22/11/2011

Merkel e as axencias de calificación piden a Rajoy mais "axustes" e "medidas radicais"

Redacción.

Angela Merkel enviou telegrama a Mariano Rajoy para felicitalo pola vitoria nas eleccións do 20 de novembro ao tempo que lle lembraba que ten un "mandato claro" para emprender "rapidamente" as medidas necesarias para o Estado español e para a Unión Europea. A mensaxe é decalcada mutatis mutandis do que Merkel xa enviara aos ex-membros da Goldman Sachs Lucas Papademos e Mario Monti agora primeiros ministros en Grecia e Italia.

Tamén se pronunciou a axencia de calificación Fitch para que o dignatario do PP asuma tomar "medidas radicais" e os "mercados" celebraron a vitoria do PP cunha nova subida na prima de risco e caídas na Bolsa. No entanto, o presidente do PP en Caranias móstrase optimista xa que "En cuanto los mercados vean las reformas de Rajoy, estoy seguro de que se relajará la presión". A axencia de calificación crediticia Fitch non ocultou para nada que Rajoy debe aprobeitar a súa maioría absoltura para propor un "ambicioso e radical" programa de "reformas estruturais" que vain polo vieiro de máis "austeridade" e deixa ás claras coa súa mensaxe que a soberanía do Estado español é a cada paso máis unha ficción.

Para Fitch a débeda pública chegará a 72% do PIB, um nível "sustentábel" a pesar de que os xuros a longo prazo son cada vez máis altos e as expectativas de crecemento máis pequenas. Fitch califica coa nota AA- a débeda do Estado español con perspectiva negativa e advirte que incumprir os alvos de redución do déficit conducirá a máis presión sobre o rating do Reino de España, o que tamén acontecerá se o crecemento é menor do esperado (todo indica que si) ou se aumentan os custes de "recapitalización" (socialización das perdas) da banca española, o que xa é unha realidade.

Para alén disto, Ficht advirte que as CC.AA. son o principal risco para os planos de consolidación fiscal do Estado español, que é o mesmo que dicir que hai que recortar en educación e sanidade e indica que o FMI actuaría para evitar unha "crise de liquidez autoinducida". Os recortes que Rajoy implementará con todo xa teñen en Feijoo, Cospedal, Esperanza Aguirre ou Artur Mas alumnos aventaxados.

Nenhum comentário: