Eduardo Galeano. A tradución é de nosso desde o libro Espejos. Una historia casi universal .
Arredores de Sevilla, inverno de 1936: achéganse as eleccións españolas.
Anda un señor recoorrendo as súas terras, cando un piolloso se lle cruza no camiño.
Sen baixarse do cabalo, o señor chámao e ponlle na man unha moeda e unha lista electoral.
O home deixa caer as dúas, a moeda e a lista electoral, e virando as costas di: "na miña fame mando eu".
Nenhum comentário:
Postar um comentário