Reproduzimos por escrito a intervençom de Laura Ogando, vareadora de Bueu:
Boas tardes a todas e a todos:
Contaba eu con 13 anos de idade, cando aló polo ano 1993 o meu pai tivo a marabillosa idea de levarme a un mitín no Teatro Malvar de Pontevedra: estábamos en Eleccións á Xunta de Galiza; a verdade é que para unha rapaza desa idade e sen mediar xa, como diría Jung, un complexo de Electra na relación paterno-filial; un acto deste tipo non necesariamente tiña que ser atraente para unha moza da miña idade: a cuestión é que foi transcurrindo o acto e xa se notaba certa expectación no ambiente; a xente estaba a esperar ó candidato, o que xa en marzo dese mesmo ano petara na mesa do parlamento con un elocuente zapatazo ao máis puro estilo Kruschev; e por fin, saiu, saiu Xosé Manuel Beiras, político e economista e tamén hoxe en día un dos escritores de referencia na nosa literatura contemporánea.
Mais que foi o que vín eu; pois un "animal político", un home combativo, que non violento; que se dirixía a nós, aos cidadáns e cidadás e que nos falaba en clave de autodeterminación para Galiza e da transformació n da sociedade. Hai que lembrar que no ano 1993 estábamos ao igual que hoxe inmersos nunca crise terrible onde se manexaban datos que sumados ó ano 92 sumaban a perda de 60.000 postos de traballo equivalentes ó 6% do emprego existente, cifra dabondo explicativa da gravísima crise que pesaba sobre a estructura económica, industrial e social do país.
Nesas eleccións pasamos de ter 5 a ter 13 deputados no Parlamento de Galiza: a mensaxe chegara ó pobo, o que é soberano. Eu se puidera votar daquela xa o tiña claro!! Porque foi naquel preciso momento, inda o teño claro na miña mente e nos meus recordos, cando tomei consciencia de país; cando xa decidín que dunha maneira ou doutra que o que quería facer da miña vida era combater, combater por unha Galiza liberada e luitar por unha sociedade libre de exploracións.
Algo que lle vou ter que agradecer o señor Beiras, aquí hoxe presente; que me foi capaz de transmitir; e podo asegurar que aínda hoxe en día os seus 74 anos: o seu amor e luita apaixoada polo que é noso, a nosa cultura, o noso idioma, o noso pobo...
A súa traxectoria política é por todos e todas coñecida. Foi quen de con 18 deputados no ano 1997 pasar a ser a segunda forza política de Galiza, sempre foi un dos políticos deste país que non só fixo traballo institucional,que tamén, senon que dá a cara cando hai que defender os intereses dos traballadores e traballadoras da nosa terra. Aínda temos na memoria cando nun mes de agosto, hai anos, estando Beiras veraneando aquí en Bueu, abandonou o seu descanso para defender os dereitos dos traballadores de Herema. Así, e dende este bo facer no 2007, xunto con un grupo de militantes, Beiras funda o Encontro Irmandiño, colectivo que estamos dentro do BNG e que defendemos unha volta aos principios fundacionais do Bloque como a democracia interna, o asamblearismo e a comunicación fluída entre os estamentos da organización e que imos camiño da nosa III Asamblea Nacional no mes de xullo e na cal vos convido a participar seguindo os diferentes actos que imos ter na comarca.
E como xa dicía antes, non me quero estender. Ao igual que no 93 hoxe por desgraza tamén el nos vai falar da crise; unha crise que 17 anos despois seguen a pagar os mesmos, os que non temos culpa.
Contaba eu con 13 anos de idade, cando aló polo ano 1993 o meu pai tivo a marabillosa idea de levarme a un mitín no Teatro Malvar de Pontevedra: estábamos en Eleccións á Xunta de Galiza; a verdade é que para unha rapaza desa idade e sen mediar xa, como diría Jung, un complexo de Electra na relación paterno-filial; un acto deste tipo non necesariamente tiña que ser atraente para unha moza da miña idade: a cuestión é que foi transcurrindo o acto e xa se notaba certa expectación no ambiente; a xente estaba a esperar ó candidato, o que xa en marzo dese mesmo ano petara na mesa do parlamento con un elocuente zapatazo ao máis puro estilo Kruschev; e por fin, saiu, saiu Xosé Manuel Beiras, político e economista e tamén hoxe en día un dos escritores de referencia na nosa literatura contemporánea.
Mais que foi o que vín eu; pois un "animal político", un home combativo, que non violento; que se dirixía a nós, aos cidadáns e cidadás e que nos falaba en clave de autodeterminación para Galiza e da transformació
Nesas eleccións pasamos de ter 5 a ter 13 deputados no Parlamento de Galiza: a mensaxe chegara ó pobo, o que é soberano. Eu se puidera votar daquela xa o tiña claro!! Porque foi naquel preciso momento, inda o teño claro na miña mente e nos meus recordos, cando tomei consciencia de país; cando xa decidín que dunha maneira ou doutra que o que quería facer da miña vida era combater, combater por unha Galiza liberada e luitar por unha sociedade libre de exploracións.
Algo que lle vou ter que agradecer o señor Beiras, aquí hoxe presente; que me foi capaz de transmitir; e podo asegurar que aínda hoxe en día os seus 74 anos: o seu amor e luita apaixoada polo que é noso, a nosa cultura, o noso idioma, o noso pobo...
A súa traxectoria política é por todos e todas coñecida. Foi quen de con 18 deputados no ano 1997 pasar a ser a segunda forza política de Galiza, sempre foi un dos políticos deste país que non só fixo traballo institucional,que tamén, senon que dá a cara cando hai que defender os intereses dos traballadores e traballadoras da nosa terra. Aínda temos na memoria cando nun mes de agosto, hai anos, estando Beiras veraneando aquí en Bueu, abandonou o seu descanso para defender os dereitos dos traballadores de Herema. Así, e dende este bo facer no 2007, xunto con un grupo de militantes, Beiras funda o Encontro Irmandiño, colectivo que estamos dentro do BNG e que defendemos unha volta aos principios fundacionais do Bloque como a democracia interna, o asamblearismo e a comunicación fluída entre os estamentos da organización e que imos camiño da nosa III Asamblea Nacional no mes de xullo e na cal vos convido a participar seguindo os diferentes actos que imos ter na comarca.
E como xa dicía antes, non me quero estender. Ao igual que no 93 hoxe por desgraza tamén el nos vai falar da crise; unha crise que 17 anos despois seguen a pagar os mesmos, os que non temos culpa.
Nenhum comentário:
Postar um comentário