18/05/2011

As matrículas universitarias subirán entre o 3,6 e o 7,6% para o curso 2011-2012

 Información elaborada desde aquí.

A universidade pública diríxise para un abismo infernal ao equiparala á empresa privada e os seus parámetros.


Os CC.AA. son as que deciden canto soben as taxas universitarias. Ofreceranse case 6.000 prazas menos nas universidades. Penalizarase ao alumno que se presente por terceira vez a unha materia. Premiaranse con 150 euros a determinados universitarios bolseiros. 

O público non quere dicir exactamente de balde   

Os prezos públicos da primeira matrícula universitaria aumentarán entre o 3,6 e o 7,6% para o curso 2011-2012, segundo anunciou este martes o ministro de Educación, Angel Gabilondo

A pinza no aumento de prezos en primeira matrícula na Universidade depende das comunidades autónomas, que poden manter o mesmo prezo actualizado co IPC ou a partir de aí elevalo até un 4% máis. A finais de marzo a taxa de inflación interanual era do 3,6%, co que as novas matrículas poderán subir entre un 3,6 e un 7,6%, aclarou Gabilondo, que tamén puntualizou que "este sistema é basicamente o mesmo desde 2002 e manterase até 2013", en que se negociará o novo modelo de financiamento

Para os másteres o aumento do prezo fixado será do IPC e os ensinos de doutoramento encareceranse entre 200 e 400 euros

Menos prazas universitarias 

En declaracións previas á súa reunión co Consello de Estudantes do Estado, Gabilondo tamén adiantou que no novo curso ofreceranse 330.621 prazas, o que supón "unha leve diminución con respecto ao curso anterior (336.101)". "Isto explícase porque moitas das novas titulacións que se puxeron en marcha o ano pasado axustaron a súa oferta", subliñou. Esta redución non a notarán as facultades de Medicina, que ofrecerán un 1,5% de prazas máis, até chegar ás 6.919. 

Máis diñeiro para os mellores bolseiros 

O Ministerio de Educación quere premiar con 150 euros anuais aos alumnos universitarios bolseiros que superen máis créditos ou materias das que lles corresponde por curso. "Trátase dunha proposta na que se ten en conta máis claramente o rendemento, pois aqueles que fagan máis créditos dos que son indispensábeis para manter a bolsa, recibirán un apoio de 150 euros. Non é nada, pero é moito para o que lograse un mellor resultado", explicou o ministro. Gabilondo lembrou que, a pesar da crise económica, as bolsas e axudas de Educación quedaron exentas do plano de austeridade do Goberno. No entanto, sinalou que esta é a proposta do seu Ministerio para o próximo curso académico 2011-2012, mais que terá que ser aprobada polo Consello de Ministros

Penalízase a terceira matrícula 

Ademais, Gabilondo esbozou outra medida que tamén ten que ver co rendemento e é que, a partir da terceira matrícula dunha materia, o Estado deixa de abonar a súa parte e, por tanto, o estudante terá que pagar integramente o custo da mesma.  "O que por terceira vez  se apresente á mesma materia terá que abonar a matrícula porque o diñeiro é de todos. O público non quere dicir exactamente gratis, senón que o pagamos entre toda a sociedade, pois é tempo de crise para quen non están na universidade e teñen que pagar cos seus impostos as matrículas", aseverou o ministro que aposta por "unha política equilibrada na que o esforzo sexa compartido entre todos".

Nenhum comentário: