17/10/2010

Privatizar o público, publicitar o privado

David Rodríguez, no seu blog O Funambulista Coxo (acceder ao artigo aquí).


"Xa que logo, a cuestión parece clara. A teima das empresas da comunicación estriba —como apuntou algunha vez David Harvey— en facer o seu propio cercado de terras. Un cercado de terras semellante á apropiación de terras comunais que propiciou o paso da sociedade feudal á capitalista e que na teoría marxista recibe o nome de acumulación primitiva. Estariamos, logo, asistindo ao intre histórico no que se está pretendendo secuestrar unha tecnoloxía que permitiu o acceso directo de calquera —en pé de igualdade coas grandes corporacións— a publicar no ciberespazo para pasar a roturar, fragmentar e privatizar o propio ciberespazo coa finalidade de crear extensasenclosures coas que afianzar o control social e a concentración do capital nas mesmas mans de sempre. Todo isto semella estar a facerse en base a dúas grandes estratexias: cobrar en forma de diñeiro por un mellor acceso a contidos previamente filtrados ou cobrar en forma de unidades de información privada susceptible de ser comercializada impunemente. Isto é: ou privatizar o público ou publicitar e explotar o privado."

Nenhum comentário: