29/04/2011

O número de parados no Estado roza os cinco millóns - A taxa de paro galega supera o 17%


* Nova tomada de Xornal e traducida e completada por nós. Recomendamos, de novo, a lectura do artigo de Vincenç Navarro, A clase traballadora en España, no orixinal aquí e traducido por nós aquí.

- O número de desempregados incrementouse en 213.500 persoas no primeiro trimestre do ano.
- A taxa de paro é a máis alta dende 1997, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa.



O número de parados incrementouse en 213.500 persoas no primeiro trimestre do ano, co que a taxa de desemprego aumentou até o 21,29%, e o volume total de parados marcou unha nova marca ao rozar o cinco millóns de parados. En total, 4.910.200 persoas estaban sen emprego ao finalizar o marzo, o que supón 297.400 parados máis que un ano atrás, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
A taxa de paro do 21,29% alcanzada ao peche do primeiro trimestre é case unha décima superior á do peche de 2010 (20,3%) e máis dunha décima á rexistrada un ano atrás (20,05%). Con esta cifra, a taxa de desemprego alcanza o seu nivel máis alto da serie histórica comparable, que arrinca en 2001.
Remontándose máis atrás, utilizando series non comparables, non se alcanzaba unha porcentaxe desta natureza desde o cuarto trimestre de 1997, cando a taxa de paro chegou a situarse no 20,11%. O número de parados, pola súa banda, tamén supón unha cifra marca para a economía española.
CAE A OCUPACIÓN
Ademais, no primeiro trimestre do ano volveuse a destruír emprego, ao caer a ocupación en 256.500 postos de traballo (-1,39%), situándose o número de ocupados en 18.151.700 persoas. O descenso do emprego afectou máis aos homes (150.700 empregos menos) que ás mulleres (105.800 menos).
No último ano, o número de parados incrementouse en 297.400 desempregados, o que en termos relativos implica un crecemento do 6,45%%, mentres que os empregos destruídos neste período suman 242.500 (-1,32%).
Entre xaneiro e marzo de 2011, o número de asalariados baixou en 193.400 traballadores (-1,26%), dos que 139.100 tiñan contrato temporal (-1,21%) e 54.300 eran indefinidos (-1,43%).
Os fogares con todos os seus membros en paro aumentaron en 58.000 persoas e situáronse en 1.386.000 fogares, un 4,37% máis que no trimestre anterior. No último ano, os fogares onde todos os seus membros están parados incrementáronse en 87.500, un 6,74% máis. Ao mesmo tempo, os fogares con todos os seus membros ocupados reducíronse en 154.600 no trimestre e en 129.000 nun ano.
Ademais, o número de parados de longa duración, incrementouse no trimestre en 60.100 persoas, un 2,93% máis.
O número de parados en Galicia incrementouse en 23.000 personas no primeiro trimestre do ano 2011 en relación co trimestre anterior. Con este aumento, a taxa de desemprego acadou o 17,33%, mentras que, o volume total de desempregados na Comunidade Autónoma situouse nos 226.500, segundo informou o Instituto Nacional de Estadística (INE).
Mentras no Estado o paro se incrementou un 4,5% na Galiza incrementouse máis do 11%, con respecto ao anterior trimestre. Tendo en conta o ano anterior, no Estado aumentou máis do 6% e na Galiza case un 13%, sendo unha das Comunidades Autónomas onde máis medrou o paro.


Nenhum comentário: