Vicenç Navarro. Artigo tirado de aquí e publicado orixinalmente en Público. Traducido por Revolta Irmandiña.
Unha consecuencia das políticas ultraliberais levadas a cabo na maioría de países da OCDE desde a época do Presidente Reagan en EEUU e de Margaret Thatcher en Grande Bretaña, foi a enorme concentración das rendas naqueles países, alcanzando niveis descoñecidos desde a época que precedeu á Grande Depresión a principios do século XX. Un caso claro é EEUU. No ano 1929, o 1% de renda superior da poboación tiña o 24% de toda a renda do país. As reformas New Deal introducidas polo Presidente Franklin Roosevelt (que é aínda hoxe o Presidente máis popular que tivo EEUU), que consistiron no estabelecemento de políticas redistributivas, na introdución de políticas sociais universais (como a Seguridade Social), en facilitar a sindicalización -que causou un grande aumento dos salarios-, así como no aumento do gasto público en investimentos na infraestrutura do país, -creando grande cantidade de emprego- determinaron unha redución moi notábel de tal concentración das rendas e riquezas. As políticas redistributivas mantivéronse durante o período 1934 a 1978. Mesmo durante a administración Republicana do Presidente Eisenhower, o 1% superior da poboación (os súper ricos) pagaron en impostos polos seus ingresos case un 80% da súa renda.
Tales políticas cambiaron desde o estabelecemento do ultraliberalismo, a partir do Presidente Reagan, introducíndose medidas opostas ás realizadas na época anterior. A progresividade fiscal diluíuse, os programas de carácter universal reducíronse e os sindicatos foron debilitados como consecuencia de intervencións públicas (tales como a desregulación dos mercados laborais) que determinaron, de novo, unha enorme concentración das rendas, alcanzando o seu máximo de novo no ano 2008, cando posuíron de novo o 28% da renda nacional. Esta enorme concentración das rendas creou un problema económico maior. Esta concentración conseguiuse a base da redución das rendas do traballo, creando con iso un problema de demanda de maiores proporcións. Como ocorrera nos anos vinte do século XX, a polarización das rendas naquel momento causou a Gran Depresión, dunha maneira semellante que agora esta concentración orixinou a Grande Recesión.
Este 1% da poboación é o que consegue os seus ingresos predominantemente das rendas do capital e ten un enorme poder financeiro, empresarial, mediático e político, pois controlan os medios de financiamento, de produción, de información e difusión, coa complicidade do Estado, cuxas políticas facilitaron tal concentración. Por iso é polo que o movemento Occupy Wall Street en EEUU os asinala, con razón, como os responsábeis da crise financeira e económica. (É interesante subliñar que é un indicador da enorme influencia mediática e política dos súper ricos que a concentración das rendas e das riquezas como causa da Grande Recesión apenas aparece nos medios).
Agora ben, hai que concienciarse de que por moito poder que teña este 1% (e teno, e moito), o seu poder apóiase nunha parte da sociedade (outro 9%) cuxas rendas dependen da existencia deste 1%. É dicir, o 1% é parte do 10% de renda superior que consegue amplos beneficios desta concentración da renda. Este 10% controla hoxe o 52% de toda a renda de EEUU, seguindo unha evolución semellante que a do 1% descrito anteriormente. En 1928 tiña o 52% da renda. Baixou até o 32% en 1978, para subir de novo ao 52% no 2008.
O problema, pois, non se limita ao 1%, senón ao tope 10%, que inclúe aos profesionais ao servizo do sistema financeiro, económico e mediático do país e de cuxos servizos obteñen enormes beneficios. Entre este 10% están todos os que dirixen as institucións reprodutoras do sistema financeiro, económico e mediático, e cuxo poder de reprodución de valores e promoción de imaxes (como é a promoción da postura de que non hai alternativas ás que o establishment propón) é vital para a permanencia do sistema. Hoxe tales institucións teñen un dominio sobre o Estado e unha hexemonía sobre os aparellos culturais e ideolóxicos que facilitan tal control. Por iso é polo que, aínda cando os que "mandan" na sociedade son só un 1% da poboación, este mando non pode ocorrer sen este outro 9%, sumando un 10% que non vai ser fácil de cambiar.
Agora ben, hai que ser tamén conscientes de que a grande maioría da poboación hoxe sabe quen son os responsábeis e a súa mobilización pode forzar este cambio. Segundo os últimos inquéritos realizados nos EEUU, a maioría da cidadanía (que varía segundo a enquisa de 68% a 76%) non cre que a economía funcione para o ben de todos, e unha maioría semellante non cre que o Congreso de EEUU represente os seus intereses. Un tanto parecido ocorre na grande maioría de países da OCDE. Concretamente, en España, a maioría da poboación non cre que a economía estea a funcionar para o ben de todos ou que a clase política responda os seus intereses. A causa desta alienación política é fácil de ver, aínda cando sexa difícil lelo ou ouvilo nos maiores medios de información: a enorme concentración das rendas e das riquezas nun sector minoritario da poboación (non máis dun 10%) e a súa excesiva influencia política e mediática nas nosas sociedades. E a poboación é consciente diso. De aí o enorme temor e represión do sistema cara a estes movementos sociais, como o movemento 15-M en España ou o movemento Occupy Wall Street en EEUU que, continuadores de movementos contestatarios como os sindicatos e outros movementos sociais, critican ao sistema, subliñando a falta de coherencia entre discurso e narrativa oficial prol democrática do establishment político e mediático do país por unha banda, e a realidade profundamente antidemocrática que aparece nas súas prácticas cotiás e nas súas políticas públicas, todas elas levadas a cabo sen ningún apoio ou mandato popular.

Nenhum comentário:
Postar um comentário