16/01/2011

CCOO e UGT, máis unha chave para entendérmonos a súa non adesión á greve do 27 de xaneiro

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgXB08_pxra5XOWP7QgqwXNkbEoDkDWEhAsPdDKh47eyPb3-2IcwC0v4n6LF0TnwM8rKUFqFBombltD36Rt9gzl41wSWt4eQ37NNGCMhoQNekSHgPaALfq018S2DZYCtUDvR32b09o8_p5E/s320/Obreros.jpg

A seguir reproducimos o contido dun documento en formato pdf da UGT de Cádiz en que máis unha vez fica pantente como os sindicatos ficaron secuestrados pola súa burocracia e pola estrutura xurídica-política do Estado en que se inseren, ese Estado que garante a propiedade privada e os intereses da clase burguesa e non dos traballadores. O texto non necesita comentário, pertence á UGT de Campo de Gibraltar e vai asinado polo seu secretario de organización Cristobal Ramírez Vega. Amais, dá fe do baltarismo existente na praxe do PSOE andaluz (aplicábel ao PSOE de toda a parte). A imprensa revelou tamén que o PSOE galego investigou ao BNG no bipartito con fondos públicos.

Sirva la presente para poner en vuestro conocimiento que este sindicato va a intentar colocar a sus afiliados en los puestos que nos habéis solicitado, ya que hemos instado a la Administración Socialista, que nosotros somos como ellos. Es decir, de la misma raíz, por lo que no vamos a tolerar que los afiliados del PSOE tengan más beneficios que aquellos de UGT. Por ello rogamos a todos nuestros afiliados que estén interesados en algún puesto determinado de la administración, nos lo comuniquen a la mayor brevedad posible, a fin de que realicemos una lista para que puedan optar a los puestos deseados en la Administración Pública.

2 comentários:

Anônimo disse...

Ostiás, machiño, ler o título e ler a nota, ... joder, "CCOO e UGT, máis unha chave para entendérmonos a súa non adesión á greve do 27 de xaneiro".
¿?¿?¿?¿?¿?¿?
Que ten que ver con CCOO?

AFP disse...

Estás completamente no certo, pois na postaxe non se fala ren sobre CC.OO ao ser o documento en cuestión referido só a UXT. Con todo, na brevísima explicación que se fai ao comezo dise que "máis unha vez fica pantente como os sindicatos ficaron secuestrados pola súa burocracia e pola estrutura xurídica-política do Estado en que se inseren" e, por tanto, faise referencia aos dous sindicatos maioritarios que non aderen a greve do vindeiro 27 de xaneiro.

No entanto, si que a redacción é ben pouco afortunada. Fernández Toxo criticara no seu momento que os sindicatos bascos non aderisen a greve xeral que recentemente houvo no Estado, mais pouco di agora sobre o seu entreguismo ás políticas ultraliberais de Zapatero. Neste sentido, considero que UXT e CC.OO son un mesmo sindicato en ósmose co PSOE e, por tanto, bastante ineficientes á hora de defender ás clases traballadoras cada vez menos identificadas con estes sindicatos en grande parte pola campaña mediática desatada contra o dereito á greve e contra o sindicalismo, mais onde o volume de subvencións que receben do Estado é un dado demoledor que a cidadanía dificilmente pode entender.

Umha aperta