- Un referendo necesario, de Vicenç Navarro (aquí).
"E estamos a piques de ver outro caso no que unha decisión de enorme transcendencia (a reforma da Constitución, para garantir un límite ao gasto público) está a proporse pola dirección dos dous partidos maioritarios, medida que non estaba no programa electoral de ningún deles (e que afectará negativamente á calidade de vida da maioría da poboación). E iso sen que se consultase ao pobo español, argumentándose, ademais, que o Estado - como dixo en varias ocasións Rajoy (o dirixente político español que promocionou tal medida de limitación de gasto público con maior frecuencia) - non pode vivir por riba das súas posibilidades. En realidade, España gasta moito menos no seu sector público (do cal, o capítulo máis grande é o do Estado do benestar) do que debese polo seu nivel de desenvolvemento económico. O PIB per capita de España é xa o 94% da media da UE-15, mentres que o gasto público social por habitante (que inclúe gasto en pensións, en sanidade, en educación, en servizos domiciliarios a persoas con dependencia, en escolas de infancia, en servizos sociais, en axudas ás familias, en vivenda social, entre outros) é só o 74% da media da UE-15. Se fose o 94% (como debese ser), gastaríamos 66.000 millóns de euros máis no noso Estado do benestar do que gastamos agora.
O problema do sector público (do cal o maior compoñente é o Estado do benestar) non é que sexa excesivo, senón que está pouco desenvolvido. España está á cola da Europa social (o seu gasto público social por habitante é o máis baixo da UE-15). Como resultado diso, só un de cada dez españois adultos traballa nos servizos públicos (primordialmente nos servizos públicos do Estado do benestar). En Suecia, con todo, é un de cada catro. Se en España fosen catro, crearíanse case cinco millóns de postos de traballo, eliminándose o desemprego."

- Encontro Irmandiño: "marchando unha de reforma constitucional antipopular" (aquí).
- O BNG votará en contra da reforma da Constitución "por razóns de fondo e de forma" e pide un referendo (aquí).
- Non é tan difícil cambiar a Constitución. Editorial de Gara (aquí).
"Constitucionalizar o límite de débeda non só suporá máis recortes en sanidade, educación, servizos domiciliarios, servizos sociais, vivenda social, pensións e outros compoñentes do chamado estado do benestar, senón que tamén supón a liquidación do autogoberno".
- Un vodevil. Trinchera digital (Público) (aquí).
-
Nenhum comentário:
Postar um comentário