21/02/2012

Crónica da Asemblea Extraordinaria do Encontro Irmandiño (12-2-2012)

* Paula Vázquez Verao dende a Mesa da Asemblea 

 
Calor. Folgos. Forza. O 12 de febreiro, aquela sala do Pazo de Congresos de Santiago, ateigada de xente, tivo un aire de Asemblea Constituínte: o primeiro impulso para ese "novo proxecto común", unha nova organización política, "unha fronte ampla nacionalista, plural e co centro de gravidade na esquerda", por definir nun proceso de abaixo cara arriba en xuntanzas abertas nas comarcas e localidades.

Como aberta foi a asemblea - igual que todos os procesos do EI -, pública tamén é esta especie de crónica, que podedes completar nos comentarios ou ben enviando as vosas opinións a puntodeencontro@encontroirmandinho.org e mocidade@encontroirmandinho.org
 
A pregunta plantexada pola Coordinadora Nacional do Encontro Irmandiño, en consecuencia cos acordos da Asemblea Nacional de hai un ano, era clara: é rexenerábel o BNG despois da XIII Asemblea Nacional? 

 
Xosé Manuel Beiras pediu que se tomasen "decisións rotundas", sexan cales sexan".
O portavoz nacional do EI explicou que o que se acordara na IIIª Asemblea foi que haa que intentar mudar as condicións no BNG para lograr unha rexeneración, volver aos prinicipios éticos e políticos orixinais e recuperar o proxecto estratéxico de emancipación nacional, reactualizando o proxecto común á vista do s. XXI. Para isto, o EI sempre tivo en conta ao movemento antiglobalización, que está dando unha lección de como se pode facer que a cidadaa exerza como tal, e como a esquerda social se pode proxectar na instancia política. O EI cremos que o nacionalismo galego debe aprender de todos estes procesos, e iso era o que queríamos aportar no BNG.
O acordo da IIIª Asemblea do EI impelía a que, de non se acadaren as condicións para rexenerar o BNG, contribuiríamos á creación dun novo referente político con raiceiras na sociedade, na cidadaa que sinte Galiza como nación.
A decisión a adoptar, como primeiro paso era, pois, decidir irse ou non do BNG.


"Cómpre recuperar a ilusión".
Coincidiron a práctica unanimidade das intervencións en que "o BNG non é rexenerábel" e que a sociedade galega está "agardando por un proxecto novo". Foron comúns os parabéns polo formato de asemblea aberta e as lembranzas dos anos 90, cando "a maior parte da mocidade era do BNG porque ilusionaba". Esa ilusión era o que faa que a militancia fose moi activa, e non só esta, senón tamén a xente simpatizante, que faa un gran papel.

Carlos Méixome
"Gran parte do BNG ten que abandonar o BNG"
A tese d aprobada é excluínte, "recupera o modelo de fronte vertical, o BNPG, cun partido comunista con compañeiros de viaxe". No s. XXI, cando os modelos de organización da esquerda están en profundo cambio, cando o capitalismo está esgotado, nós temos que irnos do BNG, pois a nosa forma de facer política non ten cabida nel.

Quique Tello
"Ou se transforma dende a propia sociedade e de aí sae un goberno novo ou se transforma dende o goberno e de aí sae unha nova sociedade. Este última é tanto a estratexia do PP coma a da UPG, pero non a nosa."
É o nacionalismo organizado no BNG un elemento válido para transformar a sociedade? A cuestión é que o BNG está desconectado dela. O inimigo é o fascismo instalado na sociedade a todos os niveis e o BNG non serve para combatelo, mesmo se renunciou a aplicar o propio programa de goberno aprobado nas asembleas.
Temos a sorte de ter xentes que non teñen ambición política de ocupar un cargo, senón de contribuír a un proxecto político novo: un novo nacionalismo organizado.


Martiño Noriega 
"Doe o corazón, pero respiramos esperanza. Hai que comezar un novo camiño fóra do BNG".
O alcalde de Teo e viceportavoz do EI amosouse claro e rotundo. "No EI fracasamos na rexeneración do BNG." Dimos a batalla porque pagaba a pena, pero cómpre encetar un novo camiño. "Cómpre, sen perder a identidade, abrir os ollos e as orellas e abandonar posicións prefixadas: o proxecto político novo ten que ser con moita xente e moi plural".
As responsabilidades son colectivas, non hai bos nin malos.
"Decidades o que decidades, eu acompañareivos".


Helena Pérez
"Vivir da política impide pensar libremente."
O que está a pasar no BNG xa se viviu na ANPG e o proceso de ruptura desta desde o ano 80, con expulsións masivas e ruptura traumática, fíxonos tomar conciencia da necesidade de traballar en torno a consensos. Todo o traballo de ascenso do BNG se fixo en base ao consenso, dende o debate, dende o respecto. Dende que unha parte pugnou por controlar o aparato, o clima interno mudou radicalmente, a convivencia xa está rota hai tempo e a cidadaa xa deu as costas ao BNG.
Se non é posíbel a convivencia no BNG, é responsábel saír daí.

Manoel Santos
"Non se pode respostar á parálise política con parálise política: a burocracia do BNG está totalmente afastada do pobo".
O grave do nacionalismo organizado non é a situación interna, senón a incapacidade de dar resposta a esta fase do capitalismo.
Hai un conflicto entre as formas de entender a organización e, sobre todo, nos xeitos de comunicación social.
O noso deber é propiciar o clima para a "reconstrución dunha ferramenta política para este País", para o que se precisa "implicación de todo o mundo, en pé de igualdade: esforzo, imaxinación, altruísmo, respecto mutuo, xenerosidade..." O EI non queremos hexemonizar nada, senón facer ver que "outra Galiza é posíbel e que imos a loitar por ela".

Xabier Toba
"A derrota do proxecto político do nacionalismo foi cando o Estado Español impuxo o seu programa político na Galiza e se afundiron os nosos sectores productivos".
É crucial recuperar a análise seria do País, facer un programa político desde unha organización ao servizo da liberación nacinal e a liberdade das persoas.
"Non hai esperanza no BNG e, para o novo proxecto político, "nada fóra da autoorganización da sociedade"

Luis Eyré
"A XIII Asemblea puxo en evidencia que a unidade do nacionalismo no BNG é imposíbel. Tentar mantela á forza mandaa a moita xente para a casa."


Nando Casal
Logo dunha retranqueira e xenial intervención, o músico sentenciou: "só hai dúas posibilidades, ou irse para a casa ou tratar de facer algo fóra e ilusionar á xente". Cómpre un instrumento político á altura do s. XXI. "O País precisa unha ferramenta útil, non unha empresa para xerar postos de traballo".


Luís Goales Blasco "Foz"
"Como nunca estiven, non por eu non querer, senón por non me deixaren, que vou dicir? Que mellor fóra".
Reivindicou o papel da UPG histórica, da da actividade no exilio e dos primeiros tempos, e criticou a a deriva dende mediados dos 70.
Na nova xeira, precisamos "respecto mutuo": "hai que defender a todo o nacionalismo e a todo o independentismo", temos que sumar forzas.
A organización independentista Galiza Ceibe tratara de entrar no BNG, algo apoido por Beiras, pero foi frustrado. "Sabemos que, de momento, o novo instrumento político non vai aglutinar a todo o nacionalismo, que vai haber un periodo con varias opcións", pero cómpre unir forzas para un novo proxecto común.

Carlos Neira
"Se somos quen de aglutinar a toda a xente que se afastou do BNG: hai futuro!"

Raúl Asegurado
"A honradez política mídese sempre no momento presente". Non é o momento dos novos nin dos mesías, senón o de confluírmonos todas e todos, acumulando capital humano, e tendo o compromiso de proxectarse cara o futuro, "pero no presente e agora".
[Pódese ler a intervención do Raúl aquí].

Xoan Hermida
"É un erro pensar que non se pode construír un proceso reformista no institucional pero rupturista e de cambio social na sociedade".



Pilar Estévez
"Non ao cainismo: o inimigo está aí fóra".

Paco Gallego
"Non se pode vivir nunha organización que é unha trincheira".

Manuel Docampo "Lolo"
"O camiño é complexo, pero merece a pena".
No SLG foise quen de construír outros xeitos de organización e de relación coa sociedade. Nós non temos que "ser militares", temos que seguir a "pensar diferente, ser traballadores, pero non militares".

Héctor Tejón
"A xeración máis formada da Historia de Galiza está a marchar", tamén se foi afastando do BNG.
Á xente moza tócanos a construción dunha nova sociedade. "Hai moita desconfianza social cara o nacionalismo, pero tamén ganas".

Sobre se foi ou non bo ter ido á Asemblea do BNG, a maioa valorou como positiva esta derradeira batalla dentro. "Fracasamos porque actuamos", ademais, "na XIII Asemblea deuse un elemento interesante, os procesos enmarcadores, procesos de unidade que se xeneran entre xente diferente que ve que é posíbel construír algo xuntos" (Xoan Hermida). 

 
O ambiente da XIII Asemblea serviu para que moita xente "nos díramos conta de cómo funciona o BNG en determinadas comarcas" (Luis Eyré), para verificar colectivamente o estado real da fronte, que reproduce todos os males sociais: "a lóxica de dominación, o desprezo á diferenza, a non asunción da crítica construtiva, falta de debate, auténtica corrupción e mercadeo con postos de traballo" (Paula Vázquez Verao).


Tamén houbo referencias á etapa de goberno do Bipartito, na que se fixeron cousas ben pero que tamén se cometeron erros polos que "haa que pedir perdón" (David de Toén), non se soubo "reaccionar á perda do goberno da Xunta". "Hai que gobernar, pero manterse firmes nas conviccións".

"O inimigo está fóra, non é o BNG", foi algo do máis repetido. Cómpre ter respostas políticas ante a situación da Galiza. O novo proxecto ten que adicar os esforzos a "loitar contra o capitalismo".

En canto á maneira de saír, fálase de "escisión", de saída organizada, "en bloque", pero respectando os procesos e tempos de cada grupo organizado.

De cara ao futuro, o novo proxecto común mírase "plural", con raiceiras na sociedade civil, "con xente que estaba no BNG e con xente de fóra". "Se o que queremos é algo plural e construído colectivamente, non pode haber grupos ou colectivos dirixentes, o EI non ten vontade diso" (Luis Eyré).

Adhesións colectivas ao proxecto evidenciáronse xa nesta Asemblea, por parte de colectivos de Nigrán e da comarca de Ferrol, onde cómpre "rescatar a xente que estivo falta de liberdade internamente".

Logo do debate, a coordinadora ratifica a a postura: non hai posibilidade de rexenerar o BNG dende dentro; hai que saír colectivamente da fronte.

Xosé Manuel Beiras, como portavoz nacional do EI, le as propostas deresolución, aprobadas por aclamación, non habendo ninguén das persoas asistentes que solicitase votación. 

A singladura cara o mar aberto comezou.

Nenhum comentário: