Xosé Manuel Beiras Torrado. Artigo tirado de aquí.
Pra Lidia, no seu Pedrón de Ouro
Fago memoria do que foi o sistema agrario e o mundo labrego galegos, e releo a Gallástegui en entrevistas feitas por Xoán Carballeira para El Pueblo Gallego de Portela Valladares no 1933. Di alí: "A gandeiría galega, se non colle novos roteiros, á longa está seriamente ameazada: a sua morte virá aos poucos se segue o actual estado de cousas". Gallástegui, que xa daquela dirixe a Misión Biolóxica de Pontevedra e asesora a Bóveda e Castelao, ten unha conceición integral do sistema agrario, por unha banda premonitoria do que anos máis logo vai definirse coma "complexo agrario", e pola outra precursora do enfoque que arestora está a defender Vía Campesina en todo o planeta. Defende a estrutura polivalente das esplotacións labregas, con diversificación interna, integración agrícolo-gandeira, e máis o rol crucial do monte, tanto complementario coma forestal de seu. Só que a racionaliza, privilexía determinados cultivos claves para un eficiente artellamento interno -como, daquela, o millo híbrido e os forraxes leguminosos- e, alén de promover a horticultura, fai pivotar o conxunto sobre a produción gandeira como centro de gravedade e eixo de desenvolvemento do sistema. Sobre esa matriz, proxecta un diversificado complexo agroindustrial con fórmulas cooperativas no seo da comunidade campesiña -como nesta resposta a Carballeira, agora para El Sol : "Porque campo e industria poden, e deben, constituir un rexime de cooperativismo tan trabado que aos nosos herdeiros tanto lles supoña iren ao campo como á fábrica". Mais Gallástegui é consciente de que, para iso todo, compre mudar o marco institucional, cunha lexislación agraria peculiar, e non importada por mimetismo, senón xenuina, e dío resoltamente ilusionado: "Temos que facer eiquí unha cousa orixinal. Dende logo compre estruturar doutro xeito o actual rexime da terra. E se toda Galiza se pon en pé, coido eu, teño unha grande fé, que daquela podemos facer deste país algo magníficamente exemplar".
Era Gallástegui un soñador iluso? Non tal: Galiza, nefeito, púxose daquela en pé. A Galiza labrega, que non había nen dez anos que comezara a redimirse dos foros cos cartos dos seus míseros petos e os aforros dos emigrados, púxose en pé, disposta a alancar adiante na sua propria historia. En pé -como bradaran Cabanillas e Basilio- a Galiza labrega apostou por autogobernarse e votou frentepopularmente -ela, que fora alcuñada de sumisa por sempre. Só que Atila debruzouna outravolta, afundiulle a cabeza na lama ensanguentada das congostras por outro meio século máis.
Ora, alén dos tráxicos abalóns padecidos polo noso povo na sua historia, o drama do mundo labrego só se comprende se elucidamos o rol que leva desempeñado a economía campesiña na formación social galega, supeditado á dinámica colonial do capitalismo en Galiza -tanto no ámbito de Estado español coma, despois, no da UE, exacerbado no contexto da globalización ultraliberal. Duas funcións primordiais: reserva de forza de traballo e fornecedora de excedente económico. A primeira opérase meiante transvase sectorial e territorial de forza de traballo, e acaba por se traducir en desertización do meio rural. A segunda realízase a traveso de discriminatorios sistemas de prezos, da troca desigual en termos de valor, da drenaxe de aforro doméstico e dos sistemas de impostos e outros mecanismos cos que opera o aparello político-institucional opresor e espoliador. E inda hai outro fenómeno letal para o mundo labrego: a detracción de capital social básico do campesiñado, sexan recursos naturais -en superficie ou baixo terra- ou enerxéticos, ou as suas bases físicas e alicerces territoriais e ecosistémicos. De xeito que é a acción combinada desas tres castes de fenómenos -sobre a forza de traballo labrega, sobre o valor da produción agraria, e sobre o patrimonio natural e o capital social básico da comunidade campesiña- a que, despois de chucharlle as enerxías ás xentes e á economìa labregas, acaba por rebentar o sistema agrario, esborrallar a sociedade campesiña, destragar os ecosistemas e desertizar a Galiza rural. É a sórdida fazaña etnocida da destrución dunha cultura, a traxedia social do exterminio do campesiñado galego. Como a que está a consumarse arestora en toda a periféria do sistema-mundo.
Se o poder político non impedíu nen atallou até agora ese proceso exterminador, non foi por falla de diagnoses certeiras, pronósticos abesulladores e terapias acaídas elaboradas dende o seo da sociedade civil galega. Non. Foi por treizón e deserción. Unha clase "dirixente" que reiteradamente atreizoóu á xente do común labrega. Un poder político que reiteradamente desertou da fundamental obriga contraída cos cidadáns labregos que o elixiran para representárenos na defensa dos seus dereitos e intereses. E tampouco foi por pasividade do campesiñado. Non val ese tópico como coartada: a clase labrega loitou arreo pola sua emancipación ao longo de toda a nosa historia. Primeiro, dende o medioevo, contra os magnates feudais civís e eclesiáticos. Logo, durante centos de anos, contra os donos da terra, foristas, señores medianeiros e "caciques". Despois, durante a República, co liderado do Partido Galeguista, a aposta pola Frente Popular e a masiva votación do Estatuto do 36 "para que acabe esta vergoña" -como reclamaba o famoso cartaz da vaca coas manxadoiras na Galiza e os tetos munxidos en Madrid. Máis logo aínda, baixo a tiranía franquista, coa cobertura paisana ao maquis antifascista, con epopeias como a de Castrelo de Miño, coa constitución clandestina das Comisións Labregas e coa loita contra a infame "cuota empresarial" agraria -imposta pola forza aos mesmos labregos que os economistas do rexime e os esquiroles do sindicato vertical alcuñaban de pailáns e acusaban de careceren de "espírito empresarial". E aínda virían, no enguedello da "transición", líderes coma Moncho Valcárcel, o cura de Sésamo -difamado nas "listas negras" do 23F coma posuidor dun arsenal de armas na sua sacristía- e xestas como a das Encrobas contra a expoliación das terras onde hoxe se queima o lixo todo da Galiza urbán -agás o que mora nos despachos oficiais. E aínda ao cabo, xa en "democracia constitucional", as loitas en auto-defensa fronte ás condicións do ingreso no M.C.Europeu, "ruina do povo galego", contra á PAC, as cotas e prezos do leite, e demáis pauliñas aturadas en premio por convirtírenos en europeus de carné -que ainda duran, poisque nen sequer o cambio climático famoso mudou o de caír pedra de saraiba arreo sobre as costas dos labregos galegos neste exterminador proceso de extinción como clase, como cultura e, ao cabo, como povo.
É nestas loitas onde emerxe a figura impar e señeira de Lidia Senra, na sua traxectoria de liderado á frente das Comisións Labregas, logo Sindicato Labrego Galego (SLG). Gardo moi vivas na miña retina as primeiriñas imaxes da sua preséncia en actos do sindicato ou do BNG, e nas moitas mobilizacións que abandeirou en primeira liña ao longo deses anos todos. O magnetismo que irradiaba a sua figura de muller nunca en pose, a enerxía que desprendía ese seu aquel sinxelo, decote calmo e sereo, de cidadá do común en activo. E resoan nos meus ouvidos os sons da sua rexa voz cálida e o seu dicir cadencioso e cantareiro, diáfano no sarillo das palabras e as ideas, xenuinamene paisana na prosodia e na fonética -tan envexábeis e tan secretamente envexadas por min. Máis dunha vez, ao que a eu vía e escoitaba, víñame ás mentes imaxinarme a María Castaña, a sua ancestra paisana luguesa, heroína lexendaria de rebelións populares contra os señores das vidas e facendas dos servos medievais, dos "escravos da terra" de outrora redivivos arestora en análoga condición -que dixera Castelao.
Sabido é que a ideoloxía ultraliberal, esa metamorfose presente do fascismo, ten eliminado do escenário sociopolítico a noción mesma de conflito social: reconvírtea en cuestión de orde pública. Pura e simplesmente. A disidencia criminalízase, a autodefensa das clases esplotadas e espoliadas considérase un ataque ás institucións políticas, o exercizo dos dereitos esmagados unha agresión á autoridade dos governos. Os labregos galegos só reclaman do poder político que os defenda dos lobos e xabaríns que, coa dentamia e os fuciños do capital depredador, andan a destragar a sua facenda. Son iles, os labregos, as vítimas humáns, os cidadáns agredidos -non as alimañas do poder económico depredador. Son iles os exterminados -non a fera exerminadora. A custión é simples e diáfana: cómprelle ao governo escoller, decidir ao servizo de quen quer estar, se dos cidadáns agredidos ou do malandro agresor. Até agora comportouse como un agresor máis. Se cadra non terán os labregos outra opción cá de Rosalía en A xustiza pola man, o estremecedor poema que, de se publicar hoxe, sería se cadra considerado apoloxía do terrorismo. Ou a do Cabanillas de A fouce esquecida -que tamén. Sempre, sempre, o nacionalismo galego defendeu ao campesiñado. Compre que o siga hoxe a defender. Rexamente, sen vacilacións, sen arrodeos. É mesmamente o que Lidia, Carme e máis todas e todos os seus compañeiros e compañeiras seguen a reclamar -entramentras seguen a praticáreno co seu proprio exemplo de xenerosa entrega contra o proceso de exterminio do campesiñado galego. Raiceira, berce e cerna da nosa identidade histórica como povo. Maldicido sexa quen dil renegue..

Nenhum comentário:
Postar um comentário