Vicenç Navarro. Artigo tirado de Público (aqui) e traducido por nós para o galego. Viceç Navarro é director do Observatorio Social de España e catedrático da UPF. A ilustración é de Mikel Jaso
Unha das características máis rechamantes do Estado do benestar español é o seu escaso financiamento, o cal explica o seu escaso desenvolvemento. Segundo os últimos datos dispoñíbeis de Eurostat, a axencia estatística da Unión Europea, España ten o gasto público social por habitante máis baixo da UE-15 (o grupo de países de semellante desenvolvemento económico ao español). Un tanto semellante ocorre se se escolle outro indicador: o gasto público social como porcentaxe do PIB. España ten a porcentaxe máis baixa da UE-15.
Unha das características máis rechamantes do Estado do benestar español é o seu escaso financiamento, o cal explica o seu escaso desenvolvemento. Segundo os últimos datos dispoñíbeis de Eurostat, a axencia estatística da Unión Europea, España ten o gasto público social por habitante máis baixo da UE-15 (o grupo de países de semellante desenvolvemento económico ao español). Un tanto semellante ocorre se se escolle outro indicador: o gasto público social como porcentaxe do PIB. España ten a porcentaxe máis baixa da UE-15.
Como consecuencia diso, os servizos públicos do Estado do benestar (tales como sanidade, educación, servizos domiciliarios ás persoas con dependencia, escolas de infancia, servizos sociais, vivenda social, entre outros) están moi pouco desenvolvidos. Só unha persoa adulta de cada dez traballa en España en tales servizos. En Suecia, o país que ten un Estado do benestar máis desenvolvido, é unha de cada catro. De novo, España é o país que ten proporcionalmente menos persoas traballando en tales servizos públicos de toda a UE-15.
Estes datos sinalan a falsidade do argumento sostido por economistas e políticos conservadores e ultraliberais de que o Estado do benestar español está hipertrofiado, ou que é máis extenso do que o país pode permitirse (tal como acentuou recentemente Mariano Rajoy, candidato do PP á presidencia do Goberno).
En realidade, no Reino de España gástase no Estado do benestar moito menos do que debería gastarse polo seu nivel de riqueza. España, cuxo PIB per cápita é xa o 94% do PIB per cápita media da UE-15, gástase no seu Estado dos benestar só o 74% do que se gasta a media da UE-15. Se se gastase o mesmo porcentaxe, o Estado do benestar español recibiría 66.000 millóns de euros máis do que se gasta agora. É unha falsidade, por tanto, indicar que nos gastamos máis no Estado do benestar do que podemos permitirnos. O país ten recursos. O que ocorre é que o Estado non os recolle, e iso é resultado de que a maioría das rendas superiores non contribúen ao Estado nos mesmos porcentaxes que os seus homólogos na maioría de países da UE-15. A súa contribución fiscal real (e non nominal) é moito menor da existente para estes grupos de renda nos países do centro e norte de Europa. A fraude fiscal é moita menor nestes países que en España (e nos outros países do Sur de Europa, como Grecia, Portugal e Italia, que, non por casualidade, son os países da eurozona que teñen maiores dificultades en pagar a súa débeda pública).
Tal fraude fiscal concéntrase nos sectores máis podentes. Segundo os técnicos da Axencia Tributaria do Estado español, o 71% da fraude fiscal realízano as grandes fortunas, as grandes empresas que facturan máis de 150 millóns de euros ao ano (que representan só o 0,12% de todas as empresas), e a banca, alcanzando a enorme cifra de 44.000 millóns de euros ao ano, que, no caso de que se recollesen polo Estado e gastásense no seu Estado dos benestar, reducirían dous terzos do déficit de gasto. Non é pois que non nos podamos pagar o escasamente financiado Estado do benestar, senón que o Estado non fixo o que debería, é dicir, enfrontarse con estes poderes fácticos e grupos sociais minoritarios para recoller o que o país require.
Ao longo da nosa historia, as opcións conservadoras e ultraliberais foron as máis tolerantes coa fraude fiscal. O número de inspectores de Facenda diminuíu durante a época de Goberno dirixido polo Partido Popular, baixo a presidencia de José María Aznar, o cal recoñecera que "en España os ricos non pagan impostos". Pero foi tamén este partido o que baixou máis os impostos destas rendas superiores, o cal se acentuará aínda máis no caso de que goberne de novo. Os ingresos ao Estado (central, autonómico e municipal), que son os máis baixos da UE-15 (só un 34% comprado cun 44% na media da UE-15, e un 54% en Suecia), baixarán aínda máis, coa consecuente redución do gasto social.
Isto ocorreu xa no período 1996-2004 no Reino España, cando a diferenza de gasto público social por habitante entre España e a media da UE-15 aumentou un 17,2%. Foi durante o Goberno socialista, aliado con outras forzas á súa esquerda, EU, ICV-EA, ERC e BNG, no período 2004-2008, que o gasto público social aumentou notabelmente, reducíndose o déficit público social coa UE-15 un 17,5%. Este déficit viuse aumentado de novo no período 2008-2010, en gran parte resultado dos recortes a nivel central e autonómico. En realidade, tales recortes foron máis acentuados en Catalunya (gobernada por CiU) e Madrid (gobernada polo PP) que nas outras comunidades autónomas. En ambas as comunidades a redución do déficit baseouse máis nos recortes (chamados "axustes" nas comunidades gobernadas polo PP) que no aumento dos impostos.
Cada un dos recortes podería evitarse se os impostos das rendas superiores aumentáronse sen afectar os impostos da maioría das clases populares. En lugar de recortar o gasto sanitario (6.000 millóns de euros), podería manterse o imposto de patrimonio (2.100 millóns), evitado a redución do de sucesións (2.552 millóns) e eliminado a rebaixa de impostos das persoas que ingresan máis de 120.000 euros ao ano (2.500 millóns). En lugar de recortar 600 millóns nos servizos de dependencia, podería anularse a baixada de Impostos de Sociedades das grandes empresas que facturan máis de 150 millóns de euros ao ano (5.300 millóns), e así ítem por ítem. A maioría destes recortes fiscais fixéronse coa aprobación, ademais do partido gobernante, dos partidos conservadores e liberais (PP e CiU), partidos que agora sinalan que non hai recursos para financiar o Estado do benestar.
Nenhum comentário:
Postar um comentário