14/04/2012

Non é un rei, é un zoupón!

Iñaki Anasagasti.



Non lles ficou máis remedio, perante a importancia da operación, informar da viaxe "privada con diñeiro público" do rei a Botswana, accidente incluído. Mentres todos especulaban onde estaba o monarca que non visitaba ao seu netísimo Froilán, resulta que o moi repoludo, en plena crise da "prima de risco" collía o portante e como facía no pasado cos osos bébedos íase a Botswana a cazar. Seguramente o importe da viaxe, os permisos e demais, con operación incluída, custou máis que a raquítica diminución do 2% no salario do seus once traballadores, que non del.

A Casa Real española mostra, moi ao seu pesar, e máis unha vez, o anacrónico dunha institución opaca, esvanxadora, con mentalidade medieval e cun rei cada vez máis abotargado e unha familia cada vez máis zoupona.

E as preguntas imponse:

Por que en plena crise o rei frivolamente vaise de viaxe?

Por que o Goberno está empeñado en montar unha Marca España con este disparatado Borbón, boneco de lá mundial, de marca de fábrica?.

Por que o embaixador español en Botswana tivo que facer fronte a ese desatino e ao goberno de Rajoy a oposición non lle podemos preguntar nada?.

Por que este señor ante os seus achaques e situación familiar, aproveitando que mañá é o 14 de abril, non abdica dunha vez?

Por que nunca podemos decatarnos de canto custan estas viaxes ?

Por que cando o Xefe do estado está de ferias a opinión pública non se decata?.

Por que o goberno tapa todas estas corruptelas?

Por que alguén do partido socialista non denuncia este cortesanismo?

Urdangarin, Froilán, cazarías, irse a Dubai e non acudir ao funeral de Miguel Delibes, a infanta Cristina e a infanta Elena, Felipe e Letizia, todos isto dá para unha Zarzuela, mais non para a Marca dun país serio. Que pobre xente!.

Nenhum comentário: