23/12/2010

Características do liberalismo

Artigo tirado de aquí.

As principais características que definen o liberalismo son:

- A liberdade do individuo como o valor supremo.

- O 'dereito natural' á propiedade privada.

- O libre mercado como base do crecemento económico e progreso social

- E o Estado como garante destes dereitos.

Estas son as ideas máis importantes que se desprenden dos autores liberais desde o século XVII; destacando entre outros: Tomas Hobbes, John Locke, Adam Smith, Stuart Mill, David Ricardo, etc...

Segundo Locke no estado natural resulta difícil unha defensa racional dos dereitos individuais (e, moi especialmente, o dereito de propiedade); faise necesario unha orde social e unha lei obxectiva que remedia as desvantaxes do estado natural. Para Locke as sociedades políticas son algo útil e adecuado para salvagardar o goce pacífico dos "dereitos naturais". Para fundamentar racionalmente a sociedade política válese da figura do "contrato social": un pacto entre todos os individuos para renunciar a parte da súa liberdade, para poder gozar dela con maior seguridade, aceptando someterse á vontade da maioría. -Hobbes fala de someterse a unha "autoridade" ao ser o home malo por natureza - homo homini lupus-.

Para o liberalismo os dereitos son inviolábeis, ninguén pode interferir "no meu" e limitar o que "eu podo facer". O Estado e as institucións deben garantir os dereitos que aseguran que os individuos non ven interferidos nas súas decisións e os seus acordos mediante as leis e facendo valer o seu cumprimento.

A propiedade privada é un 'dereito natural' que debe ser defendido polo Estado. O esforzo do individuo nas súas tarefas está relacionado directamente co desexo egoísta de progresar economicamente e acumular riquezas en forma persoal.

"Por conseguinte, a maior e principal finalidade que perseguen os homes ao reunirse en Estados, someténdose a un goberno, é a protección da súa propiedade, protección que é incompleta no estado de natureza".

John Locke

A xustificación do xenocidio colonial levado a cabo polas nacións europeas en África, América, Asia e Oceanía baseábase na ausencia do Estado das zonas colonizadas e por tanto o dereito de propiedade sobre "todo o que se tomaba".

A "man invisíbel" é unha metáfora que expresa en economía a capacidade autorreguladora do libre mercado, mediante este conséguese distribuír a riqueza de bens e servizos de maneira máis eficiente para producir máis crecemento, mais desenvolvemento e maior progreso e prosperidade. O libre mercado comprace os desexos dos que teñen diñeiro en función do mecanismo de oferta e demanda.

O liberalismo supón un parapeto intelectual tras o cal se refuxia a clase social da burguesía para defender os seus privilexios e xustificar así a desigualdade social e os mecanismos de acaparamento de recursos por parte dunha minoría. Trátase de presentar como "natural" unha forma de construír o mundo baseado na explotación da maioría das persoas e da natureza
. "Se cada un é o que vale, entón está onde se merece". O demais é poesía.

Nenhum comentário: