O escritor e inteletual uruguaio censura os "pecados capitais" de Occidente. Artigo tomado de aquí e traducido por esta web.
Eduardo Galeano denunciou os sete "pecados capitais" da sociedade actual coa leitura de varias "historias con minúscula" que, como o propio autor recoñeceu, non pasarán a formar parte dos anais da Historia. O autor de Las venas abiertas de América Latina citou, en primeiro lugar, o racismo, "que produce amnesia". Porque todos somos, segundo Galeano, africanos emigrados. "De África só sabemos o que nos ensinou o señor Tarzán", pero foi alí onde "comezou a viaxe humana no mundo". Aínda que non é só unha cuestión de pel, explicó: "A guerra de Iraq tamén é racismo".
Tamén censurou a tradición machista, para o que botou man dunha paradóxica anécdota da Revolución Francesa: os símbolos das victorias pola defensa dos dereitos cidadáns eran femininos. En cambio, dixo, cando as mulleres reivindicaron os seus dereitos coma ciudadás foron pasadas pola guillotina.
A legalización do matrimonio homosexual en Arxentina, pioneiro en Latinoamérica, valeulle para criticar a intolerancia ao diferente, un pecado máis ao que sumou o desprezo ao traballo. Neste mundo do revés, "donde as xornadas de traballo se miden cos reloxos derretidos de Salvador Dalí [...], é o prezo o que fixa o valor e non ao revés".
Os muros contemporáneos
Galeano tamén se referiu á "tendencia dos medios de comunicación a mentir", polo que afirmou que o mundo minte. O escritor uruguaio reflexionou neste sentido sobre a importancia absoluta que se lle deu no seu momento ao muro de Berlín e o pouco que se fala actualmente sobre os muros da fronteira de México, de Ceuta e Melilla, de Cisxordania ou do Sáhara Occidental. "Nin se coñecen", ironizou Galeano, que se cuestiona quen lanzou as bombas sobre Hiroshima e Nagashaki. "¿Sería Irán?".
Respecto á actual crise económica, Galeano comentou con sorna que tiña a impresión de que non fora responsabilidade dos especuladores de Wall Street, senón que "a culpa a ten Grecia".
Sexto pecado: o mundo mata."A paz mundial está en mans daqueles que fabrican máis armas". E hoxe en día, afirmou Galeano, invírtese máis en gastos militares —"criminais", segundo el— que en rematar coa fame. "Fabrícase fame: fame de pan, fame de abrazos".
Finalmente, o mundo fabrica inimigos, e faino a través do medo. "A democracia ten medo a lembrar, as armas teñen medo á falta de guerra e os homes teñen medo á muller sen medo", concluíu Galeano, non sen antes recordar un dito africano que reflexa que a man que dá sempre está por riba e a que recibe, abaixo. "Hai unha relación xerárquica", dixo para matizar dous conceptos clave: "A solidaridade é igualdade, a caridade é un risco".
Nenhum comentário:
Postar um comentário