20/02/2012

O BNG asegura que Martiño Noriega "pon en perigo a gobernabilidade de Teo"

Ignacio Louzao FOTO: Xela Cuñarro
Ignacio Louzao
FOTO: Xela Cuñarro
 Tirado de El Correo Gallego (aquí). O BNG prefere queimar as naves antes de manter a unidade de acción no eido nacionalista nunha postura coa que pretenden "intimidar" a outros alcaldes que puderan atraverse a deixar a formación.

Malia que non hai nin unha semana que o alcalde de Teo explicaba en Radio Obradoiro que a relación dos concelleiros do grupo municipal era boa, malia a saída do Encontro Irmandiño das filas do BNG, dende daquela o panorama complicouse. Este luns, en Caixón de sastre, o responsable comarcal do Bloque criticaba a xestión que está a facer deste asunto Martiño Noriega e os edís que lle son afíns, sinalando que "son os que poñen en perigo a gobernabilidade do concello".

Ignacio Louzao insistía en que "o BNG non cambiou, senón que cambiaron algunhas persoas". Engadiu neste sentido que "a día de hoxe o normal sería que o Bloque estivese gobernando Teo con normalidade. Se non é así é responsabilidade de Martiño Noriega e doutros concelleiros que crearon a situación actual de certo desequilibrio no executivo local".

Ó igual que Guillerme Vázquez e Francisco Jorquera, Louzao cre que os que decidiron "de forma persoa e unilateral" abandonar o BNG, "deberían poñer a súa acta a disposición do partido". Tampouco entende que os membros do Encontro Irmandiño "descalifiquen ó Bloque". En calquera caso, non quixo aventurar o que podería pasar no executivo tense, á espera das reunións que van celebrar nos vindeiros días ós organos locais.

Nenhum comentário: