A natureza de calquera réxime ao que apoien os EUA no mundo árabe é secundaria en comparación co control. E aos súbditos ignóraselles até que quebran coas súas cadeas.
"Arde o mundo árabe", informaba Al Yasira a semana pasada, mentres por toda a rexión os aliados occidentais "perden rapidamente influencia". A onda de choque púxoa en movemento o espectacular levantamento da Tunicia que expulsou a un ditador apoiado por Occidente, resoando especialmente en Exipto, onde os manifestantes arroiaron á brutal policía dun ditador.
Os observadores comparárono ao derrocamento dos dominios rusos en 1989, pero existen importantes diferenzas. Crucial é que non hai un Mijail Gorbachov entre as grandes potencias que apoian aos ditadores árabes. Máis ben, Washington e os seus aliados atéñense ao principio ben asentado de que a democracia resulta aceptábel só na medida en que se axuste aos obxectivos estratéxicos e económicos: está ben para territorio inimigo (até certo punto), mais non, por favor, no noso patio, a menos que fique adecuadamente domesticada.
Hai unha comparación de 1989 que posúe certa validez: a de Romanía, onde Washington mantivo o seu apoio a Nicolae Ceausescu, o máis feroz dos ditadores de Europa Oriental, até que a lealdade volveuse insustentábel. Nese momento, Washington saudou a súa caída mentres se procedía a borrar o pasado. É o patrón convencional: Ferdinand Marcos, Jean-Claude Duvalier, Chun Doo-hwan, Suharto e moitos outros rufiáns útiles. Poida que vaia sendo o caso de Hosni Mubarak, acompañado dos habituais esforzos por tratar de asegurarse un réxime que lle suceda sen desviarse da senda aprobada. As esperanzas de hoxe parecen depositarse no xeneral Omar Suleiman, un leal a Mubarak, que acaba de ser nomeado vicepresidente de Exipto. Suleiman, xefe durante longo tempo dos servizos de intelixencia, conta cun desprezo semellante ao que quen se rebelaron reservan para o ditador mesmo.
Un refrán común entre os expertos é que o temor ao Islam radical esixe unha oposición (renuente) á democracia sobre a base do pragmatismo. Aínda que non carece de mérito, a formulación é enganosa. A ameaza xeral consistiu sempre na independencia. Os EUA e os seus aliados apoiaron de forma regular aos islamitas radicais, ás veces para impedir a ameaza do nacionalismo laico.
Un exemplo familiar constitúeo Arabia Saudita, centro ideolóxico do Islam radical (e do terror islámico). Outro, nunha longa lista, é o de Zia ul-Haq, o máis brutal dos ditadores de Paquistán, favorito do presidente Reagan, e que puxo en práctica un programa de islamización radical (con financiamento saudita).
"O argumento tradicional que aparece dentro e fóra do mundo árabe é que non hai nada que vaia mal, todo está baixo control", afirma Marwan Muasher, ex-funcionario xordano e director de investigación en Oriente Medio para o Fondo Carnegie [para a Paz Internacional]. "Seguindo esta liña de pensamento, as forzas máis afianzadas sosteñen que os opositores e excluídos que piden reformas esaxeran as condicións sobre o terreo".
Así pois, pódese deixar de lado á poboación. A doutrina remóntase a moito tempo atrás e xeneralízase en todo o mundo, tamén ao propio territorio norteamericano. En caso de disturbios, poden facerse necesarios cambios tácticos, pero sempre con vistas a reafirmar o control.
O teimado movemento pola democracia de Tunicia arremeteu contra "un Estado policial con escasa liberdade de expresión ou asociación e graves problemas de dereitos humanos", gobernado por un ditador cuxa familia era odiada pola súa venalidade. Iso afirmaba o embaixador norteamericano nun cable diplomático de xullo de 2009 filtrado por WikiLeaks.
Portanto, para algúns observadores "os documentos [de WikiLeaks] deberían proporcionar unha sensación de seguridade ao público norteamericano de que os funcionarios non se quedaron durmidos aos mandos", de que os cables, desde logo, apoian tanto as medidas políticas norteamericanas coma se os filtrasse o mesmo Obama (ou iso escribe Jacob Heilbrunn en The National Interest). [1]
"Norteamérica debería condecorar a Assange", afirmaba un titular do Financial Times, en que escribe Gideon Rachman: [2] "A política exterior norteamericana dá a impresión de ter principios, de ser intelixente e pragmática (...) a postura pública sobre calquera asunto adoptada polos EUA adoita así mesmo coincidir coa postura expresada en privado". De acordo con esta opinión, WikiLeaks mina os "teóricos da conspiración", que cuestionan os nobres motivos que proclama Washington.
O cable de Godec presta apoio a estes xuízos, polo menos se non miramos máis aló. Porque se o facemos, tal como informa Stephen Zunes, analista de política exterior, en Foreign Policy in Focus, atopámonos con que, coa información de Godec na man, Washington forneceu 12 millóns de dólares en axuda militar a Tunicia. Dá a casualidade de que Tunicia era un do cinco únicos beneficiarios estranxeiros: Israel (como de costume); as dúas ditaduras de Oriente Medio, Exipto e Xordania; e Colombia, que durante moito tempo ostentou o peor historial de dereitos humanos e recibiu a maior cantidade de axuda militar norteamericana no hemisferio.
Evidénciaa número uno de Heilbrunn é o apoio árabe ás medidas políticas norteamericanas que teñen como obxectivo Irán, segundo revelan os cables filtrados. Tamén Rachman se cingue a este exemplo, como foi o caso en xeral dos medios, saudando tan alentadoras revelacións. As reaccións ilustran a fondura do desprezo pola democracia na cultura de elevada formación.
O que non se menciona é o que pensa a poboación, o cal resulta fácil de describir de acordo coas enquisas de opinión [3] difundidas en agosto pasado pola Brookings Institution: algúns árabes están de acordo con Washington e os comentaristas occidentais en que Irán representa unha ameaza, 10%. Por contraposición, consideran os EUA e Israel como ameazas principais ( 77% e 88% respectivamente).
A opinión árabe móstrase tan hostil ás políticas de Washington que unha maioría ( 57%) cre que a seguridade rexional acrecentaríase se Irán dispuxese de armas nucleares. A pesar de todo, "non hai nada que vaia mal, todo está baixo control" (tal como describe Muasher a fantasía imperante). Os ditadores apóiannos. Pódese ignorar aos seus súbditos, salvo que rompan as súas cadeas, nese caso hai que levar a cabo axustes políticos.
Outras filtracións parecen tamén prestar apoio aos xuízos entusiastas sobre a nobreza de Washington. En xullo de 2009, Hugo Llorens, embaixador norteamericano en Honduras, informou a Washington dunha investigación da embaixada acerca de "cuestións legais e constitucionais ao redor da destitución forzada do presidente Manuel, 'Mel', Zelaya".
A embaixada concluía que "non hai dúbida de que os militares, o tribunal supremo e o congreso nacional conspiraron o 28 de xuño no que supuxo un golpe ilegal e inconstitucional contra o executivo". Moi admirábel, salvo que o presidente Obama procedeu a romper con case toda América Latina e Europa ao apoiar o réxime do golpe e desestimar as atrocidades posteriores.
A embaixada concluía que "non hai dúbida de que os militares, o tribunal supremo e o congreso nacional conspiraron o 28 de xuño no que supuxo un golpe ilegal e inconstitucional contra o executivo". Moi admirábel, salvo que o presidente Obama procedeu a romper con case toda América Latina e Europa ao apoiar o réxime do golpe e desestimar as atrocidades posteriores.
Quizais as revelacións máis notábeis de WikiLeaks sexan as referentes a Pakistan, examinadas por Fred Branfman, analista de política exterior, en Truthdig. Os cables revelan que a embaixada norteamericana é ben consciente de que a guerra de Washington en Afganistán e Paquistán non só intensifica o rampante antiamericanismo senón que tamén "corre o risco de desestabilizar o estado paquistaní" e suscita mesmo a ameaza do pesadelo último: que as armas nucleares puidesen caer en mans de terroristas islámicos.
De novo, as revelacións "deberían proporcionar unha sensación de seguridade (...) de que os funcionarios non se quedaron durmidos aos mandos " (en palabras de Heilbrunn), mentres Washington marcha resoltamente ao desastre.
Nenhum comentário:
Postar um comentário