07/03/2011

O BNG reclámalle a Defensa no Senado unha base de avións espía para a Limia

INFO (7-3-2011) - Recopilamos aquí información de distintas fontes sobre o asunto, do que non atopamos novas na sección da web do BNG adicada ao traballo da fronte no Parlamento e no Senado do estado.



O 3 de marzo de 2011, Xosé Manuel Pérez Bouza, senador do BNG, presentou unha pregunta (ver aquí) sobre o posicionamento do Goberno acerca da "posibilidade de que se instale no municipio de Trasmiras (Ourense) o centro de avións non tripulados, que pretende construír en territorio español o consorcio europeo aeroespacial EADS-CASA". Adega rexeita o proxecto (aquí).

O 4 de marzo de 2011, na web de +Galiza, inclúese unha nova de Xornal sobre o tema, afirmando que Pérez Bouza reclama a Defensa "a base de avións espía para a Limia" (ver aquí). Ese día, tamén se publica   información sobre o tema en La Región (aquí).

O 5 de marzo, o Diário Liberdade faise eco da nova (aquí) e o 6 de marzo Nós-UP maniféstase "contra a base militar imperialista na Limia" (aquí).

Nos vindeiros días continuaremos informando sobre a cuestión e faremos pública a postura da mocidade irmandiña.

Nenhum comentário: