De todos é sabido como o emporio INDITEX é un autentico fortín para as demandas sindicais e laborais, fundamentalmente na súa produción deslocalizada no Sur, pero tamén aquí.
A pesar diso hai pouco a CGT foi quen de incorporarse á representación sindical en ‘Zara Logistica’. Dato este inicialmente positivo.
Curiosamente o pasado 20 de decembro a CGT de Galicia subía a súa web dúas novas aparentemente diferentes tanto na súa dimensión como no seu contido. Pode ser casualidade pero o estilo agresivo nun caso e condescendente noutro non deixa de ser máis que chamativo cando o que se trata é de ser agresivo coa organización AMARANTE Setem que leva tempo sendo molesta para os intereses dos negocios do señor Amancio Ortega.
Non é motivo deste breve post clarificar as falsidades que xa AMARANTE Setem ten desmentido en diversos comunicados os datos que desde a CGT (e máis da CUT) se verten sobre ela.
En todo caso resulta cando menos pouco estético subir a web no mesmo día dúas novas: unha sobre a ‘explotación patronal’ en Amarante e outra sobre o ‘acordo regulador das condicións laborais’ en Zara Logistica.
Cando menos da que pensar, ou alomenos desde a central sindical deberíase coidar o aspecto estético, tendo en conta que vivimos momentos no que o sindicalismo polo seu corporativismo sofre un grande descrédito entre a cidadanía.
Hai unha cousa que se chama proporcionalidade e a ninguén se lle escapa que de seguro son peores as condicións laborais en ZARA que en AMARANTE; que nos últimos catro meses AMARANTE ten sufrido campañas de intoxicación, concentracións diante dos seus locais, pegada de carteis insultantes, namentres que o amigo Amancio nin tan sequera acaba de notar a nova incorporación no seu comité de empresa.
De seguro que faise necesario urxentemente algo máis que repasar o concepto de plusvalía, que tamén.
ver enlaces do 20 de decembro de 2010 na web da CGT-Galicia
http://www.cgtgalicia.org/2010/12/concentracion-contra-a-explotacion-patronal/
http://cgtzara.blogspot.com/2010/12/acordo-regulador-das-condicions-de.html

2 comentários:
Cando X. Hermida utiliza o concepto "proporcionalidade" esquece que as centrais sindicais aludidas non poden facer sindicalismo á marxe dos traballadores nos distintos centros. É evidente que Zara explota dun xeito máis violento do que Amarante (só faltaría). Se a CGT é máis agresiva no conflito de Amarante é porque así o piden as súas traballadoras. En caso de que X. Hermida teña probas de que a CGT frea as traballadoras de Zara nas súas reivindicacións, o seu artigo estaría cheo de razón e a CGT faría ben en revisar a súa accións sindical en termos globais. Mais tal cousa non acontece.
Unha aperta irmandiña!
O comentario de Alberte poderia ser correcto pero so ten dous inconvintes:
A. Que as traballadoras de amarante na sua maioria 4 de 5 non estan dacordo coa CGT nin coa CUT.
B. Que as traballadoras de Zara piden ou deixan de pedir non deixa de ser unha vision corporativa pois a maioria das traballadoras que o fan para Zara o fan en condicions de semiescalvitude nos paises do Sur e deberian ser preocupación das centrais sindicais do norte. Por certo o unico sindicato que ten colaborado na denuncia desta situación ten sido a CIG.
Unha aperta irmandiña igoalmente
Postar um comentário