24/04/2010

Um mundo (nacionalista) feliz


Brave New World é o título do romance Aldous Huxley que aparecera em 1932, título tomado do acto V de A tempestade de Shakespeare. Impestivos estám no lamazal os que vivem empoleirados num mundo (nacionalista) feliz:



"Retorna o sono. Vólvome deitar. Recobrei o sosego. Os menestrais de onte fican no lamazal político dos miserábeis -coas miñocas e os insectos. Os bois de tiro xa non pasan por alí. Os menestrais -mosquitos todos, moscas verdes e tabaos- morrerán de inanición. Confinados no illó".




Nava novo em Elsinor... aram os bois e chove. O mundo feliz contenta-se com o controlo do aparato. "Es preferible el camino a la posada", invertendo os termos claro está. Nom quer transformar o país, nom tem projecto de país. Nem tam sequera é quem de ver afora das instituiçons das siglas dos seu empório enfastiante: UPG, S.L., que se di marxista, leninista e nom sabemos quanto mais, mas que é coma o café sem café que elaborava um célebre personage dumha série da TVG. Aquel fazia-o com as paras das patacas, estes fam-no com erotismo. "Con la Iglesia hemos topado, amigo Sancho."

"Noutras palabras: apostei por que ninguén dispararía contra outro/a camarada nen ninguén mataría ao mensaxeiro. Trabuqueime. E fun apenas unha das vítimas ou, millor dito, "casualties" producidas polos "danos colaterais" da extraña e estúpida guerra irresponsábelmente terceiro-mundista que alí se desatou entre diversos grupos de cadros -poisque a militancia de base non encadrada en sectas foi público estupefacto que apenas tivo opción a outra cousa que exercer o voto. Foilles pior a moitos camaradas que se esgazaron a pel e máis a alma nun denodado esforzo por tenderen unha vez tras outra pontes e varandas -ai, "se o mar tivera varandas"!- e que axiña eran derrubadas enriba diles. E, sobre todo, foille moito pior á militancia máis enxel e inocente. Saímos dese proceso nas piores condicións imaxinábeis cando o encetáramos.
"Agora, compre reflexionar. Reflexionemos, pois. Matinemos e falemos en procura dos acordos precisos. Está en xogo a supervivencia mesma do único instrumento político xenuino de que dispón a cidadanía que integra esta nosa nación. Somos responsábeis perante ela. E xa comezou a facer acenos de que está disposta a esixirnos esa nosa responsabilidade e facernos pagar se a defraudamos. Non valen excusas nen coartadas. Non hai caudillo nen tribuno que valla, di a oración profana dos escravos da terra revoltados. En ningures, nen fóra nen dentro do Nós. Só de Nós, do coraxe e lucidez de todos nós depende."
Así, remataba a suposta mensaxe póstuma de Snowball. Era un enigma. O único certo é que, polo que se bota de ver no desenlace do Animal Farm, ninguén lle fixera caso -ou se alguén llo fixera, non vivira para contalo. Fun para a cama morto de sono, e soñei con Benxamin, o burro sabio da fábula: tiña o rostro de Orwell, e a muller de Koestler dicíalle sorrindo "Donkey George"...
Aquel instrumento de emancipaçom social e nacional pioneiro na Europa, modelo para o BE e Die Linke, arde enquanto Dom Celidónio lhe ordena a banda que toque outra tocata: "Aquellos valientes coroneles". Ladran, luego cabalgamos, amigo Sancho...

Um comentário:

Paula Verao disse...

http://www.encontroirmandinho.org/