Tirado de El Mundo (aquí) e trauducido por nós. Recuperamos esta nova perante as exixencias de máis diñeiro público da banca e a "boa predisposición" do PP a "inxectarllo".
Xosé Manuel Beiras, ex líder do BNG e portavoz do grupo integrado no Bloque Encontro Irmandiño, considerou que as indemnizacións "astronómicas" de altos cargos da banca e as caixas deben dar lugar a "procesamientos" e tamén dos políticos que os consentiron.
Encontro Irmandiño (EI) expuxo ao BNG propostas económicas para o seu programa electoral no marco dun "fin de ciclo histórico", segundo explicou este xoves Beiras, que insistiu en que unha forza "emancipadora" debe ter en conta este contexto para elaborar o seu programa electoral.
Comentou que, no plano mundial, a situación, "en rigor", é dunha grande depresión, análoga á dos anos 30, posterior á "explosión" do 29, polo que opinou que deben aplicarse políticas sociais e económicas na liña das deseñadas por Keynes.
No entanto, denunciou que non se está facendo así, senón que é o capital financeiro quen domina os resortes do poder.
Beiras sinalou que tamén se rexistra unha crise política, económica e ideolóxica, cunha deterioración das instancias políticas, vinculadas á soberanía dos cidadáns, "cada vez máis patente", o que vén demostrar os diagnósticos que o Bloque fixo nos anos 90 e sobre o que significaba o tratado de Maastricht.
A 'demolición' de logros
O dirixente nacionalista sinalou que, "aínda que pareza utópico", unha forza rupturista debe expor un marco de referencia cara a onde debe ir, máxime cando os segmentos máis conscientes da cidadanía están a cuestionar a situación e é con eles cos que unha organización como o BNG debe "sintonizar".
Xosé Manuel Beiras considerou que Galiza está en período de "demolición" de todo o que se puido lograr nos últimos 30 anos, para convertela nun territorio sometido aos ditados do Estado que, á súa vez, estao aos da oligarquía mundial, asegurou.
Para o catedrático de Economía, os cidadáns deben percibir que unha forza progresista ten unha posición clara ante as circunstancias que máis "padece" a maioría.
Unha das propostas de EI é a "reconstitución do sector financeiro público" e a "reversión das caixas de aforro á súa natureza orixinaria de entidades non capitalistas privadas", ou unha auditoría da débeda pública e "recuperación do achegado para salvar aos banqueiros".
13 medidas
Tamén avoga, nunha listaxe de 13 medidas, pola reforma tributaria que restabeleza a fiscalidade progresiva, sobre todo nos tramos elevados de ingresos e patrimonios, así como a derrogación das sucesivas reformas laborais.
Beiras considerou que os cobros dos altos cargos da banca e caixas deberían dar lugar a "procesamientos", tamén dos políticos que permitiron as súas "indemnizacións astronómicas".
O portavoz nacionalista sinalou que as propostas expostas van "a favor" do BNG, "se quere saír ben librado do episodio electoral do 20-N", aínda que agregou que o futuro do Bloque non se xoga nestes comicios, senón na asemblea que está en proceso.
Preguntado polo nivel de diálogo neste proceso, sinalou que até agosto si o houbo, coa creación dunha comisión para o seu desenvolvemento e a aceptación dunha asemblea por militantes e non delegados ou a reafiliación ou afiliación con dereito a participar no congreso.
No entanto, agregou que tras o mes de agosto e coa convocatoria das eleccións, o diálogo é "pouco ou nada", aínda que sinalou que despois dos comicios verase se esta situación foi "circunstancial" pola dedicación da dirección nacionalista á consulta electoral.
Tras apuntar que EI non foi consultado para a elaboración das listas, concluíu que xa se verá tras as eleccións "se o diálogo se reabre".
Nenhum comentário:
Postar um comentário