21/12/2010

Chega a barbarie

Jorge Pérez Árias. Artigo tirado de aqui.

Vejam-se previamente os seguintes artigos:

http://revoltairmandinha.blogspot.com/2010/12/unha-nova-hexemonia.html

http://revoltairmandinha.blogspot.com/2010/12/que-aconteceu-com-o-meu-marxismo.html

Chega a barbarie



    Bárbaro

    (1) Originariamente foi aplicado polos gregos, e sobretudo polos romanos, aos povos e cousas alheios à sua cultura, passando depois a designar os povos germânicos que lutavam contra o Império Romano (com maiúscula e em plural).





Aínda que Mario Vargas Llosa non é santo da miña devoción en moitas cousas hai un libro del que sí me gusta e é un dos que moitas veces menos soa na súa bibliografía: la guerra del fin del mundo. Durante o meu primeiro ano na hoxe extinta, a causa do plano boloña, licenciatura en ciencias políticas e da admón. da USC tiven que lelo por imperativo do mestre Manuel María de Artaza. Neste libro sae a relucir (senón me traizoa a memoria) unha personaxe anarquista que anda polo mundo e cre que todo marxinalizado social é un loitador contra o sistema establecido (un compañeiro), un rebelde contra os usos e costumes sociais que o levan a actuar como actúa. Dá igual se ese home ou muller é un ladrón, asasino, estafador ou calquer cousa peor que vos poidades imaxinar... Segundo a teoría que esa personaxe expón no libro calquera deles é un loitador contra o poder establecido, contra quizáis as élites dominantes, e esto é así porque a súa vida desembocou nesa traxedia por causa das desigualdades sociais, que o marxinalizaron e o levaron a loitar dese xeito contra o deber ser ou a ética imperante na sociedade. Esta idea que Vargas Llosa tan ben expilca nesa personaxe do libro gústame tanto ou máis como aquela que eu moitas veces repito por aí aos que algo teñan falado comigo de que todo home é un artista.

Gústame tanto como esa por que supón algo moi importante que quen se di na esquerda socialista ou comunista (e non libertaria que pensa na diferenciación entre política e común, no diálogo coas institucións, no asalto ao poder) non acepta: Que a loita de clases comeza abaixo, moi abaixo, onde se produce a inxustiza en sí mesma e non é posible dirixila, xa que se esta ten visos de triunfar ninguén mellor que aquel que sofre a opresión en si mesmo para saber por si mesmo como debe actuar directamente contra a mesma. A acción directa é indispensable en calquera revolución ou cambio social para que este teña éxito ou do contrario flaqueará e rematará fracasando como pasou cos moitos intentos do comunismo e o socialismo no século XIX e XX por chegar ao poder sen destruilo para sempre. Aí quedan para a historia (ou Estoria) cal foi o produto no que deron todas as revolucións socialistas e comunistas: O revisionismo ou democracia-social (1) (pois as veces esquecemos que a democracia é simplemente un invento liberal) que desembocaron ao postmodernismo e a sociedade de consumo onde os cidadáns xa non son cidadáns (2) (un termo herdado da revolución francesa) senón que son clientes obligados a consumir tal é como propón o neocorporativsimo ou neoinstitucionalismo. Somos máquinas de consumir e sen ese consumo nada existe pois se o fluxo circular da renda se detén e a burbulla estoupa entón deixamos de ser clientes para ser de novo forza de traballo ou clases explotadas como dirían os marxistas. Dependo da realidade social que se observe podese aprezar a preponderancia dos distintos enfoques na acción dos actores sociais (3).

 Por tanto pódese dicir que toda revolución ou proceso de cambio social que non estea basado na acción directa daqueles a quen as condicións sociais atenúan a atacar o sistema está destinado non a fracasar senón a extinguirse co tempo e a desvirtuar o seu fin ou a convertelo nun medio, posto que a delegación ou a representatividade crea dirixencia e esta crea estamento privilexiado que tarde ou cedo acabará perdendo   o contacto coa base social que a impulsou. Toda transformación se produce non por élites enfrontadas ou poderese enfrontados, senón pola marxinalidade contra o poder e a dirixencia. Outra cousa será que logo a nova orde cree ou non poder e que ese poder, como adoita ser o poder, se fundamente en dereitos de clases.... Pero cabe logo promover a abolición do poder? Eu creo que sí e, para promover a abolición do poder, debe propoñerse a alternativa ao mesmo que non sería outra que a descentralización máxima posíbel de todo tipo administración político-pública, volvendo ao cantonalismo se fai falta e facéndoo deica o punto que o poder entendido como sistema de dominación practicamente desapareza.


P.D. E toda esta leria sen siso e útopica ou parva para quen la lea viña para dicir algo que ao final non fun quen de dicir: Que a min o do crime de Olot que hoxe espanta a medio mundo nas portadas da prensa semellame un deses produtos xurdidos da marxinalidade social no que o marxinado pasa a acción a golpe de BARBARIE! Porque non haberá outra cousa que barbarie e logo quizáis haxa algo. Cando os individuos se cansan de delegar actúan.


(1) Algunhas veces na ciencia política faíse a diferenciación entre democracia-liberal (aplicada aos EE.UU e ao modelo que tentou espallar polo mundo adiante) e democracia-social ( ou a hoxe popularmente coñecida como socialdemocracia e que xurde na Europa clásica como consecuencia dos tiras e afloxas das clases proletarias co poder dominante en demanda de melloras sociais. Case podería dicirse non sei se acertadamente que é daquí de onde partira ese hoxe tan en desuso concepto do Estado do benestar, do Estado que redistribúe.)


(2) Queda para a historia (ou estória) o interesante debate xurdido ao redor desta cuestión entre Beiras Torrado e Carlos Morais durante a 1ª Rolda de Rebeldia celebrada no Hotel Compostela de Santiago, na que o primeiro defendeu o emprego do termo cidadáns á hora de referirse tamén aos suxeitos que sufren determinadas políticas do poder e o segundo defendeu o termo proletariado en consonancia coa ortodoxia marxista .Cidadáns seriamos todos pero proletarios non, con conciencia de selo ou non. Aqui a chave da cuestión. 


(3) ou o que é o mesmo, como podemos ver a intervención da ciencia social na realidade máis alá da ciencia meramente explicativa dos fenómenos sociais. O problema é que adoita ser xuíz e parte.

Nenhum comentário: