21/12/2012

2012 UN ANO DESASTROSO PARA A SANIDADE PÚBLICA


Cando se cumpre un ano do goberno de Mariano Rajoy, e esta recente o triunfo electoral de Nuñez Feijoo na Galiza desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública queremos denunciar que a Sanidade Pública, atópase abocada ao desastre, a pesar das promesas realizadas:

1) Recortes brutais nos orzamentos
sanitarios

2) Cambio do modelo sanitario, pasando dun modelo universal a outro baseado no aseguramento que exclúe a colectivos desprotexidos

3) Estabelecemento de repagos
xeralizados, para medicamentos, para transporte sanitario, dietoterapia, prótese e ortese.

4) Ruptura da Carteira de prestacións
do Sistema Nacional de Saúde, coa
ameaza de sacar da carteira básica, e
por tanto das que son gratuítas,
numerosas prestacións (os documentos falan de reprodución asistida, mamografías, etc)

5) Recortes orzamentarios que se
concretaron en diminucións de persoal (non se repoñen xubilacións, féchanse camas e de servizos, de puntos de atención urxentes, non se substitúen aos medicos de baixa , etc. O Plan de Mellora de Atención Primaria segue paralizado.

6) Privatizacións xeralizadas
(central de compras, almacéns, informática, ..)

7) Paralización da construción dos
hospitais de Vigo e o de Pontevedra, e dos Planos Directorios do resto de
centros hospitalarios.

8) Paralización da construción e
apertura dos novos centros de saúde
(nin un só de 15 previstos dun total de 66 necesarios),

9) Mantemento do hospital privado
POVISA como hospital de área pese a
súas deficiencias ,

10) Inicio do Desmantelamento das
áreas sanitarias do Barco de Valdeorras, Monforte, etc.;

11) Desmantelamento unidades
tratamento da SIDA e drogodependencias,

12) Reducións salariais aos
traballadores sanitarios

13) Incremento das listaxes de espera
en 30%

En resumo desmantelamento e
recortes xeralizados do sistema
sanitario, empeoramento da atención, incumprimento das
promesas do electorais de Nuñez
Feijoo e avance da privatización.
Asociación Galega para a Defensa da
Sanidade Pública

21 de decembro de 2012

Postar um comentário