05/04/2011

"Se non, Bélxica e incluso Francia poderían caer".

Nova tirada de aqui.

http://www.anosaterra.org/media-25938-320-180-.jpg
Kenneth Rogoff é profesor de Economía na Universidade de Harvard (EE UU) e foi economista xefe do FMI. Na entrevista coa revista Capital, o estudoso estadounidense salienta que a economía española corre risco de creba. "O gran problema é que non se pode crecer ao 3 ou 4% –que é o que necesita España– cunha taxa tan alta de paro". Pero Rogoff destaca que en caso de suspensión de pagamentos, a UE rescatará rapidamente o país. "Se non, Bélxica e incluso Francia poderían caer". Entre as potencialidades da economía española, Rogoff subliña a potencialidade catalá. "Illada, Catalunya sería un dos países máis ricos do mundo".

O economista analiza que o gran problema que afondou a crise foi a desigualdade entre ricos e pobres. "Os ricos están mellor mentres que os pobres teñen que soportar o paro e os altos prezos dos alimentos". Rogoff relaciona coa desigualdade as revoltas africanas e vaticina maiores movementos migratorios. Tamén cambios políticos nos EE UU. "Teremos un presidente populista ben no 2012 ben no 2016", aludindo indirectamente ao ascenso do ideario máis reaccionario dentro do Partido Republicano. Sen saír dos EE UU, o experto alerta sobre as dúbidas da economía da primeira potencia do mundo. "Cada vez as empresas precisan menos traballadores. O perigo está aí".
Rogoff tamén lle tira brillo ao "milagre alemán". "Sóese comentar o ben que vai a economía pero o certo é que a clase obreira está moi anoxada", indica.
Postar um comentário