Comerciar coae fame: os inversores apostan pola subida das materias primas nas bolsas a futuros. A aposta ten consecuencias: o mundo enfróntase á vindeira crise de alimentos.
Os negocios na bolsa poden levar á morte. Porque no mercado de valores comérciase tamén con alimentos e determínase o prezo dos mesmos para milleiros de millóns de persoas.
Nas nosas latitudes a pobreza non equivale a morrer literalmente de fame. Pero para máis de mil millóns de persoas a malnutrición é algo moi real. Igual de real que a enorme cantidade de alimentos que se producen anualmente, suficientes para alimentar a moita máis xente da que existe na poboación mundial actual. Aínda así, adivíñase no horizonte que a vindeira crise mundial será de outro tipo: unha crise de alimentos.
* Ler o artigo completo aquí.
Nenhum comentário:
Postar um comentário