21/07/2011

Encontro Irmandiño e BNG apoian a manifestación de apoio ao sector naval

Nova tirada do Faro de Vigo, aquí.

O colectivo nacionalista Encontro Irmandiño e o BNG de Bueu fixeron público o seu respaldo e solidariedade co sector naval e, en concreto, coa manifestación en defensa do mesmo que se desenvolverá hoxe a partir das 20 horas en Vigo.

Desde a corrente Irmandiños do Morrazo apuntan que o sector do metal ocupa na Ría de Vigo a uns 10.000 traballadores de forma directa, e a preto de 30.000 en traballos derivados da propia construción naval. Esta cifra supón, sinalan, que ao redor do 30 por cento das familias do Morrazo e do resto da área de Vigo viven directa ou indirectamente do sector naval. "As políticas europeas, a falta de carga de traballo, a instauración do tax leassing que multiplica os problemas de financiamento como as Caixas de Aforro (previamente fusionadas e logo afogadas) que non ten previsto a creación de ningún órgano de financiamento público, fan que nos atopemos nunha situación similar ou peor á que estabamos nos anos 80", afirman.

Desde o BNG de Bueu manifestan que o sector naval "leva anos sufrindo crise tras crise e por iso manifestamos ou noso apoio e solicitamos á sociedade civil que apoie a manifestación". Subliñan que moitos empregos de Vigo e O Morrazo dependen do naval. 

Nenhum comentário: