O mércores día 21 de Abril tivo lugar no Edificio de Ferro do Campus de Ourense o primeiro acto dos mozos irmandiños, que contou coa preseza de Iván Lorenzo - do EI de Ourense - e Martiño Noriega - alcalde nacionalista de Teo e membro da coordenadora nacional do EI -, que analizaron a revolución dos caraveis e a necesidade de comezar unha nova revolución. Comparouse co tema principal as ineficacias, as escasas medidas de esquerdas e a desilución que puido supoñer a chegada do BNG á Xunta, acompañada por unha Galiza Nova menos mobilizadora e reinvindicativa.
Falouse da escasa resposta a agresión a que está a someter o Plano Boloña e unha búsqueda da mobilización da esquerda social.
Nenhum comentário:
Postar um comentário