28/02/2011

Cisión nos Comités

Tirado de aquí, daría para un exercicio de "atope as sete diferenzas con...". Máis información aquí.


Comités
Universidade da Coruña (UDC)
Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Universidade de Vigo (UVigo)
A Coruña, 26 de febreiro de 2011
Un grupo de membros dos Comités queremos facer chegar a seguinte información:
Hoxe, 26 de febreiro de 2011 está tendo lugar a Asemblea Nacional dos Comités, á que están convocados os membros da organización de todo o país.
Un grupo de membros dos Comités das tres universidades galegas, de diferentes idades, traxectorias e inquedanzas, vimos participanto do proceso que conduciu a esta Asemblea Nacional, participando nos debates internos nos organismos correspondentes, así como o fixemos desde o nacemento dos Comités no mes de maio de 2008 (unión dos antigos CAF, Comités Abertos de Facultade; e CAE).
Durante este proceso asemblear, observamos con preocupación como NON se garantiron uns mínimos democráticos que consideramos esenciais para o bo funcionamento dos Comités, entre os que salientamos:
  • Purga de membros da organización (mediante o eufemismo de “non recoñecemento como membros de pleno dereito para o proceso asemblear”), por parte dos organismos nacionais, para evitar a posibilidade dun cambio de maiorías nos organismos de dirección a escoller na Asemblea Nacional.
  • Vulneración flagrante do regulamento asemblear aprobado polos Consellos Nacionais, facultándose o Consello Nacional a convocar unha Asemblea de Campus de debate de textos fóra do prazo marcado polo propio Consello Nacional.
  • Usurpación de funcións aos campus e ás súas responsabilidades: permitiuse que o Consello Nacional de Universidade convocase ata 2 veces a Asemblea de Campus de Compostela, cando isto non aparece reflectido en ningún regulamento ou tese da organización.
  • Imposibilidade de membros dos Comités de asistir ás reunións dos Consellos Nacionais, cando unha característica esencial que define a nosa organización é o “aperturismo”.
    Secuestro do censo de asembleístas: só unha parte da organización ten pleno acceso aos mesmos, concretamente, aqueles membros que militan na Unión da Mocidade Galega, UMG, xuventudes da UPG, que teñen a maioría nos organismos nacionais.
  • Violación de principios éticos: acceso a unha conta de correo electrónico dun membro da organización e publicación en Internet de datos e conversas privadas de compañeiros, feito que constitúe un delito informático.
É por iso que anunciamos ao seu medio que desbotamos a participación neste proceso asemblear e abandonamos os Comités. Seguiremos traballando, tal e como o fixemos ata o día de hoxe, no movemento estudantil nacionalista.

Nenhum comentário: