Onte remataba o prazo para presentar traballos para o concurso sobre a folga mais, a petición de algúns de vós, aos que non vos deu tempo a presentar nada e que desexades facelo, ampliamos o prazo un mes (ata o 9 de novembro).
As normas do concurso seguen a ser as mesmas (que podes consultar premendo sobre a imaxe da columna dereita desta web), porén, agardamos ter algunha sorpresiña a maiores do xa anunciado como premio.
Durante este tempo iremos xa publicando periodicamente os traballos presentados neste blog.
Unha aperta irmandiña.
Nenhum comentário:
Postar um comentário