Tirado de aquí.
A tarde estaba expléndida de sol de inverno, e pasadas as 3 da tarde xa comezaba a notarse ambiente de manifestación no entorno do Abanico, nas inmediacións da capitalidade municipal do Irixo, finalmente, arredor de 2.500 persoas responderon á chamada da Coordenadora Veciñal Incineradora no Irixo Non. Con 20 minutos de retraso sobrre o horario previsto partía a marcha pola estrada autonómica O Carballiño-Lalín, que abría unha gran pancarta portada polos membros da Cordenadora. Entre os manifestantes, caras coñecidas da política autonómica como o Ex-Conselleiro e Deputado do BNG Alfredo Suárez Canal, as tamén deputadas Maria Quintas do PSOE e Tareixa Paz do BNG, asi como os Alcaldes de Ribadavia, Piñor e Maside, os 3 socialistas. Outros, chegados desde máis lonxe, como o Alcalde de Teo, o nacionalista Martiño Noriega.
A marcha trancurríu sen incidentes e a altura da Vivenda familiar do Alcalde do Irixo un grupo de manifestantes situaron un colector de lixo á entrada da casa, mentres se repetían algunhas das consignas máis escoitadas "Penedo escoita, O Irixo está en loita", "queremos traballar e non apestar" ou "que este goberno arda no inferno". A comitiva foi avanzando atá a Praza do Concello do Irixo, onde agardaban algunas persoas "esperábase máis xente" decian algúns. O Certo, é que a manifestación foi un éxito para os organizadores que falaban de "miles de persoas", en todo caso unha cifra de manifestantes seguramente superior á actual poboación do municipio do Irixo, que está por debaixo dos 2.000 habitantes. Certo é tamén, que a gran maioria dos manifestantes chegaron desde fora do Concello, aínda que desde o propio municipio a participación tamén foi relevante, sobre todo dalgunhas parroquias, como a de Loureiro.
Ao final do acto, un representante da Coordenadora Veciñal agradeceu "a presencia dos que antepoñedes a ética e a honradez aos intereses económicos". O escritor Luis González Tosar foi o encargado de dirixirse ao público que enchia a Praza do Concello do Irixo "teño falado en moitos auditorios, pero nunca me sentín tan honrado coma hoxe, como aquí, entre a miña xente, non podemos fallarlles os que están enterrados nos 11 cemiteiros das 11 parroquias do Concello", parroquias que foi nomeando unha a unha.
Tras varias referencias ao Alcalde e 1º Tenente Alcalde "temos detrás nosa dous traidores na historia do Irixo" González Tosar preguntouse "quen é o parvo que cambia a súa saúde e a da súa familia por clasificar basura, traicionaronnos, e non imos ser vendidos por dous traidores, a partir de hoxe non recoñecemos ao Señor Penedo como Alcalde do Irixo", palabras que foron seguidas desde o público con berros de "Penedo dimisión". Finalmente, proclamou que "desde que a humanidade é humanidade David sempre soubo enfrontarse a Goliat, vencerémos".
Um comentário:
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/marcha-de-protesta-no-irixo-contra-a-instalacion-da-planta-incineradora/idEdicion-2012-01-07/idNoticia-721835/?utm_source=twitterfeed&utm_medium=twitter
Postar um comentário