Silvio Berlusconi recebe un novo revés nas urnas, o segundo en apenas 15 días.Os primeiros dados oficiais afirman que os italianos votaron masivamente nos catro referendos populares e que rexeitaron por unha maioría próxima a 95% a privatización da auga e o encarecemento das tarifas, a enerxía nuclear e a lei de lexítimo impedimento, que permite a Berlusconi aducir empeños de goberno para non apresentarse perante a xustiza.
Un membro de una mesa de votacións en Milán deposita unha papeleta.- LUCA BRUNO (ASSOCIATED PRESS).
Os primeiros dados de participación indican que as catro consultas rexistraron por volta de 57% de afluencia nas urnas, cifra que supera a barreira de 50% mais un voto necesarios para que o referendo for vinculante. As respostas ás catro perguntas serían favorábeis à derogación en 93% dos casos. O goberno animar aos italianos a non participar no referendo coa esperanza de facelo fracasar. De feito, Berlusconi alentaba a abstención afirmando que os referendos "eran inútiles" e que a abstención "era un dereito dos cidadáns" (o voto non o é?). A mídia pola súa banda prestou escasa atención aos referendos secundando a estratexia gubernamental, especialmente no que atinxía á enerxía nuclear pois cando a consulta estaba xa convocada producírase o accidente de Fukushima no Xapón, tamén habilmente xa camuflado polos medios de (in)comunicación oficiais, malia a súa gravidade parella ou superior á de Chernobil (calificado xa como de máximo risco ao igual que o accidente na central atómica de Ucraína).
As catro perguntas do referendum
CUESTIÓN 1. Papeleta rosa. Abrogación da lei que acelera a privatización da auga pública.
CUESTIÓN 2. Papeleta amarilla. Abrogación do cálculo das novas tarifas da auga segundo o capital invertido pola compañía (aumentos dun 7% na factura sen mellorar o servizo en troques).
CUESTIÓN 3. Papeleta cinsenta. Abrogación das novas normas que consinten a produción de enerxía nuclear en territorio nacional.
CUESTIÓN 4. Papeleta verde. Abrogación da Lei do Legítimo impedimento, que permite ao primeiro ministro e aos seus ministros invocar empeños institucionais para non acudir aos xuízos onde estexan acusados de delitos penais non cometidos no exercicio do cargo.
Nenhum comentário:
Postar um comentário