante a perspectiva dun goberno minoritario con Sócrates como primeiro ministro. Precisamente, o propio Cavaco Silva urxiu a Passos Coelho a formar inmediatamente un novo goberno, con preferencia antes do vindeiro 23 de xuño.

Un próximo goberno do PDS/CDS-PP deixa nunha complexa situación á portuguesa, con 97 escanos parlamentarios repartidos entre o PS, a Coligaçao Democrática Unitaria (CDU)-Partido Comunista Portugués (PCP) e o Bloco de . Ao mesmo tempo, a elevada abstención, cifrada nun 41,1%, certifica a sensación de cansazo social e de distanciamento da clase política dos cidadáns, sumamente preocupados polos efectos da recesión económica e da desocupación laboral, estimada en 12,6% a finais de abril de 2011. En clave política, esta elevada abstención tamén constitúe un factor a ter en conta polo próximo goberno portugués.

Passos Coelho abre un novo ciclo

Tras as eleccións lexislativas do pasado 5 de xuño, o mapa político portugués mudou de forma considerable para o período de goberno 2011-2015. O  centrodereita do Partido Social Demócrata (PSD), liderado por Pedro Passos Coelho, alcanzou o 38,3% dos votos, con 105 deputados, o seu mellor resultado só superado polas maiorías absolutas alcanzadas polo seu histórico líder e actual Presidente da República portuguesa, Aníbal Cavaco Silva, nas eleccións de 1985 e 1991.

Pola súa banda, o ata agora gobernante Partido Socialista (PS) do primeiro ministro José Sócrates, sufriu unha importante caída con respecto aos comicios de 2009, alcanzando o 28,05% dos votos, cun total de 73 deputados, o peor resultado deste partido desde 1991. O dereitista Centro Democrático Social-Partido Popular (CDS-PP) liderado por Paulo Portas, alcanzou o 11,74% dos votos, con 24 deputados. Outros partidos, na esquerda, como a Coligaçao Democrática Unitaria (CDU)-Partido Comunista Portugués (PCP) e o Bloco de Esquerda, alcanzaron respectivamente o 7,94% (16 deputados) e o 5,19% (8 deputados).

Deste modo, o novo panorama político portugués sinala unha clara hexemonía da dereita na Asemblea da República, a través dunha coalición PSD/CDS-PP que permitirá abordar un período de maior estabilidade política, en particular á hora de dar curso ao draconiano programa económico de axuste esixido pola denominada troika que xestiona a economía portuguesa desde marzo pasado. Cun rescate financeiro valorado en 78.000 millóns de euros, esta troika precisaba dun goberno maioritario en Lisboa que permitira a aprobación inmediata das reformas económicas estipuladas, razón pola que recibiron con beneplácito a vitoria de Passos Coelho.

Obviamente, estes comicios certificaron unha gran derrota para Sócrates e o PS, afectados polo nivel da crise económica e unha errática andaina política nos derradeiros meses, que levaron a dimisión do goberno e ao adianto electoral. Tras os resultados do domingo 5, a dimisión inmediata de Sócrates como secretario xeral do PS confirma igualmente o seu desprazamento político. Xunto a el, o outro gran derrotado da cita electoral é o Bloco de Esquerda, liderado por Francisco Louça, que perde a metade dos seus deputados con respecto aos comicios de 2009, pasando de 16 escanos a 8. Non obstante, o óptimo resultado alcanzado pola CDU-PCP, liderado por Jerónimo de Sousa, matiza en gran medida o fracaso deste segmento político e ideolóxico, sendo o único partido da esquerda en crecer eleitoralmente, gañando un deputado con respecto aos comicios de 2009. 

Caso aparte merecen dous factores políticos aparentemente periféricos, como son a elevada abstención (41,4%), un índice histórico polo seu elevado nivel en eleccións lexislativas; e a aparición do fenómeno do Movemento 12 de Marzo (M12M), popularmente coñecido como Geraçao á rasca, con síntomas de descontento cidadán similares ao Movemento 15 de Maio no Estado español.

Como sucedera co 15/M nas eleccións municipais españolas do pasado 22 de maio, o M12M en tentou chamar a atención respecto ás súas demandas e protestas, con relevante intensidade, manifestada nunha abstención electoral que certifica o nivel de distanciamento e descontento cidadán coa súa clase política. Días antes das eleccións, o M12M presentou un documento no que demandaba un referendo popular para decidir sobre as medidas do rescate financeiro, así como o remate coas listas electorais pechadas.

Un draconiano programa de axuste

Con este panorama, o goberno dereitista de Passos Coelho cumprirá cos acordos establecidos no Memorando de Rescate adoptado polo goberno de Sócrates coa Unión Europea e o FMI en marzo pasado. As reformas macroeconómicas e a redución do gasto público moi probablemente darán paso aos grandes recortes en materia de infraestruturas (principalmente das liñas de Alta Velocidade Lisboa-Madrid e Vigo-Porto). Tamén está en perspectiva un amplo plan de privatizacións de empresas e entidades con participación estatal, como son os casos do banco Caixa Geral, do xestor Aeroportos de Portugal (ANA), da liña aérea portuguesa TAP Air Portugal, Correos de Portugal (CTT) e das participacións estatais nas empresas eléctricas Energías de Portugal (EDP) e da Rede Eléctrica Nacional (REN). O novo goberno portugués espera recadar aproximadamente 6.000 millóns de euros a finais de 2011, que servirán para cumprir pagamentos da débeda pública portuguesa.

Durante a campaña electoral, o propio Passos Coelho recoñeceu que o Memorando da troika cumpre cos postulados do programa político do PSD, especialmente en materia de regulación do mercado laboral e empresarial, das reformas no sistema xudicial, no mercado inmobiliario, da sanidade, educación, servizos públicos e dimensións do sector público, entre outros. Velaí en gran medida a satisfacción causada pola súa vitoria tanto en Bruxelas como no FMI, así como nos investidores estranxeiros e na leve caída da prima de risco da débeda portuguesa, no luns 6 posterior ás eleccións.

Paralelamente, diversas fontes financeiras especulan con que o Goberno de China e investidores deste país asiático poderían converterse en fortes compradores dos bonos que o Mecanismo de Estabilidade Financeira (EFSF polas súas siglas en inglés) emitirá este mes de xuño para financiar o rescate portugués. Beijing posúe cantidades significativas de débeda soberana portuguesa e grega. China tamén participou en xaneiro pasado na oferta de financiamento do rescate irlandés, aínda que sen desvelar a cantidade.

Non obstante, o panorama socioeconómico dista moito de xerar óptimas expectativas. A Oficina de Estatística da UE e o Instituto Nacional de Estatística (INE) portugués estimaron o desemprego en 12,6% da poboación economicamente activa en abril de 2011. En maio de 2011, o INE calculou que un 20% da poboación, un total de dous millóns de persoas, viven baixo o limiar da pobreza, a metade delas persoas con máis de 70 anos. Igualmente, o FMI estimou un crecemento cero da economía portuguesa en 2011, incluso coa predición dunha caída estimada en 2% para 2012, escenario que certifica unha prolongada etapa de recesión económica para Portugal, xusto no período de goberno de PDS/CDS-PP.

Galicia tras as eleccións portuguesas

Resulta indubidable que o novo mapa político portugués repercutirá considerablemente en Galicia, principalmente no aspecto económico aínda que tamén se manteñen paralelismos de carácter político e electoral, a tenor da recente e contundente vitoria do Partido Popular de Galicia (PPdG) nas eleccións municipais celebradas o pasado 22 de  maio.

Un goberno de Passos Coelho e da coalición PSD/CDS-PP en Lisboa certificará un retraso máis prolongado da finalización do AVE entre Vigo e Porto, en principio previsto para finalizar en 2015. Paralelamente, a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) e o Eixo Atlántico, solicitaron unha inmediata reunión con Passos Coelho para considerar as consecuencias negativas no comercio transfronteirizo derivadas da posta en marcha do cobro nas autovías SCUT portuguesas desde outubro de 2010 no Norte de Portugal, e que se estenderon en abril pasado ao resto do país, no marco do pacto de goberno estipulado polo ex primeiro ministro Sócrates co PSD.

Precisamente, o Eixo Atlántico advertiu recentemente da caída dun 14 e 20% do tráfico entre as autovías portuguesas A-27 e A-28, respectivamente, así como unha caída do 50% do comercio transfronteirizo. O novo panorama político portugués e a persistencia da crise económica igualmente influirán noutras entidades de cooperación transfronteiriza, como a Asociación Europea de Cooperación Transfronteiriza (AECT) entre Galicia e o  Norte de Portugal, así como na recen constituída Rexións do Suroeste Europeo (RESOE) entre Galicia, Norte de Portugal e Castela e León.

11/04/2011

"Geração À Rasca: E Agora?"

Paula Gil (promotora da manifestação de 12 de Março) e Rui Maia (Precários Inflexíveis) respondem às perguntas dos internautas sobre as perspectivas futuras do movimento contra a precariedade.