16/05/2012

Programa electoral de Syriza

Artigo tirado de El Cuarto Estado (aquí) e traducido por Revolta Irmandiña. Moitas das propostas coinciden coas expresadas polo Encontro Irmandiño para o debate das asembleas do novo referente político que desexamos construír (ver aquí).


 Un resumo do do programa electoral do partido Syriza, favorito nos inquéritos agora que se van a repetir as eleccións en Grecia.

 1. Realizar unha auditoría sobre a débeda pública. Renegociar a súa devolución e suspender os pagos até que se recuperou a economía e volva o crecemento e o emprego.

2. Esixir á UE un cambio no papel do BCE para que financie directamente aos Estados e aos programas de investimento público.

3. Subir o imposto da renda ao 75% para todos os ingresos por encima do medio millón de euros anuais.

4. Cambiar a lei electoral para que a representación parlamentaria sexa verdadeiramente proporcional.

5. Subir o imposto de sociedades para as grandes empresas polo menos até a media europea.

6. Adoptar un imposto ás transaccións financeiras e tamén un imposto especial para os produtos de luxo.

7. Prohibir os derivados financeiros especulativos, como os swaps e os CDS.

8. Abolir os privilexios fiscais dos que goza a igrexa e os armadores de barcos.

9. Combater o segredo bancario e a evasión de capitais ao estranxeiro.

10. Rebaixar drasticamente o gasto militar.

11. Subir o salario minimo até o seu nivel previo aos recortes (751 euros brutos mensuais).

12. Utilizar os edificios do Goberno, a banca e a igrexa para aloxar ás persoas sen fogar.

13. Pór en marcha comedores nos colexios públicos para ofrecer almorzo e xantar gratuíto aos nenos.

14. Ofrecer sanidade pública gratuíta para as persoas desempregadas, sen fogar ou sen ingresos suficientes.

15. Axudas de até o 30% dos seus ingresos para as familias que non poden afrontar as súas hipotecas.

16. Subir as prestacións de desemprego para os parados. Aumentar a protección social para as familias monoparentais, os anciáns, os discapacitados e os fogares sen ingresos.

17. Rebaixas fiscais para os produtos de primeira necesidade.

18. Nacionalización dos bancos.

19. Nacionalizar as antigas empresas públicas de sectores estratéxicos para o crecemento do país (ferrocarrís, aeroportos, correos, auga...).

 20. Apostar polas enerxías renovábeis e pola protección do medio ambiente.

21. Igualdade salarial para homes e mulleres.

 22. Limitar o encadenamento de contratos temporais e apostar polos contratos indefinidos.

23. Ampliar a protección laboral e salarial dos traballadores a tempo parcial.

24. Recuperar os convenios colectivos.

25. Aumentar as inspeccións de traballo e os requisitos laborais para empresas que accedan a concursos públicos.

26. Reformar a constitución para garantir a separación igrexa-Estado e a protección do dereito á educación, a saúde e a protección do medio ambiente.

27. Someter a referendo vinculante os tratados europeos e outros acordos de importancia.

28. Abolición de todos os privilexios dos parlamentarios. Eliminar a especial protección legal dos ministros e permitir aos tribunais ordinarios procesar aos membros do goberno.

29. Desmilitarizar a garda costeira e disolver as forzas especiais antidisturbios. Prohibir a presenza de policías encubertos ou con armas de fogo nas manifestacións e mitins. Cambiar os plans de estudo dos policías para pór énfases nos temas sociais, como a inmigración, as drogas ou a exclusión social.

30. Garantir os dereitos humanos nos centros de detención de inmigrantes.

31. Facilitar aos inmigrantes a reagrupación familiar. Permitir que os inmigrantes, incluso os indocumentados, teñan acceso pleno á sanidade e a educación.

32. Despenalizar o consumo de drogas, combatendo só o tráfico. Aumentar os fondos para os centros de desintoxicación.

33. Regular o dereito á obxección de conciencia no servizo militar.

34. Aumentar os fondos para a sanidade pública até os niveis do resto da UE (a media europea é do 6% do PIB e Grecia gasta o 3%).

35. Eliminar o copago nos servizos sanitarios.

36. Nacionalizar os hospitais privatizados. Eliminar toda participación privada no sistema público de saúde.

 37. Retirada das tropas gregas de Afganistán e os balcáns: ningún soldado fóra das fronteiras de Grecia.

38. Romper os acordos de cooperación militar con Israel. Apoiar a creación dun estado Palestino dentro das fronteiras de 1967.

 39. Negociar un acordo estábel con Turquía.

40. Pechar todas as bases estranxeiras en Grecia e saír da OTAN.

Nenhum comentário: