Tirado de ATTAC España (aquí).
Non diga conxelar o salario mínimo, diga “mejorar la competitividad”. Non diga violencia machista, diga “violencia en el entorno familiar”. Non diga recesión, diga “tasa negativa de crecimiento económico”. Non diga copago nin moito menos repago: é un moi necesario “ticket moderador”. Non diga recortes, diga “reformas”. Non diga emprego precario, diga mellor “minijob”. Non diga abaratar o despidimento, diga “flexibilizar el mercado laboral”. Non os chame patronal ou empresarios, chámeos “emprendedores”. Non critique as rebaixas fiscais aos máis ricos, son “ayudas a los ahorradores”.
No fale de regalar diñeiro público á banca cun banco malo, trátase de “facilitar la gestión activa del patrimonio dañado de las entidades financieras”. Non cuestione un gabinete de porta xiratoria, cos lobbies no Consello de Ministros: alabe a súa preparación empresarial. Non critique a un ministro de Defensa que ha pasado los últimos 16 años a los dos lados del misil –comprándos desde a Administración ou vendéndos desde as fábricas de armas–: eloxie a súa “experiencia no sector”. Non recorde a Lehman Brothers, os seus directivos nunca foron responsábeis do que pasou.
Non prometa perante a Constitución, mellor jure ante la Biblia. Non fale de Estado aconfesional, eloxie a deus como “legislador del universo”. Non o llame matrimonio, que las peras son peras, las manzanas son manzanas e a muller-muller é alcaldesa de Madrid. Non diga Educación para a ciudadanía, diga mellor relixión. E deixe de culpar o Gobierno do paro, da situación económica ou da choiva, que iso é cosa do pasado: agora é culpa da “herdanza recibida” da “hemorragia de la deuda”, da “coyuntura económica general” e da “crise internacional”.
E da teimuda seca.
Nenhum comentário:
Postar um comentário