E iso é algo positivo, e débeselle ao bo desempeño do Goberno de Venezuela". E engadiu o Dr. Treki, ministro no seu día de Relacións Exteriores de Libia e embaixador dese país en Francia: "En Venezuela hai un sistema que traballa para facer felices as persoas. Esa é a mellor forma de facer democracia". ¿Alguén o dubida? No presente ano, o Goberno presidido por Hugo Chávez asignou un orzamento de máis de 72.000 millóns de bolívares para programas sociais -case un 46% do total nacional-, política esta, aplicada tamén en anos anteriores, o que ten permitido en Venezuela unha redución da pobreza xeral do 42,8% en 1999 (ano da chegada de Chávez ao poder) ao 24% en 2009, reducíndose tamén a pobreza extrema no mesmo período, do 21% ao 6%. ¿Recoñecerán isto os inimigos do actual Goberno democrático do país caribeño? Venezuela tamén foi recoñecida pola Unesco como "territorio libre de analfabetismo", e na actualidade existen estudos universais e gratuítos de primaria, secundaria, preuniversitaria e universitaria, ademais de atención médica xeneralizada en todo o país. ¿Seguirán algúns a negar a realidade do éxito da democracia venezolana?
A Comisión Económica para América Latina, institución máis coñecida como Cepal, con sede en Santiago de Chile e unha das cinco comisións rexionais das Nacións Unidas no mundo, di claramente no seu informe correspondente ao ano 2009 que Venezuela está hoxe á vangarda na superación da pobreza e a desigualdade en América Latina e Caribe. E vaia un dato. No ano 1999 só se beneficiaban de atención alimentaria escolar 252.000 nenos. A día de hoxe benefícianse máis de 4 millóns e medio: un 1.500% máis. ¿Existirá alguén que negue os programas sociais do Goberno de Hugo Chávez? ¿E o salario mínimo en Venezuela? Entre 1999 e 2010 aumentou un 794%. O éxito acaba sendo innegábel.
Nenhum comentário:
Postar um comentário