26/07/2011

Marxismo 2010: arranxando un sistema roto

Alex Callinicos
 
* Publicado en The Guardian o 1 de xullo de 2010 e traducido polo mozo irmandiño Gael Verao para A Revolta entre a Mocidade.

No espertar da crise financieira o marxismo florece, e en Londres os nomes importantes están considerando converter as ideas en acción.

A morte de Ken Coates a semana pasada silenciou outra poderosa e distinguida voz da esquerda radical. O ano pasado levounos algúns dos máis destacados intelecutais marxistas da xeración de 1968 – Giovanni Arrighi, Jerry Cohen, Peter Gowan, e, especialmente dooroso para min, Chirs Harman e Daniel Bensaïd. No suposto mundo libre de ideoloxía da coalición CON-Lib, sería tentador concluír que a desaparición destas persoas representa unha amplo deterioro do marxismo como unha tradición intelectual e politica.

Nada podería estar máis afastado da realidade. Mesmo os miopes mercados financeiros están comezando a espertar ao feito de que o capitalismo está considerabelmente roto. O economista keynesiano Paul Krugman escribiu hai uns días: “Témome que estamos no estado inicial dunha terceira depresión”, seguindo aquelas de finais do século XIX e a dos anos trinta. Marx describiu o seu proxecto intelectual como unha crítica da economía política: o marxismo polo tanto vive e morre da súa abilidade para entender as dinámicas do capitalismo e ofrecer unha saída do mesmo.

E os economistas políticos marxistas estiveron, na fronte, analizando as causas e eleborando a traxectoria da crise global. Ao longo do ano pasado libros como Zombie Capitalism de Chris Harman´s, The Enimga of Capital de David Harvey e o meu Bonfire of Illusions amosaron unha visión da mesma. Costas Lapavitsas e o Research on Money and Finance, grupo de xoves intelectuais situado na escola de Oriental and African studies en Londres lideraron o camiño para explicar a crise na eurozona e ofrecer políticas radicais alternativas para países como Grecia.

Esta investigación estivo acompañada por unha renovación do interese no marxismo entre a xuventude, que agora é moi visíbel nos círculos anglofalantes. Cando David Harvey visitou Londres en abril para promocionar o seu novo libro, realizou media ducia de conferencias, con arredor duns centos de persoas. Unha delas foi na miña propia universidade, King´s College London, dificilmente un centro tradicional de revolución. A reunión estivo co-patrocinada polo florecente King´s group reading Marx´s Capital, que ademais axudou, o pasado novembro, a organizar o debate sobre o futuro do capitalismo entre Martin Wolf, do Financial Times, e eu.

O xornal Historical Materialism, fundado por un xove grupo de intelectuais a mediados dos noventa, foi unha das principais canles do resucitar académico do marxismo. A súa conferencia anual en Londres de novembro atrae a máis de 500 persoas e xa se extendeu a América do Norte con citas homólogas en Toronto e Nova Iorque.

O marxismo, por suposto, sempre fixo o esforzo non só para desenvolver mellores teorías senón para tamén relacionalas con prácticas políticas emancipatorias, como as vidas de intelectuais coma Coates, Harman, e Bensaïd amosan. O Marxism 2010 festival, que dura 5 días e ten lugar en Londres, comeza hoxe.

Organizado polo Socialist Workers party, este foro para idas socialistas ten lugar todos os anos dende 1977 e espera ter máis de 4000 participantes este ano. Esperanse unha gran cantidade de fogos artificiais intelectuais – Tariq Ali en Islamophobia, Slavoj Žižek, John Holloway  e eu mesmo para o comunismo, Hester Eisenstein, Judith Orr, e Nina Power sobre sexismo, xunto cunha galería do talento da esquerda – Tony Benn, Eamonn McCann, gareth Peirce, Steven Rose, Michael Rosen, Sheila Rowbotham, e Gary Youngue de The Guardian.

Pero xunto a estas activades tamén haberá un interese práctico. Mentres a austeridade se extende a través de Europa e a coalición Con-Lib agora parece intentar reinventar o sado-monetarismo dos 1980s nunha escala inimaxinable incluso para Margaret Thatcher, o marxismo de esquerdas está florecendo intelecutalmente. O verdadeiro test que enfronta é político: pode axudar a desenvolver unha resitencia efectiva á coalición de plans que buscan acabar co sector público e os pobres? Os acontecementos en Grecia amosan como a terapia de choque neoliberalista pode desencadear a rebelión social. O futuro real do marxismo depende na escala que estas revolucións se desenvolvan e a dirección polítca que tomen.

Nenhum comentário: